O centro

A Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía

As Escolas Oficiais de Idiomas son centros públicos dedicados ao ensino de linguas ás persoas adultas.

Na Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía se poden cursar cinco linguas estranxeiras: alemán, francés, inglés, italiano e portugués. Os cursos de idiomas dan dereito á obtención do título oficial para os niveis de certificación A2, B1, B2 e C1, coa posibilidade de obter o C2 para o idioma inglés.

No apartado da oferta educativa da escola se pode consultar a totalidade de cursos ofertados, tamén os chamados non terminais ou intermedios, que dan acceso ao curso de certificación (A1, B1.1, B2.1, C1.1).

Como centro de ensino, o noso equipo docente se esforza para que, a partir dun enfoque comunicativo, o alumnado adquira a capacidade de usar o idioma como vehículo de comunicación, sen esquecer o fomento dunha inquietude pola diversidade lingüística e cultural a través do achegamento ás linguas estranxeiras, e coa finalidade de promover o plurilingüísmo entre a poboación, animando tamén, á autonomía do alumnado e á aprendizaxe permanente.

A Escola de Idiomas de Vilagarcía é unha das 11 Escolas Oficiais galegas, dependentes da Consellaría de Educación, e forma parte da rede de EE.OO.II. do Estado español.

 

Distribuir contido