Skip to Content

Club de ciencia Blog

Xornada de formación sobre a compostaxe. Equipo CdC 1°

O 18 marzo dentro da liña de Sostibilidade, organizouse unha charla de formación sobre cómo facer a compostaxe no centro con todo o alumnado de 1° ESO, da man do mestre composteiro do Concello de Soutomaior, José Antonio  Rodríguez Gutiérrez.

Conceptos que o alumnado voluntario de 1° ESO do CdC, poñerá en marcha para o noso composteiro doado polo Concello, aproveitando os restos orgánicos da nosa cafetería.

 

 

 

 

I Mercado de Intercambio de roupa. Equipo CdC+Sostibilidade

O 15 de marzo, conmemoramos o Día Mundial do Consumo Responsable co noso I Mercado de intercambio de roupa entre o alumnado do centro. Nesta iniciativa o alumnado traía unha prenda exterior e dábaselle un "billete" da Cachada que canxeaba por outra prenda do seu agrado. 

A súa boa aceptación implicou un mellor impacto no consumo irracional dos recursos.

Microplásticos na area de Barraña. Equipo CdC 4º

O equipo CdC 4º colabora no proxecto de Ciencia cidadá "Microplásticos na area", que coordina o IES David Buján avaliando a incidencia dos microplásticos en mostras de praia Barraña. O estudo consiste en analizar o estado do nosas praias medindo a cantidade e tipos de microplásticos (forma poligonal e de filamento) por volume de area. Coa recollida de datos, elaborarán un mapa de contaminación que nos servirá para concienciar ás futuras xeracións desta problemática e da importancia de coidar o noso litoral. Este alumnado de 4º, explicaralle o proceso de investigación ó equipo CdC 2º.

As tomas iniciais foron recollidas en praia Barraña e comprobamos que apenas había presenza de microplásticos (dos 5 grupos, un deles non atopou nada e os 4 restantes atoparon 19 en forma de filamento).

Recollida Carpobrotus edulis. Equipo CdC 1°-2°

Os días 2, 23 de febreiro e 21 marzo o equipo CdC 1°-2°ESO guiados pola técnico medioambiental do Concello, Joana Piñeiro, recolleu no esteiro do río Coroño (coordenadas 42.640914, -8.900209), unha da plantas máis invasoras do noso litoral, o Carpobrotus edulis ou uña de gato de orixe sudafricano. Trátase dunha zona de 400m2 de superficie limosa-areosa moi preto da desembocadura, onde a uña de gato encontrábase colonizando un 40% do espazo onde se atopaban especies típicas deste ecosistema; como a verdolaga mariña (Halimione portulacoides), o xunco mariño (Juncus maritimus) ou Armeria maritima. Identificamos a súa problemática in situ: compite coas especies propias do ecosistema e acaba desprazándoas e invade os acantilados formando unha alfombra espesa que impide o crecemento do resto de especies. 

 

Datos das recollidas:

Saída 2 FEBREIRO: 21 bolsas e 264,5 Kg

Saída 23 FEBREIRO: 49 bolsas e 491 Kg

Saída 21 MARZO: 35 bolsas e 296 Kg

TOTAL: 105 bolsas e 1051,5 Kg

 

 

 

 

Plantas senlleiras e invasoras. Equipo CdC 2º

O 26 de xaneiro o equipo CdC 2º, recibiu unha charla da técnico medioambiental Joana Piñeiro, para dar a coñecer as plantas senlleiras así como a identificación e a problemática das especies exóticas invasoras (carpobrotus sp, herba da pampa, arctotheca calendula, cana, acacia negra..) na contorna do Concello. Deseguido fixemos a recollida dunha planta invasora, Arctotheca calendula, nunha pequena parcela (25 m2) en praia Barraña (coordenadas 42,64162º N 8,989193º W) arrancando un total de 252 plantas nunha zona  da parcela donde estaba máis concentrada que viñan sendo uns 5 m2 (20% da parcela).

 

Charla abastecemento de auga e Rede de saneamento. Equipo CdC 2º

A técnica de medio ambiente do Concello de Boiro, Carme Saavedra, deu unha charla ó alumnado de 3º (21 de decembro) e ó equipo CdC 2º (24 de xaneiro) sobre abastecemento de auga e sobre o funcionamento da rede de saneamento. Explicou ó alumnado as distintas fases de abastecemento de auga que compoñen o seu ciclo e os problemas que se poden dar no mantemento das redes. 

 

Estas son as presentacións que espuxo a técnica de medioambiente, Carmen Álvarez:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut