Skip to Content

Extraescolares

O alumnado de 1º ESO visitou o Taller de Discapacitados do Concello de Valga






 

O alumnado de 1º ESO tivo a oportunidade a finais do pasado mes de xaneiro de visitar o Taller de Discapacitados do Concello de Valga, que se alberga nun novo edificio situado a carón do instituto. Ademais de ver as instalacións e de coñecer ás persoas que estaban alí, probaron as deliciosas galletas elaboradas no propio taller.

Esta noticia tamén se pode ver na páxina do Concello de Valga no seguinte enlace


Para ampliar a foto prema na imaxe

O alumnado de 2º de ESO do IES de Valga recibiu unha charla sobre conductas infractoras

Os alumnos e alumnas de 2º ESO aprenden que vale a pena portarse ben!

traballadores sociais do Centro de Intervención Educativa de Pontevedra, Julio Barreiro e Rubén Navarro, déronlle unha charla ao alumnado de 2º ESO o pasado 17 de novembro sobre a prevención de condutas infractoras. Os alumnos e alumnas amosaron moito interese nas medidas contempladas na Lei do Menor e no funcionamento do centro no que traballan os conferenciantes, que pertencen á Asociación Arela. Saíron convencidos de que non vale a pena portarse mal!

Para ampliar foto prema na imaxe

Celebración do Magosto no IES de Valga

O equipo de Axenda 21 do IES Valga celebrou o pasado xoves, 10 de novembro, o Magosto, animando á comunidade escolar a comer san. Así, baixo o lema "Froiterízate", profes e alumnos gozaron de froita fresca e castañas durante os recreos. Nesta foto temos a alumnos de 3º axudando a preparar o banquete.

Para ampliar a foto prema na imaxe

Video Festival Axenda 21

Algúns momentos do Festival Axenda 21 celebrado no Auditorio de Cordeiro,  que no curso 2010- 2011 estivo adicado ó aire.

Os alumnos e alumnas de 1º ESO visitaron o parque zoolóxico de Marcelle

 


 


Os alumnos e alumnas de 1º ESO visitaron o día 23 de maio o parque zoolóxico de Marcelle, en Lugo. Estiveron acompañados polas profesoras Hortensia García, Blanca Barrio e Aurora Vázquez, e todos disfrutaron dunha excursión na que acompañou un tempo case de verán.

Distribuir contido


by Dr. Radut