Xunta de representantes

Contacto coa Xunta de representantes de alumnado

As persoas representantes delegadas de cada grupo elíxense a principio de cada curso.

No curso 2020-2021, elexíronse entre os días 16 e 20 de outubro.

A presidencia da xunta de representantes, prorrogada do curso anterior á vista das importantes limitacións de reunión impostas pola COVID19, recae en D José Manuel Pérez Reinoso.

A xunta de persoas delegadas dispón dun taboleiro de información ubicado na pranta baixa a carón da biblioteca.

Pode empregar a dirección de correo xunta.representantes.eoivga@gmail.com para contactar coa persoa que preside a xunta de delegados e forma parte do consello escolar do centro.

Intercambio de Experiencias de Persoas Delegadas

O martes 10 de decembro de 2019 celebramos un Intercambio de Experiencias entre Persoas Delegadas. Os resultados foron remitidos por correo electrónico a todas as persoas representantes.

Convivencia persoas delegadas

Aquí tendes as ideas saídas das tres sesións de persoas delegadas que tiveron lugar o martes 10.

Agradecemos a todas as persoas participantes as achegas realizadas. Tentemos incorporalas no noso día a día para proveito de todos os integrantes da comunidade educativa!

Distribuir contido