Libre
Matrícula libre probas de certificación 2024
Convocatoria 2024
Neste apartado poderá ver a información que precisa coñecer se está matriculado na Escola Oficial de Idiomas para presentarse ás probas de certificación. A información é a mesma para odas as escolas oficiais de idiomas da comunidade autónoma de Galicia.
As probas celebraranse no mes de xaneiro de 2024.
As persoas inscritas nos niveis B2 e C1 deberán prestar especial atención ao centro adxudicado para a realización das probas.
Para matricularse deberá empregar a aplicación en liña: https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre/alumnos/
No noso centro pode matricularse para realizar a probas das seguintes linguas e niveis:
- Alemán: A2, B1, B2.
- Francés: A2, B1, B2, C1.
- Galego: A2, B1, B2, C1
- Inglés: A2, B1,B2, C1
- Italiano: A2, B1, B2, C1.
- Portugués: A2, B1, B2, C1.
Escolla un dos seguintes apartados para consultar a información:
- Formalización: Datas e documentación.
- Taxas.
- Calendario de probas escritas.
- Calendario completo de probas libres. Pendente publicación das convocatorias coas quendas das probas orais. Fique atento
- Instrución e guías para as persoas candidatas.
- Probas modelo.
- Preguntas frecuentes.
Matrícula para as probas de certificación 2023: cursos CALC e CUALE
Este curso 2022-23 as probas de certificación do alumnado oficial, incluído alumnado CALC, CUALE e do programa That´s English ríxense pola Instrución 3/2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficial para o curso 2022/23
Prazo de matrícula: O alumnado procedente do programa CUALE e dos cursos CALC deberá formalizar a matrícula seguindo o procedemento recollido nesta instrución, do día 10 ao 14 de abril, ambos incluídos. A aplicación permanecerá aberta ata as 12:00 do mediodía do 14 de abril.
A matrícula realizarase en liña, dende o enderezo seguinte: https://www.informaticacentros.com/xunta/
Para formalizar a matrícula, o alumnado deberá presentar, a través da aplicación web, a seguinte documentación: