Skip to Content

Portal educativo

Distribuir contido
Actualizado: hace 3 anos 20 semanas

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de percusión

Mar, 10/11/2020 - 10:41
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Publicación da resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas

Xúntase a Resolución do 9 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de percusión (594422).

Achégase resolución, o baremo provisional así como a relación provisional de persoas excluídas.

Prazo de emenda: desde MAÑÁ mércores día 11 de novembro ata o día 13 de novembro de 2020, ambos incluídos.

 IMPORTANTE: Tal e como se indica na dita base sexta a presentación das alegacións e documentación que proceda deberá realizarse electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) na que está dispoñible o modelo de “emenda ao requirimento”. Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración

Concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2019/2020

Mar, 10/11/2020 - 10:17
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2019/2020

Xúntase a Orde do 2 de novembro de 2020 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2019/20 convocados pola Orde do 8 de xullo de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 22 de xullo).

Servizo relacionado: 

Premios ao alumnado

Tema: 

Axudas e premios Premios autonómicos

Ensinanza: 

Bacharelato

Departamento: 

Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo

Colectivo: 

Alumnado Centros

Sección: 

Boletín
Categorías: Administración

Concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2018/19

Mar, 10/11/2020 - 09:59
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Convocatoria dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2018/19

Xúntase a Orde do 2 de novembro de 2020 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2018/19 convocados pola Orde do 12 de marzo de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 8 de xullo).

Servizo relacionado: 

Premios ao alumnado

Tema: 

Premios autonómicos

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo

Colectivo: 

Alumnado Centros

Sección: 

Boletín
Categorías: Administración

A Xunta mantén a súa aposta pola modernización dos centros educativos no contexto da pandemia

Lun, 09/11/2020 - 19:27
Idioma Gallego

Summary: 

O conselleiro de Educación visitou o IES Lama das Quendas (Chantada), onde se acaba de realizar unha obra de rehabilitación enerxética O Goberno galego programa obras por importe de máis de 51 M€ en instalacións educativas este ano No instituto chantadino investíronse preto de 600.000 euros nesta rehabilitación

A Xunta mantén a súa aposta pola modernización e renovación dos centros educativos, malia á pandemia da covid-19. Así o explicou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, na súa visita hoxe ao chantadino IES Lama das Quendas, onde o seu departamento vén de executar unha obra de rehabilitación por importe de 595.497,87 €.

O conselleiro explicou que a Administración autonómica está “redobrando esforzos” para garantir a máxima seguridade no eido educativo para facer fronte á pandemia, con liñas de actuación a nivel académico que esixen dunha grande implicación por parte do profesorado e do alumnado. “Pero temos que conxugar estas actuacións específicas con outras que xa víñamos facendo como é a mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros escolares, porque o proceso educativo non pode parar”.

Neste sentido, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia recordou que o Goberno galego programa este ano obras e equipamento de máis de 51 M€. De feito, no marco do Plan de Reactivación do Sector Construción para a mellora dos Centros Educativos incrementouse en 30 millóns máis dos previstos inicialmente para este ano, co fin de favorecer a creación de emprego, especialmente entre as pequenas e medianas empresas.

Co novo investimento programáronse un total de 535 actuacións de obra e equipamento. As obras contemplaron tanto rehabilitacións integrais e de mellora da eficiencia enerxética como ampliacións, traballos de Reforma, Ampliación e Mellora (RAM); e rehabilitacións sectoriais (sobre as problemáticas máis comúns nos centros: cubertas, carpintarías exteriores, iluminación...), entre outras.

Mellora de fachada, cuberta e ventás

As actuacións no IES Lama das Quendas centráronse na mellora da eficiencia enerxética do centro, a través da colocación de illamento de fachada polo exterior mediante sistema SATE. Así mesmo mudáronse as fiestras por unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo. Tamén se substituíron as persianas, que levan illante térmico interior.

A maiores a obra contemplou a reparación da cuberta do polideportivo e a substitución do termo dos vestiarios. Os traballos completáronse coa reparación e pintado de paramentos, a renovación dos aseos -incluído novo mobiliario, fontanería e saneamento-, e co abrillantado do pavimento de terrazo.

Ademais desta rehabilitación que supuxo case 600.000 euros de investimento público por parte da Xunta, hai que engadir outros 117.000 euros investidos nos últimos anos en obras puntuais como a reforma e substitución da carpintería dos aseos, ou melloras en distintos departamentos, no pavimento do pavillón entre outras.

O IES Lama das Quendas é un instituto moi comprometido coas iniciativas educativas que a Consellería de Educación pon á disposición dos centros ao longo de todo o curso.

Así, destaca especialmente pola súa participación en proxectos de Educación Dixital (é centro E-Dixgal desde o curso 18-19 para 1º e 2º curso de ESO, e Club de Ciencia); en diversas iniciativas do Plan Proxecta o curso pasado (Centros Activos e Saudables, Donas de Si, Paisaxe e Substentabilidade, Proxecto Ríos e Educación Patrimonial), no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe) e nos Club de Lectura.

Tamén participa nos Contratos-Programa coa liña 1 (Refórza-t), de mellora do rendemento académico de alumnado con dificultades; e dispón dun auxiliar de conversa para atender á sección bilingüe coa que conta.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade Centros
Categorías: Administración

A Xunta garantirá o subministro de máscaras de protección para o alumnado que máis o necesite durante todo o curso

Lun, 09/11/2020 - 15:28

Summary: 

O conselleiro de Educación presidiu hoxe a Xunta Autonómica de Directores Poderán beneficiarse deste reparto arredor dos 100.000 rapaces con dereito ás axudas da Consellería para a adquisición de material escolar, posto que se van aplicar os mesmos criterios de ingreso familiar Ademais, está previsto enviar xa aos 1.106 centros públicos os 7 millóns de euros do fondo de Reserva de Garantía Educativa, co que poderán adquirir estas máscaras así como outro material vencellado á prevención do risco sanitario A partida total que a Consellería destina aos centros para os seus gastos ordinarios elévase a 23,5 millóns de euros, o que supón un 42% máis ca o inicialmente previsto Román Rodríguez anunciou que se está tramitando unha segunda compra de máscaras para o profesorado que permitirá cubrir todas as necesidades ata finais de curso O Goberno galego está a investir un total de 162 millóns de euros no sistema educativo galego para atender as necesidades xeradas pola pandemia Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu hoxe a reunión da Xunta Autonómica de Directores, onde informou de que o Goberno galego garantirá o subministro de máscaras de protección para o alumnado que máis o necesite durante todo o curso escolar, así como para o profesorado.

Neste sentido explicou que esta semana se enviará aos centros educativos os fondos da Reserva de Garantía Educativa, dotado con 7 millóns de euros, co que se amplía a partida total de gastos ordinarios dos centros que ascende a 23,5 millóns de euros (un 42% máis ca o inicialmente previsto). Con esta dotación orzamentaria, os centros poderán adquirir material vencellado á prevención do risco sanitario e á loita contra a covid-19, como máscaras hixiénicas reutilizables para o alumnado, pantallas faciais ou xel hidroalcohólico, entre outros.

Por outra banda, o conselleiro de Educación −que estivo acompañado do director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez Bértolo− anunciou que a Xunta está tramitando a segunda compra de máscaras hixiénicas para o profesorado, que será repartida nas próximas semanas, e que permitirá cubrir todas as necesidades dos docentes ata finais de curso. Neste momento, logo do primeiro envío realizado a principios de curso, a Consellería dispón de stock suficiente para atender as demandas puntuais que trasladen os centros.

Román Rodríguez subliñou o compromiso da Xunta cos centros educativos, cos alumnos e coas familias, dos que destacou o traballo e esforzo que están realizando nunha situación excepcional como a actual. “Estamos e estaremos ao lado da comunidade educativa realizando todo o que estea nas nosas mans para garantir que as nosas aulas sexan espazos seguros”, abondou.

Criterios de acceso

Román Rodríguez informou, así mesmo, de que está previsto publicar esta mesma semana unha orde para regular o acceso ás máscaras para o alumnado que máis o precise, seguindo os mesmos criterios establecidos para o acceso ás axudas de adquisición de material escolar. Tendo en conta estes criterios, a previsión é que se beneficien do reparto gratuíto de máscaras de protección arredor de 100.000 alumnos de centros sostidos con fondos públicos.

A este respecto avanzou que as alumnas e alumnos que sexan beneficiarios este curso das axudas para a compra de material escolar da Consellería de Educación accederán de forma inmediata ás máscaras. As familias que non solicitaran estas axudas pero que se atopen neses tramos de renda poderán presentar unha solicitude para que aos seus fillos se lles subministren máscaras de protección no centro educativo.

Máscaras transparentes

A maiores, a Xunta publicará as especificacións técnicas sobre o material que deben adquirir os centros con cargo á Reserva de Garantía Educativa, dotada con 7 millóns de euros, e cuxo ingreso se vai materializar nos vindeiros días entre os 1.106 centros públicos beneficiados. Esta contía será xestionada directamente polos propios centros que, en función das súas necesidades, poderán adquirir as máscaras para os alumnos que cumpran cos criterios de renda per cápita familiar, así como outros elementos de prevención da pandemia como máscaras transparentes para a atención nas aulas de audición e linguaxe, mamparas, produtos desinfectantes, hidroxel, ou equipos de illamento, entre outros.

O conselleiro incidiu en que estas medidas son un paso máis na tarefa que está a desenvolver a Xunta de Galicia en prol da seguridade sanitaria nas aulas galegas.

Cómpre lembrar que a partida do Fondo de Reserva de Garantía Educativa dotada con 7 millóns de euros, cuxo envío se vai concretar xa, amplía ata os 23,5 millóns de euros a partida que a Consellería de Educación está destinando aos centros escolares en concepto de gastos de funcionamento para facer fronte ás necesidades de seguridade e hixiene derivadas da covid-19.

En total, o Goberno autonómico está a investir uns 162 millóns de euros no sistema educativo galego para atender as necesidades xeradas pola pandemia. Deste montante, a meirande parte absórbea a dotación de recursos humanos con case 94 M€, seguido da dotación de equipamentos, ao que se destinan 43,5 M€, e outros 25 M€ para a atención e reforzo de servizos como o comedor escolar ou a limpeza.

Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas Consellería de Cultura, Educación e Universidade Profesorado Alumnado Familias Centros
Categorías: Administración

A Xunta e Endesa firman un convenio para a doazón de 120 ordenadores para estudantes en situación de vulnerabilidade

Lun, 09/11/2020 - 15:20

Summary: 

O secretario xeral de Educación, José Luis Mira, e o responsable de Relacións Institucionais da empresa no Noroeste, José Antonio Menéndez, asinaron hoxe o acordo Os equipos estarán dotados cunha tarxeta de datos, de cuxo coste tamén se ocupa Endesa, co fin de facilitar o acceso á teleformación Idioma Gallego

O secretario xeral de Educación e FP da Xunta, José Luis Mira, asinou hoxe na Coruña un convenio de colaboración co responsable de Relacións Institucionais de Endesa, José Antonio Menéndez, polo que Endesa doará 120 equipos informáticos a estudantes galegos en situación de vulnerabilidade.

Trátase dunha acción incluída dentro do Plan de Responsabilidade Pública que a compañía está a aplicar con motivo da pandemia do coronavirus e que, ademais dos equipos informáticos, inclúe tarxetas de conexión a internet co fin de facilitar o acceso á teleformación a alumnos en situación de vulnerabilidade.

O acordo asinado establece ademais os 27 centros docentes cuxos alumnos se beneficiarán desta actuación. Concretamente, se trata de 18 colexios de Ferrol, cinco das Pontes, un da Capela, outro de Monfero e dous de Viana do Bolo.

Durante a firma do convenio, que se celebrou nas oficinas da compañía na Coruña, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade agradeceu a aposta de Endesa pola educación e a súa contribución a que o alumnado poida continuar cos seus estudos en igualdade de condicións a pesar da pandemia. Un obxectivo que, tal e como explicou, está en liña cos fixados no Plan de Ensino Virtual que impulsa a Xunta de Galicia.

Pola súa banda, José Antonio Menéndez, responsable de Relacións Institucionais de Endesa Noroeste, explicou que este proxecto “consegue materializar o propósito que a compañía se fixou o pasado marzo de axudar co seu Plan de Responsabilidade Pública alí onde máis se nos necesitase e como máis se nos necesite. Tras a compra de material sanitario e bens de primeira necesidade, requírese agora a reactivación socioeconómica de todo o país e asegurar, como sempre dixemos, que ninguén quede atrás nesta transición que vivimos”.

Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas Consellería de Cultura, Educación e Universidade Familias Centros
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de FP, especialidade de instalacións electrotécnicas

Lun, 09/11/2020 - 15:04
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES e profesores técnicos FP

Resolución do 9 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profeesional, especialidade de instalacións electrotécnicas (591206).

  • Achégase resolución, o baremo provisional así como a relación provisional de persoas excluídas

Prazo de emenda: desde MAÑÁ martes día 10 de novembro ata o día 12 de novembro de 2020, ambos incluídos.

IMPORTANTE: Tal e como se indica na dita base sexta a presentación das alegacións e documentación que proceda deberá realizarse electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) na que está dispoñible o modelo de “emenda ao requirimento”. Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de FP, especialidade de equipos electrónicos

Lun, 09/11/2020 - 14:59
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES e profesores técnicos FP

Resolución do 9 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de equipos electrónicos (591202)

  • Achégase resolución, o baremo provisional así como a relación provisional de persoas excluídas.

Prazo de emenda: desde MAÑÁ martes día 10 de novembro ata o día 12 de novembro de 2020, ambos incluídos.

IMPORTANTE: Tal e como se indica na dita base sexta a presentación das alegacións e documentación que proceda deberá realizarse electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) na que está dispoñible o modelo de “emenda ao requirimento”. Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Sistemas electrotécnicos e automáticos

Lun, 09/11/2020 - 14:52
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES e profesores técnicos FP

Resolución do 9 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Sistemas electrotécnicos e automáticos (590125)

  • Achégase resolución, o baremo provisional así como a relación provisional de persoas excluídas.

Prazo de emenda: desde MAÑÁ martes día 10 de novembro ata o día 12 de novembro de 2020, ambos incluídos.

IMPORTANTE: Tal e como se indica na dita base sexta a presentación das alegacións e documentación que proceda deberá realizarse electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&nump...) na que está dispoñible o modelo de “emenda ao requirimento”. Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior. 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de sistemas electrónicos

Lun, 09/11/2020 - 14:40
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES e profesores técnicos FP

Resolución do 9 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de sistemas electrónicos (590124)

  • Achégase resolución, o baremo provisional así como a relación provisional de persoas excluídas

 

Prazo de emenda: desde MAÑÁ martes día 10 de novembro ata o día 12 de novembro de 2020, ambos incluídos.

IMPORTANTE: Tal e como se indica na dita base sexta a presentación das alegacións e documentación que proceda deberá realizarse electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) na que está dispoñible o modelo de “emenda ao requirimento”. Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración

Resolución pola que se regula a convocatoria dos programas Eduemprende 2020-2021

Lun, 09/11/2020 - 13:11
Idioma Gallego

Publicada Resolución do 6 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula a convocatoria dos programas enmarcados no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende, e se establecen as bases para a participación dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso 2020/2021.

Tema: 

Programas e plans da consellería

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Formación Profesional Servizo de Orientación Profesional e Relación con Empresas

Colectivo: 

Alumnado Centros
Categorías: Administración

As comisións provinciais de seguimento avaliarán as situacións individuais de absentismo no contexto covid e os seus ditames serán vinculantes

Ven, 06/11/2020 - 16:08
Idioma Gallego

Summary: 

Román Rodríguez presidiu a reunión do Comité Educativo, que deu o visto e prace á constitución destes órganos colexiados Encargaranse de realizar un seguimento específico caso a caso con fin de ofrecer unha resposta educativa integral sempre primando o interese do menor e a protección do dereito á educación As comisións estarán integradas por representantes das áreas educativa, sanitaria, de servizos sociais e da administración local Aténdese así unha demanda dos directores dos centros e das familias

O Comité Educativo, na súa reunión de hoxe, deulle o visto e prace ao borrador da orde pola que se constitúen as comisións provinciais de seguimento ante as posibles situacións de absentismo con orixe na covid-19, que serán as encargadas de realizar unha análise pormenorizada de cada caso de xeito individual e os seus ditames terán carácter vinculante.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez −que presidiu a xuntanza do Comité Educativo− explicou que o contexto de pandemia “require ter unha sensibilidade especial” e dar unha resposta educativa integral a cada situación de absentismo de xeito que non derive en maiores inconvintes ao propio alumno ou á súa familia, pero sempre “primando o interese do alumno” e “avalada polos pertinentes informes médicos”.

Tendo en conta que a escolarización é unha obriga para os nenos de entre 6 e 16 anos agás nos casos xustificados desde unha perspectiva sanitaria, nesta nova situación de covid, é necesario dispor dunha visión integral das circunstancias concorrentes para cada situación, baseadas en evidencias, e sempre primando o interese superior do menor e o seu dereito á educación.

De aí a constitución das catro comisións provinciais de seguimento, que permitirán unha visión integral e unha axeitada formación de criterio na valoración dos casos debidamente xustificados que se lle sometan. Coa constitución −ao longo deste mes de novembro− destes órganos colexiados de carácter multidisciplinar e multinivel, aténdese tamén unha demanda expresada polos directores dos centros e das familias, co fin de abordar da forma máis rigorosa posible os casos de absentismo con orixe no contexto de pandemia.

Así, a partir de agora serán estas comisións provinciais as encargadas de facer un seguimento moi específico de todos os casos individuais que se produzan, co fin de obter información detallada e, deste xeito, tomar as decisións máis axeitadas tendo en conta todas as variables que poidan concorrer en cada situación.

A actividade destas comisións centrarase exclusivamente naqueles casos de absentismo que poidan estar vinculados á situación de pandemia causada pola covid-19. Serán as xefaturas territoriais de Educación as encargadas de derivar estes casos á Comisión Provincial correspondente, logo de ter iniciado o procedemento establecido no Protocolo de prevención do absentismo en Galicia, e previo informe da Inspección Educativa.

Resposta educativa axeitada

Para determinar os casos que, excepcionalmente, deben ser elevados a ditame das comisións provinciais de seguimento, valorarase a situación particular de cada menor ponderando a súa situación de saúde e familiares convivintes, as circunstancias socio-familiares concorrentes, así como a situación e evolución epidemiolóxica en cada momento.

Os ditames das comisións provinciais serán vinculantes, e os centros educativos deberán articular a resposta educativa axeitada a ditos ditames.

Estas comisións estarán constituídas por representantes das áreas educativa, sanitaria, de servizos sociais e da administración local. Cada unha delas estará presidida por la persoa titular da Xefatura Territorial con competencias en educación ou persoa en quen delegue, e integraranas tamén os xefes de servizo da Inspección Educativa das provincias, os titulares da Xefatura Territorial con competencia en Sanidade ou persoa en quen delegue, unha persoa designada polo titular da Xefatura Territorial con competencias en menores, un representante dos Equipos de Orientación Específicos e un representante dos servizos sociais dos concellos da provincia, á proposta da Fegamp.

A maiores, para unha mellor valoración dos casos e formación de xuízo, as comisións provinciais poderán solicitar a participación de representantes doutro órganos, institucións ou administracións públicas, co fin de que aporten elementos de xuízo relevantes na valoración dos casos.

Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Administración

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas nas axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores

Ven, 06/11/2020 - 14:56
Idioma Gallego

Xúntase a Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas ao respecto da Orde do 14 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2019/20.

 

Anuncio principal: 

Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2019/2020

Tema: 

Bolsas Erasmus

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas superiores de arte dramática Ensinanzas superiores de deseño Ensinanzas superiores de música

Departamento: 

Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de fútbol

Ven, 06/11/2020 - 11:01
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 5 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de fútbol (590701)

Achégase resolución, o baremo provisional así como a relación provisional de persoas excluídas

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración

Convocatoria do curso de actualización para o desenvolvemento da función directiva

Ven, 06/11/2020 - 10:02
Idioma Gallego

A Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modificou o artigo 134.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, incluíndo entre os requisitos para poder participar no concurso de méritos para a selección de directores e directoras de centros públicos "estar en posesión da certificación acreditativa de ter superado o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva".

Este curso de formación proporcionará as competencias xenéricas e especificas para o desenvolvemento da función directiva, e as súas características quedaron recollidas e reguladas polo Real Decreto 894/2014, do 17 de outubro, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Nel se recolle, na disposición transitoria única, respecto da participación nos procedementos selectivos de dirección de centros públicos, a suficiencia do curso de actualización de competencias directivas para quen estea en posesión de habilitacións ou acreditacións de dirección de centros públicos expedidas con anterioridade á data de entrada en vigor da Lei Orgánica 8/2013, e para quen se atopase ocupando postos de director ou directora en centros docentes públicos á data de entrada en vigor da Lei Orgánica 8/2013 ou durante os cinco anos seguintes.

A inscrición e xestión deste curso de actualización realizarase a través da aplicación FProfe: https://www.edu.xunta.es/fprofe, e o prazo para facelo será de 3 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da Resolución no Diario Oficial de Galicia. Ofértanse as seguintes prazas: 125 prazas. Este número poderá ser ampliado en función da demanda procedente do profesorado que cumpra os requisitos previstos no artigo 134 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, según a redacción dada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

O curso terá unha duración de 75 horas que se desenvolverán en rede, a través de Platega (https://www.edu.xunta.es/platega2). A súa temporalización está prevista para os meses de novembro a marzo de 2021, e constará de oito módulos temáticos, que será preciso superar para obter a certificación. Quen, resultando admitido, estea en posesión dun máster ou título de posgrao de carácter oficial sobre a dirección e xestión de centros docentes quedará exento da realización e avaliación de todos os módulos troncais, agás o referido ao “Proxecto de dirección”, tendo que cursar tamén o módulo específico da comunidade e o referido a prevención e seguridade fronte á COVID-19, tal e como se establece na disposición adicional única do Real Decreto 894/2014, do 17 de outubro.

File: 

Resolución do 27 de outubro de 2020 (DOG) Resolución do 27 de outubro de 2020

Tema: 

Formación Directores/as

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas

Departamento: 

Servizo de Formación do Profesorado

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Administración

A Xunta abre o prazo para a creación de clubs de lectura nas bibliotecas dos centros educativos

Xov, 05/11/2020 - 15:08

Summary: 

O curso pasado participaron nesta iniciativa un total de 247 centros de toda Galicia Idioma Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade abriu o prazo para creación ou continuidade dos Clubs de Lectura dirixida a centros públicos da súa titularidade que imparten ensinanzas de ESO, Bacharelato, FP o de réxime especial. O pasado curso participaron nesta iniciativa un total de 247 centros de toda Galicia e aproximadamente 13.100 alumnas e alumnos.

Os clubs de lectura son grupos de dinamización a prol da lectura nos centros educativos que, ao implicar a diferentes membros da comunidade, son espazos para a convivencia e a educación cidadá. Constitúen, así mesmo, un impulso ao hábito lector dos máis novos e mesmo son espazos útiles para mellorar a autoestima e as habilidades sociais e de lectura do alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe.

Por outra banda, nestas reunións adoitan introducirse as tecnoloxías da comunicación e a lectura dixital, así como as relacións con outros clubs, con bibliotecas públicas ou con entidades culturais do entorno máis próximo.

Poderán presentar solicitude os centros que teñan ou vaian crear un club de lectura dentro da programación da súa biblioteca escolar, con un ou máis grupos de alumnos e mesmo coa implicación doutros membros da comunidade educativa, en tempos de lecer ou horario extraescolar. Os centros seleccionados recibirán unha asignación, que se destinará fundamentalmente á adquisición de libros para as actividades do club e que pasarán despois aos fondos da biblioteca.

Prazo de presentación

O prazo límite para a presentación de solicitudes é o 16 de novembro de 2020. A solicitude deberá presentarse a través da persoa responsable da dirección do centro, mediante un formulario aloxado na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Á hora de seleccionar os centros valoraranse as iniciativas destinadas a impulsar a lectura de textos en lingua galega e que busquen contribuír a un maior vínculo das mozas e mozos coa lingua e a literatura galegas. Así mesmo, primaranse as que fomenten a participación nos grupos de lectura de varóns, co fin de contrarrestar os estereotipos de xénero nesta materia. Serán valoradas tamén de forma especial as propostas que impulsen a participación do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Igualmente valorarase a existencia de grupos de adultos ou mixtos (alumnado-adultos).

Premio Clubs de Lectura 2021

A Xunta vén de convocar, ademais, o Premio Clubs de Lectura 2021. Este galardón creado no 2015 pretende recoñecer ao autor galego más lido polos clubs de lectura, co obxecto de poñer en valor o traballo dos creadores comprometidos coa lingua, que achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á extensión da lectura en galego.

Para a concesión do premio 2021 terase en conta os libros lidos polos clubs de lectura no curso precedente (nesta ocasión no curso 2019/2020).

Bibliotecas escolares Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Consellería de Cultura, Educación e Universidade Centros
Categorías: Administración

Recomendacións sobre a ventilación en centros educativos no contexto da Covid-19

Xov, 05/11/2020 - 14:34
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución conxunta, do 4 de novembro de 2020, das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade pola que se aproban as “Recomendacións sobre a ventilación en centros educativos no contexto da Covid-19” para centros educativos non universitarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

File: 

Resolución do 4 de novembro de 2020, Ventilación Recomendacións sobre a ventilación

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Familias Centros
Categorías: Administración

Actualización do Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 e protocolo de prevención da transmisión da Covid-19 nas actividades extraescolares nos centros de ensino non universitario

Xov, 05/11/2020 - 14:22
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución conxunta, do 4 de novembro de 2020, das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade pola que se aproba a actualización do “Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021” e pola que se aproba o Protocolo de actividades extraescolares en centros educativos non universitarios.

File: 

Resolución do 4 de novembro de 2020 Protocolo de adaptación ao contexto covid-19 (04-11-2020) Protocolo de actividades extraescolares

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Familias Centros
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de latín

Xov, 05/11/2020 - 13:08
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 5 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de latín (590003).

Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas.

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración


by Dr. Radut