Actividades

18 de maio de 2021 - Día non lectivo

O 18 de maio de 2021 é o día non lectivo solicitado polo centro ao abeiro do que se indica na normativa aplicable, a Orde do 25 de xuño de 2020 (D.O.G. do 9 de xullo) pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. A data coincide co día escollido por todos os demáis centros do municipio.

Actualidade

Apartados máis consultados:

Lembre clicar en Ler mais ao final das entradas para ver toda a información.

A EOI resultou gañadora no III Concurso de Podcast – Radio na Biblio de Bibliotecas Escolares

 

O grupo de alumnado que por iniciativa propia ideou e creou o programa de Radio Maré, ‘Exóticas’ resultou gañador do III Concurso de Podcasts - Radio na Biblio co seu episodio dedicado a Xela Arias, que podedes escoitar aquí. Parabéns! Esta proposta en particular está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a editora, tradutora, poeta.

A convocatoria estaba destinada a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que traballan a radio como ferramenta pedagóxica, integrados ou non no programa Radio na Biblio, e a contía do premio deberá destinarse a melloras no equipamento e infraestructura do laboratorio/emisora de radio.

Os podcasts seleccionados serán difundidos pola Radio Galega a través da  páxina do Diario Cultural, onde xa o podedes ver publicado, así mesmo, serán difundidos a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Invitámosvos a escoitalo e a seguir participando e contribuíndo para crear escola.

Club de lectura: O xardineiro dos ingleses de Marcos Calveiro (Produto final)

Este curso 2020/21 o EDLG organizou un club de lectura ao abeiro da Convocatoria de Clubs de Lectura para centros de ensino secundario.

A lectura proposta foi O xardineiro dos ingleses de Marcos Calveiro. Durante os encontros os participantes propuxeron a idea de realizar unha guía-roteiro do libro xa que non existe ningunha. Eles mesmos seleccionaron extractos do libro que facían algunha referencia a lugares ou persoeiros de Vilagarcía e gravaron os audios correspondentes. Con todos estes materiais elaborouse un tríptico do percorrido proposto xunto coas localizacións e audios do roteiro en GoogleMaps e Soundcloud.

Poñemos estes materiais a disposición de todos aqueles que estén interesados na obra de Marcos Calveiro, e esperamos que desfrutedes do roteiro ao igual nós desfrutamos preparándoo!

Premede en Ler máis para acceder á información completa.

Yoga in the garden

Se es alumn@ dos niveis B a C2 de inglés, esta activade é para tí.

Queres facer exercicio á par que practicar inglés?

Ven facer ioga con nós!

Escolle a data que mellor se axeite ao teu horario e apúntate na conserxería antes do 15 de maio.

Prazas limitadas. Covid-safe.

 

 

n/d

Exóticas

Galileo, Homero, Platón, Newton, Kapuściński, Kant, Cervantes, Fleming, Aristóteles, Lorca, Marx, Pulitzer, Tesla, Kant… e poderiamos seguir enumerando a homes que ateigan os libros de historia… 

Agora ben.. esta historia, sen mulleres, está incompleta.

E para enchela de científicas, pensadoras, mestras, artistas… de mulleres, en definitiva, desde este novo espazo animámosvos a redescubrir connosco, neste e en vindeiros episodios, algunhas das figuras femininas máis relevantes desa historia que as silenciou e as desterrou ás sombras.

Hoxe, comezamos nós.

EXÓTICAS

Episodio 3 - Xela Arias

Co gallo do Día das Letras Galegas, 2021, dedicado este ano a editora, tradutora, poeta e mestra Xela Arias, presentámosvos o episodio 3 de Exóticas. Este podcast resultou gañador do III Concurso de Podcasts - Radio na Biblio. Parabéns!

O tupper da Radio da Biblioteca

 

Temos un novo programa de emisións na radio da biblioteca da nosa EOI.

‘O tupper' - Programa de entrevistas e concursos da EOI de Vilagarcía
 
Para este cuarto episodio, pechamos o curso... Non volo perdades, porque nos despediremos cunha sorpresa... de categoría!

 

Para máis contido interesante, suscríbete ós nosos podcast en iVoox.

 

Terás o Tupper sempre dispoñible nesta ligazón 


 

Distribuir contido