Skip to Content

Debate sobre "as redes sociais" en radio Valga

O sábado 24 de xaneiro, catro alumnos de 4º da E.S.O do I.E.S de Valga viviron o seu momento de gloria no programa Libélula Weekend conducido por Ana Patiño en Radio Valga. A emisora local acolleu un debate sobre as redes sociais, os seus beneficios e riscos dende o punto de vista adolescente. O resultado foi unha charla moi interesante e enriquecedora dende catro puntos de vista diferentes, pero que coincidían nunha conclusión común: O sentido común e o uso responsable das ferramentas que a tecnoloxía e os avances nos prestan pode favorecernos, máis que perxudicarnos. Neste enlace podes escoitar parte dese debate.



page | by Dr. Radut