Skip to Content

Temos novidades na Biblio. Atreveste a participar?

RETO LECTOR

1. Participantes: toda a Comunidade Escolar (alumnado familias e persoal do centro). 

2. Obxectivo: ler 5 libros da Biblioteca ata o 31 de maio. 

3. Pasos a seguir:

1° Escoller 5 lecturas da Biblioteca:

1 Libro ou álbum ilustrado. 

2 Un cómic. 

3 Un libro de poesía ou teatro. 

4 Un libro de ficción (novela, relato,...)

5 Un libro de non ficción (ensaio, biografía, autobiografía, libro de viaxes, libro sobre Arte,...). 

2° Ler as 5 propostas que ti escollas (podes pedir consello tamén!). Tes de prazo ata o último día de maio. 

3° Valora cada unha das lecturas escollidas cun breve comentario escrito e deposítao no buzón habilitado para tal fin. 

4° Despois da primeira lectura e valoración da mesma, recolle o teu CARNÉ DO RETO LECTOR na Biblioteca.

5° Pasa pola Biblioteca para selar o carné despois de cada lectura e valoración realizada da mesma. 

4. Premios: as persoas que realicen o reto recibirán un AGASALLO CULTURAL no mes de xuño. 

...........................................

 

CONCURSO "UN LOGO PARA A BIBLIOBATEA" 

 

A nosa Biblioteca xa ten un nome: BIBLIOBATEA, e agora andamos na procura dun logo que represente o mellor posible a nosa identidade. Axúdasnos a atopalo? 

BASES: 

1. Participantes: alumnado actualmente matriculado no centro. 

2. Obxectivo: atopar un logo que represente o mellor posible a nosa identidade como Biblioteca. 

3. Características do logo:

. Debe ser orixinal, non copiado nin semellante a outros xa existentes. 

. Ten que estar vencellado temáticamente á nosa contorna (algún aspecto natural, histórico, social e cultural que nos identifique: paisaxe, fauna e flora mariñas; os traballos do mar, tradicións, festas,...; personaxes e/ou artistas que a representan: Valle-Inclán, Irmáns Camba,... ). 

. Pode empregarse calquera soporte para debuxalo (dixital, papel, cartulina,...). 

. Valoramos a sinxeleza nas súas formas, lembra que se trata dun logotipo. 

5. Prazo: ata o 3 de maio. 

6. Premios: o logo gañador levará un agasallo sorpresa. 

7. Xurado: estará formado por membros do Equipo da Biblioteca. 

*Se o xurado así o dictamina, o premio pode quedar deserto ata nova convocatoria. 

*Co logo gañador faranse selos de impresión, marcapáxinas, chapas, camisetas, tote bags,...

 

 



page | by Dr. Radut