Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Lingua Galega

Novembro

 Este mes de Novembro iníciase coa imaxe da alumna Antía Riomao González, de 1 IEA. Os versos que acompañan  son de Chelo Suárez, da obra " O arco da luz"

Entrega de Premios Cabazas e Nanocontos de Terror

O xoves día 4 durante o segundo recreo, a #Biblioteca acolleu a entrega de premios dos dous concursos convocados no Centro entorno ao Samaín. O alumnado de Lingua Galega de 1 ESO participou na Decoración de Cabazas. Concedéronse tres premios:

Cabaza máis orixinal

Cabaza máis terrorífica 

Cabaza máis divertida

Concurso Cabazas

O alumnado de Lingua Galega de 1 ESO, baixo a coordinación da profesora Berta Núñez que contou coa colaboración do profesor Lois García, preparou na Aula Creativa da Biblioteca para este Samaín21 unhas fermosas cabazas para participar no concurso organizado no Centro. Neste video recollemos parte do proceso creativo, á espera de coñecer xs premiadxs...

https://youtu.be/01-qTCyA06k

Tempo de Samaín

 Pois xa anda o noso alumnado de 1 ESO preparando as cabazas para o Samaín 21. E agardamos tamén as historias plurilingües...Guiño

 

Recreos Dinámicos

 

Aproveitando o paso do alumnado polo recibidor do Centro, nos recreos proxectamos na "pantalla" as actividades programadas polos diferentes Departamentos e Dinamizacións

 

   

Concurso decoración Cabazas

O Departamento de Galego convoca un concurso de decoración de cabazas para o alumnado de 1 ESO. As bases están na imaxe que acompaña. Animádevos a participar e amosade no IES o lado artístico do novo alumnado do Centro!

II Concurso de Vídeo-Creación Magostoxería

Por segundo ano o EDLG do Centro convoca o Concurso de vídeo-creación Magostoxería. A temática das creacións xirará como é de seu, ao redor do mundo das castañas e do magosto. Os videos non poden superar os 3 minutos de duración, serán presentados de xeito individual e enviados con título, nome d@ artista e grupo, ao enderezo edlgfontexeria@gmail.com. O prazo remata o 10 de novembro ás 14h. Para máis info, consultade as bases.

Premio Pandereteiras

Parabéns ás nosas alumnas  Marina Caamaño, Sara Figueiras, María García, Ana Molinos e María Pais polo premio no

III Concurso de Música Tradicional Soalleira Dorrón organizado polo Concello de Sanxenxo

O taboleiro da lingua outubro

Retomamos tamén o noso taboleiro da lingua 3.0.

Premendo a continuación irán aparecendo novos contidos ao longo do mes

https://padlet.com/edlg/bylaqyi49xrkzj7

 

Outubro

 

O EDLG do Centro dálle unha volta ao calendario, e nesta nova etapa contamos coa colaboración do alumnado para ilustraren os meses con imaxes  actuais da contorna.

Desta volta, para o mes de outubro a imaxe foi tomada por Claudia Fernández Barreiros, de 2 CM e vai acompañada duns versos da escritora Chelo Suárez.

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut