Skip to Content

Alumnas de Latín e Grego de 1º Bacharelato acadan o 1º posto no concurso "Odisea", fase autonómica

O pasado día 18 de febreiro celebrouse no IES Fontexería de Muros, a fase de desempate da edición 2016 do CONCURSO ODISEA.

Neste concurso o alumnado da nosa comunidade compite, en grupos de ata tres membros, por demostrar quen son os que teñen os mellores coñecementos sobor da antigüidade GrecoLatina.          

Trátase dun concurso on-line onde non só se prima achar as respostas acertadas ás cuestións que se prantexan, senón que tamén importa, e moito, o tempo que cada grupo invirte en contestalas. Os tres grupos participantes de alumnado de 1º BAC do IES de Valga demostraron estar entre os oito mellores de entre os 400 grupos de Galiza que participaron. Pois só estes oito grupos foron os únicos que responderon correctamente a todas as preguntas prantexadas.

Dos tres grupos de Valga só o que invertiu menos tempo en contestar as preguntas da primeira fase puido acudir á fase de desempate que se celebrou onte. Participaron cinco grupos pertencentes respectivamente ao IES Fontexería de Muros, ao IES Salvador de Madariaga daCoruña, ao IES Val do Asma de Chantada e ao IES Monelos da Coruña.

O noso grupo finalista, composto por Belén Senín, Katrina Costa e Olalla Fabeiro, alumnas de 1º BAC de Humanidades, volveu acertar con todas as respostas e consegui facelo ademais en menos tempo que os demais grupos participantes, polo que finalmente acadaron o primeiro posto de Galiza, e acudirán como representantes do noso país a competir coas outras comunidades españolas que participan na fase estatal. Esta fase estatal terá lugar o día 2 de marzo.

Moita sorte de novo ás nosas campioas Belén, Katrina e Olalla



page | by Dr. Radut