O grupo composto por Belén Senín, Katrina Costa e Olalla Fabeiro, alumnas de 1º BAC de Humanidades, volveu acertar un número alto das respostas, polo que finalmente acadaron o segundo posto de España. Acudiron como representantes do noso país e competiron coas outras comunidades españolas que participaron nesta fase estatal. Esta proba tivo lugar o día 2 de marzo. Noraboa de novo ás nosas campioas Belén, Katrina e Olalla. |