Aproveitando as xornadas de portas abertas o 16 de Febreiro fíxose un acto de acollida do alumnado de Primaria do CEIP Plurilingüe Rodríguez Cadarso da Barquiña que se aproveitou para celebrar a entrega dos premios correspondentes ao concurso de relatos que organizamos conxuntamente entre os dous Equipos de Dinamización da Lingua e da Biblioteca, así como as direccións de ambos centros.
O xurado estaba composto por profesorado de cada centro, e os relatos estaban repartidos nos niveis de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos.
Durante o acto houbo intervencións musicais de alumnado dos dous centros, así como recitado de poemas e cancións por parte de alumnado da EBI, e lectura dos relatos premiados, converténdose así nun interesante evento interxeracional.
Relación de premiados
6º de Primaria:
Lucas Pardo Túñez por "María e o mar"
Antón Palacios Sánchez por "O meu amigo o mar"
1º e 2º ciclo de ESO:
Sofía Isabel Marcano de 2º ESO por "Nostalxia"
Paula Places Horta de 3º ESO por "Ondas amargas"
Bacharelato e Ciclos:
María Creo Rodríguez de 2º BAC (sen título)
Yaiza Collazo Lojo de 1º Admon e Finanzas por "Amor polo mar"
O proxecto "Memoria salgada da Ría de Muros e Noia" do Plan Proxecta, iniciou o desenvolvemento das actividades programadas coa visita ao Museo Marea de Porto do Son e con varias entrevistas a mulleres redeiras.
Ademáis visitaron unha antiga fábrica de salgadura en Serres, Muros. Alumnado e profesorado degustaron unha exquisita comida no espazo que antigamente ocupaba o almacén de fábrica.
Charla de Emilio García do Museo do Mar Etnolóxico de Noia, celebrada o mércores 15 de novembro no salón de actos do instituto.
Contounos cómo foi a súa vida de mariñeiro dende os oito anos e asistindo á escola só dous anos, para rematar escribindo máis de 50 libros (4 editados e unha obra de teatro).
O xoves 5 outubro recibimos a visita de varios membros da asociación "A Creba" para montar unha mesa informativa sobre o "Día mundial da saúde mental"
Montaron un mural físico e virtual no que cada membro da comunidade educativa (alumnado, profesorado, pais e nais, personal non docente,...) podía facer propostas para fomentar a saúde mental no entorno laboral. Numeroso alumnado aproveitou a actividade, tanto nos recreos coma en horas de clase cos seus profesores e profesoras.
O venres 6 de outubro, o alumnado de 1º Bacharelato disfrutou dun maravilloso día practicando sendeirismo pola contorna da praia de Broña (Serra de Outes).
Os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Educación Física, organizaron dita actividade, en relación co tema xeral de traballo escollido para este ano, "O noso Mar", aproveitando a actividade para entrevistar a varios traballadores do concello outiense, sacar fotos da contorna, camiñar a bo ritmo e facer un estudio da distancia recorrida e o consumo de calorías.