Case ás portas do remate da situación COVID e coa ilusión e enerxías renovadas fronte “á nova normalidade”, o IES A BASELLA, retoma as xornadas de Orientación vocacional coa visita ao campus universitario de Pontevedra.
Dentro das actividades planificadas no PAT do noso centro para o alumnado de Bacharelato no 2º trimestre, tivemos a oportunidade de coñecer a oferta formativa e as instalacións de facultades como: Belas Artes, CC. Sociais e da Comunicación, CC da Educación e do Deporte, Enfermería, Fisioterapia ou a Escola de Enxenaría Forestal.
Estas actuacións teñen a finalidade de contribuir á definición do perfil vocacional do alumnado polo que foron organizadas de xeito que o estudantado tivera a oportunidade de asisitir ás aulas e poidera ver e valorar como se desenvolve a actividade universitaria.
Como podedes ver nas fotografías, estos estudos ofrecen mútiples escenarios de aprendizaxe, atractivos, interesantes e innovadores… De seguro que moitos dos nosos alumnos/as realizarán alí a súa formación nos vindeiros cursos.
…E isto só é o comezo porque nos botamos a camiñar novamente no apaixoante mundo da orientación vocacional para que “TI” tomes as mellores decisións de cara ó teu futuro profesional.
Álbum: Actividades Extraescolares -> Visita Univesidade 2022