Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Lingua Galega

Outubro

 

O EDLG do Centro dálle unha volta ao calendario, e nesta nova etapa contamos coa colaboración do alumnado para ilustraren os meses con imaxes  actuais da contorna.

Desta volta, para o mes de outubro a imaxe foi tomada por Claudia Fernández Barreiros, de 2 CM e vai acompañada duns versos da escritora Chelo Suárez.

Día Europeo das Linguas

Como cada ano, o 26 de setembro conmemórase o Dia Europeo das Linguas. Desta volta, a Real Academia Galega lembra unhas verbas de Castelao:

https://youtu.be/njns8TngMpk

Setembro curso 21-22

 

O calendario de setembro abre este curso 21-22 con catro imaxes actuais do Centro, que está a iniciar a súa "rehabilitación integral". Para acompañar as fotografías, dende o EDLG escollemos unha adaptación dun poema da obra Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro

Aquí está a miña / túa

Mulleres nas Letras

Desde as materias de Lingua Galega e Lingua Castelá e desde Dinamización de Igualdade traballamos a prol da visibilización das mulleres escritoras, tanto ao longo da historia coma na actualidade. 

As referentes

Dende Lingua Galega, para as que xa non están houbo conmemoracións: Rosalía de Castro no Día de Rosalía, Luz Pozo Garza no Día das Galegas nas Letras e Xela Arias no Día das Letras Galegas. 

Velaquí o vídeo resumo do traballo realizado arredor do Día de Rosalía: Rosalía.

Imaxes do Encontro Literario-Musical

Pois xa case para pechar o curso, nesta ligazón aparecen algunhas imaxes da actividade levada a cabo o luns 21 no Salón de Actos do IES arredor do libro de Eva Mejuto 22 Segundos

https://youtu.be/wsxz8BFBoU8

Fontexería con orgullo!

En xuño celebramos o MES DO ORGULLO! Entre outras iniciativas, tivemos un encontro literario-musical arredor do libro 22 segundos no que participaron Eva Mejuto e Eric Dopazo (Un rapá transquilo). 

Pincha nos anexos para ver as imaxes.

Premio Podcast

 

Recreos con VI Día das Galegas nas Letras

Estes días durante os recreos na pantalla da entrada proxectamos o video-homenaxe a Luz Pozo Garza. Aquí quedan imaxes dun dos días

https://youtu.be/ayUMZ2rKNnI

Finalistas premios Podcast

III Premios de <em>podcasts</em> en galego Xosé Mosquera Pérez "O vello dos contos"

Alumnado do Ies está de novo como finalista nesta III Edición do Certame Escolar Internacional de Podcasts Xosé Mosquera Pérez, “O vello dos contos"

VI Día das Galegas nas Letras

 

Chegamos xa dende o EDLG á VI edición do Día das Galegas nas Letras. Desta volta adicámosllo a Luz Pozo Garza, autora que finou no curso pasado en días de confinamento. Dende aquí a nosa pequena homenaxe, na voz de alumnado de 3 ESO.

https://youtu.be/nrhperUH3Dw

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut