Skip to Content

Extraescolares

Acto do alumnado de 2º Bacharelato

Alumnado de 2º Bacharelato na plantación dun camelio  Plantación dun camelio polo alumnado de 2º Bacharelato  Plantación dun camelio polo alumnado de 2º Bacharelato

   O mércores 27 de abril, o alumnado de 2º Bacharelato e, seguindo unha tradición iniciada en anos anteriores, plantou unha árbore, neste caso un camelio na zona posterior do noso centro. O acto forma parte do inicio das actividades de despedida desta promoción de alumnos e alumnas que están a piques de rematar a súa formación no noso IES. Para este acto tiveron a colaboración da Viderección e a profesora de Bioloxía e Xeoloxía, Irene García.

Viaxe a Asturias e Cantabria do alumnado de 2º ESO

Alumnado de  2º ESO no viaxe a Asturias e Cantabria     Alumnado de  2º ESO no viaxe a Asturias e Cantabria Alumnado de  2º ESO no viaxe a Asturias e Cantabria     Alumnado de  2º ESO no viaxe a Asturias e Cantabria

Do 18 ao 21 de abril  un grupo de alumnos e alumnas de 2º ESO realizaron unha excursión a Cantabria xunto con compañeiros do CPI de Pontecesures.  Estiveron acompañados dos profesores do centro: Milagros Martínez e José Manuel Chenlo.
Visitaron  a Praia das Catedrais en Lugo , as cidades de Santander e Xixón , coñeceron  unha forma nova de vivir os animais en semiliberdade en Cabárceno ,  puxeron  a súa adrenalina a proba subindo no teleférico de Fuente-Dé  asomándose aos cumios nevados dos Picos de Europa ; admiraron a arte nos edificios de Santillana do Mar e Mondoñedo , disfrutaron  paseando  polas  rúas  de  Potes,   e baixaron  a una mina sumerxíndose  entre  as estalactitas da cova do Soplao.
Todo esto mentres  polas noites  aprendían a compartir espazos e soños  en cuartos de 16 , aprendían a xogar ao golf  ou divertíanse na discoteca do albergue …e sen móbil ¡!!! 

Día escolar da Non Violencia e da Paz no IES de Valga

Textos arredor do Día da Non Violencia e da Paz                              Gañadoras do concurso sobre textos relativos ao Día da Non Violencia   

 

O pasado venres, 30 de xaneiro, tivo lugar na Biblioteca do noso Centro a entrega dos premios relativos ao concurso convocado pola Vicedirección do Centro, en conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, que como tódolos anos celébrase este día. Os relatos arredor da Paz e do non uso da Violencia centraron a  temática dos textos. Participou alumnado do Primeiro e Segundo Ciclo da ESO.                 

 

Debate sobre "as redes sociais" en radio Valga

O sábado 24 de xaneiro, catro alumnos de 4º da E.S.O do I.E.S de Valga viviron o seu momento de gloria no programa Libélula Weekend conducido por Ana Patiño en Radio Valga. A emisora local acolleu un debate sobre as redes sociais, os seus beneficios e riscos dende o punto de vista adolescente. O resultado foi unha charla moi interesante e enriquecedora dende catro puntos de vista diferentes, pero que coincidían nunha conclusión común: O sentido común e o uso responsable das ferramentas que a tecnoloxía e os avances nos prestan pode favorecernos, máis que perxudicarnos. Neste enlace podes escoitar parte dese debate.

Debate sobre as redes sociais en radio Valga polo alumnado de 4º ESO

O sábado 24 de xaneiro, 4 alumnos de 4º da E.S.O do I.E.S de Valga viviron o seu momento de gloria no programa Libélula Weekend conducido por Ana Patiño en Radio Valga. A emisora local acolleu un debate sobre as redes sociais, os seus beneficios e riscos dende o punto de vista adolescente. O resultado foi unha charla moi interesante e enriquecedora dende catro puntos de vista diferentes, pero que coincidían nunha conclusión común: O sentido común e o uso responsable das ferramentas que a tecnoloxía e os avances nos prestan pode favorecernos, máis que perxudicarnos.

32:41 minutes (29.93 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut