Skip to Content

Actividades

Alumnas de Latín e Grego de 1º Bacharelato acadan o 2º posto no concurso "Odisea", fase estatal

O grupo composto por Belén Senín, Katrina Costa e Olalla Fabeiro, alumnas de 1º BAC de Humanidades, volveu acertar un número alto das respostas, polo que finalmente acadaron o segundo posto de España. Acudiron como representantes do noso país e competiron coas outras comunidades españolas que participaron nesta fase estatal. Esta proba tivo lugar o día 2 de marzo.

Noraboa de novo ás nosas campioas Belén, Katrina e Olalla.                                                                                                                                                                         

Alumnas de Latín e Grego de 1º Bacharelato acadan o 1º posto no concurso "Odisea", fase autonómica

O pasado día 18 de febreiro celebrouse no IES Fontexería de Muros, a fase de desempate da edición 2016 do CONCURSO ODISEA.

Neste concurso o alumnado da nosa comunidade compite, en grupos de ata tres membros, por demostrar quen son os que teñen os mellores coñecementos sobor da antigüidade GrecoLatina.          

Trátase dun concurso on-line onde non só se prima achar as respostas acertadas ás cuestións que se prantexan, senón que tamén importa, e moito, o tempo que cada grupo invirte en contestalas. Os tres grupos participantes de alumnado de 1º BAC do IES de Valga demostraron estar entre os oito mellores de entre os 400 grupos de Galiza que participaron. Pois só estes oito grupos foron os únicos que responderon correctamente a todas as preguntas prantexadas.

Dos tres grupos de Valga só o que invertiu menos tempo en contestar as preguntas da primeira fase puido acudir á fase de desempate que se celebrou onte. Participaron cinco grupos pertencentes respectivamente ao IES Fontexería de Muros, ao IES Salvador de Madariaga daCoruña, ao IES Val do Asma de Chantada e ao IES Monelos da Coruña.

O noso grupo finalista, composto por Belén Senín, Katrina Costa e Olalla Fabeiro, alumnas de 1º BAC de Humanidades, volveu acertar con todas as respostas e consegui facelo ademais en menos tempo que os demais grupos participantes, polo que finalmente acadaron o primeiro posto de Galiza, e acudirán como representantes do noso país a competir coas outras comunidades españolas que participan na fase estatal. Esta fase estatal terá lugar o día 2 de marzo.

Moita sorte de novo ás nosas campioas Belén, Katrina e Olalla

Alumnado de Latín e Grego de 1º Bacharelato participa no "Concurso Odisea"

 Alumnado do IES de Valga arrasa no Concurso Odisea:

O concurso Odisea, que ten como obxectivo demostrar os coñecementos do alumnado en temas relacionados coa antigüedade clásica greco-latina, chegou este ano a súa décimosexta edición. Este ano o tema do concurso é a Guerra.

O Ies de Valga participou, por primeira vez, con tres grupos compostos por alumnado de Latín e Grego de 1º BAC: Iván Sanmiguel e Carla Castiñeiras, compoñían o grupo κάμηλος; Yolanda Mota, Nerea Rial e Candela Lafuente, o grupo Cucurbitas; e finalmente  o grupo Uber, formado por Katrina Costa, Olalla Fabeiro e María Belén Senín.

De entre os case 400 grupos participantes de numerosísimos centros de Galiza, os nosos tres grupos obtiveron a máxima puntuación posíbel, acertando o 100 % das preguntas realizadas. Tan só 7 grupos de todo Galiza foron quen de respostar correctamente as preguntas  e conseguir así a puntuación máxima.

A semana que vén, o mércores 17 de cinco a oito da tarde, celebrarase a proba de desempate no IES A FONTEXERÍA de Muros. Lamentabelmente as normas do concurso só permiten que de cada centro vaia un grupo de alumnado á proba de desempate, correspondéndolle neste caso ao grupo UBER, por ser o que menos tempo empregou na solución das preguntas.

Desexámoslle toda a sorte ás compoñentes de UBER, para que, xunto cos seus grandes coñecementos do mundo Greco-Latino, lle permitan ganar esta fase de desempate da nosa comunidade para así representar a Galiza na fase estatal do concurso.

Distribuir contido


by Dr. Radut