Fomento á lectura

Club de lectura do Nivel C_Inglés_Terceiro trimestre Press articles

 

A partir do día 2 de abril e até o venres 5 de abril podes inscribirte para participar no club de lectura Inks & insights, para o terceiro trimestre. Nesta ocasión versará sobre artigos de prensa. Accede ao formulario de inscrición escaneando o código da foto ou a través desta ligazón

Entrevista a Afra Torrado, autora e alumna da EOI de Vilagarcía

A autora e alumna Afra Torrado (@odarrot) presentou a súa primeira obra de banda deseñada "Fago o que podo" editada no selo galego Rodolfo e Priscila (@rodepris), para o programa G24.gal da CRTVG desde a nosa Biblioteca. Esperamos en breve porder facer algunha colaboración máis con Afra desde a Biblioteca. 

Consulta aquí a entrevista: https://www.g24.gal/-/-afra-torrado-busca-a-sua-identidade-desde-a-banda-desenada

 

Club Ink and insights - nivel C

A lectura do segundo trimestre do Club Ink and insights é a obra de Nora Ephron I feel bad about my neck.

Clica en Ler máis para ver o calendario e organización. 

Calendario de Advento Literario

Pasa pola nosa biblioteca e descubre o noso

calendario de advento literario en galego!!

Podes deixarte sorprender ou descubrir as lecturas

a través deste calendario virtual!

 

 

Presentación do libro Firegarden/Jardín-de-fuego de Gail Langstroth

 Presentación do libro Firegarden/Jardín-de-fuego de Gail Langstroth

Tras varios intentos, pandemia por medio, onte por fin puidemos gozar da presencia de Gail Langstroth, poetisa trilingüe e euritmista, para presentar na EOI de Vilagarcía o seu libro firegarden/Jardín-de-fuego. 

A súa actuación mesturou o amor de Gail polas linguas, polo movemento e pola poesía, achegando a súa arte ao alumnado e profesorado da Escola, que quedou cautivado pola súa representación. 

Encontros agardados tras moitos anos de correos electrónicos, e tamén reencontros inesperados entre o público!, firma de libros e flores, puxeron tamén de si para que a xornada fora moi especial. 

Na Biblioteca da EOI de Vilagarcía quedaron cinco exemplares do libro de poesía bilingüe para o voso desfrute. 

 

 

L'Atelier du français présente: "L'Atelier du mystère"

Rendez-vous le mardi 25 avril à 17h00 (A1-A2) et le jeudi 27 avril (B1-C1) à 16h30 pour l'Atelier du mystère:

 

 

.

L'atelier de la Bande Dessinée

Rendez-vous le mardi 28 mars à 16h00 (A1-A2) et le jeudi 30 mars (B1-C1) à 16h30 pour l'Atelier de la BD:

 

Distribuir contido