Skip to Content

Equipo Cálculo

O equipo de cálculo estivo traballando os datos das medicións e aprendendo a facer gráficas, como vedes nestas fotos xunto ó profe Moncho Rodríguez. Ó final do artigo está a explicación teórica da práctica e as gráficas resultado.

 

Dado que este foi un traballo de campo realizado por alumnas de 2ª ESO, o estudo matemático aplicouse neste nivel.
Na unidade de números enteiros, que se traballa en profundidade neste nivel, mándase facer ó alumnado a diferenza entre:
  • Temperaturas exterior e interior da casiña. 
  • Temperaturas interior da casiña e interior do instituto.

Os resultados obtidos poden ser negativos, positivos ou cero. Avalíanse estes resultados e en función de a que intervalo pertencen tíranse conclusións.

Este exercicio de facer a  diferenza faise manualmente coa finalidade de exercitar o cálculo mental e tamén coa axuda da folla de cálculo construíndo a "función diferenza" e para sacar as conclusións coa función condicional "si".
Na unidade de estatística con estes datos calcúlanse os parámetros de centralización: media aritmética, moda e mediana de cada unha das columnas, estes parámetros calcúlanse en primeiro lugar manualmente, traballando deste xeito o calculo mental e a xerarquía das operacións. Posteriormente, empregando as funciós das que dispón a folla de cálculo, obtéñense ditos parámetros e compróbase que os resultados obtidos son correctos.
Para coñecer máis aplicacións da folla de cálculo realízanse gráficas que permiten deste xeito tirar conclusións. Estas conclusións obtidas visualmente complementan as numéricas obtidas previamente.
 
 


blog | by Dr. Radut