Outros cursos
Curso monográfico de alemán para turismo
Destinado aos servizos de hostalaría, comercio, servizos, viaxeiros e público en xeral.
Inscríbete nos CALC cuadrimestrais
Desde a Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía queremos informarvos que aínda quedan uns días para realizar a inscrición nos cursos de actualización lingüística en inglés e no curso de galego que o centro ofrece a través do aplicativo Fprofe da Consellería de Educación (www.edu.xunta.gal/fprofe).
Co fin de facilitar a localización destes cursos enviámosvos aquí información máis ao detalle. Clica en Ler máis.
Cursos de Linguaxe Administrativa (nivel superior) e Celga 4 - Asignación e documentación
O día 28 de novembro o alumnado poderá consultar se foi admitido na aplicación web www.eoidigital.com/preinslinguagalega.
O alumnado seleccionado deberá presentar a documentación que se especifica nos puntos sétimo e décimo primeiro desta resolución. A documentación presentarase telematicamente na aplicación web enriba indicada. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.
O prazo para a presentación da documentación será ata o 1 de decembro de 2023 ás 23.59, para os cursos do segundo cuadrimestre. A falta de presentación destes documentos no prazo establecido dará lugar á exclusión da persoa solicitante previamente seleccionada e a escola poderá dispor da súa praza para ser ocupada pola persoa correspondente da listaxe de espera.
Cursos de Linguaxe Administrativa (nivel superior) e Celga 4
Máis información aquí Outros cursos | EOI de Vilagarcía (xunta.gal)
Cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios para os CELGA 2023 - 2024
A consellería competente en materia de educación publica cada ano a correspondente convocatoria para a celebración, con carácter gratuíto, de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, CELGA.
- Os cursos de linguaxe administrativa galega realízanse en liña e teñen unha duración de 75 horas.
- Os cursos preparatorios para os certificados CELGA teñen unha duración de 60 horas lectivas.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega, que estará activo nos seguintes prazos establecidos para a presentación das solicitudes:
- Cursos do 1º cuadrimestre: do 3 ao 14 de xullo de 2023
- Cursos do 2º cuadrimestre: do 13 ao 24 de novembro de 2023
Os prazos de presentación de solicitudes, o procedemento e demais detalles, inclúense na resolución da convocatoria Resolución do 13 de xuño de 2023.
Matrícula para os cursos monográficos de destrezas - práctica comunicativa 2022 (segundo cuadrimestre)
A oferta educativa dos Departamentos de Alemán e Italiano inclúe para o segundo cuadrimestre os seguintes cursos de Destrezas de Práctica Comunicativa. Prema nesta ligazón para máis información.
Cursos de Actualización Lingüística e Comunicativa (CALC) en inglés
Enviado por mayte o Lun, 12/12/2022 - 18:16A oferta educativa do Departamento de Inglés inclúe para o segundo cuadrimestre dous Cursos de Actualización Lingüística e Comunicativa dirixidos ao profesorado da Consellería de Educación. O prazo de inscrición estará aberto até o 13 de xaneiro e deberá realizarse a través do Sistema de Xestión de Formación do Profesorado (https://www.edu.xunta.gal/fprofe/).
Cursos monográficos de destrezas - práctica comunicativa 2023
Estes cursos están enfocados á práctica e mellora das destrezas comunicativas. Constan de dúas sesións semanais de dúas horas cada unha. Abranguen un total de 60 horas nun cuadrimestre. Ao rematar, expídese un certificado segundo o recollido na respectiva programación.
No curso 2023-2024, impartiranse os seguintes cursos:
Primeiro cuadrimestre
- Alemán B2
- Inglés B2 e C1
O prazo de matrícula para estes cursos do primeiro cuadrimestre: do 1 ao 8 de setembro na secretaría do centro.
Segundo cuadrimestre
- Alemán A2
O prazo de matrícula para estes cursos do segundo cuadrimestre: pendente de actualizar.
Para matricularse, as persoas candidatas deben acreditar ter superado o nivel de certificación inmediatamente anterior ou acreditar acceso directo (ver titulacións).
Deberán achegar a seguinte documentación: