Administración

Documentación do centro - Curso 2020-2021

Pode consultar a seguinte documentación organizativa:

É aconsellable que coñeza as rutas de evacuación en caso de emerxencia. Consulte os planos coas rutas situados nos corredores do centro.

Información sobre homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros

A validación e homologación de titulacións corresponde, con carácter xeral, ao ministerio con competencias en materia de educación.

Visite a web do Ministerio de Educación y Formación Profesional: Homologación y convalidación de títulos y estudios extranjeros no universitarios

LEXISLACIÓN AUTONÓMICA

Renovación membros Consello Escolar - Curso 2020-2021

O curso 2020-2021, estaba previsto un proceso de renovación que foi adiado. Vexa a informacion completa nesta ligazón.

Se desexa participar, por favor, revise este apartado con frecuencia.

Consulte nesta ligazón a información da anterior renovación (curso 2018-2019).

Trámites e formularios frecuentes

Modelos de documentos máis frecuentes:

Renovación membros do Consello Escolar Curso 2018-2019

Ao abeiro do disposto na RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos procédese a renovar o consello escolar desta escola oficial de idiomas.

Representantes se renovan:

  • DOUS (2) representantes de pais/nais/titores.
  • TRES (3) representante do alumnado. Un deles é a persoa que preside a xunta de delegados.
  • CINCO (5) representantes do profesorado.

Información relevante para o proceso:

Títulos Certificado de Aptitude (LOGSE) e Nivel Avanzado (LOE)

As persoas que teñan solicitado os títulos correspondentes ao Certificado de Aptitude (antiguo 5º da LOGSE) e Nivel Avanzado (Avanzado 2 LOE) con anterioridade ao 01 de xullo do 2017 poden pasar a recollelos na secretaría do centro. Comprobe aquí o horario de atención ao público.

Os interesados deben presentar DNI para poder retiralo. Caso de non poder facelo persoalmente, deben autorizar por escrito a unha terceira persoa e facilitarlle copia do D.N.I.

Cambios de grupo - Prazo de solicitudes - Curso 2021-2022

Quen e como:

  • As persoas matriculadas que estén interesadas en solicitar o cambio de grupo poderán facelo dende o seu perfil de CentrosNet.
  • Cada persoa poderá formular un máximo de 2 peticións por cada idioma no que esté matrícula.
  • Só se pode pedir cambio de hora/grupo. Non é posible solicitar cambio de nivel ou de idioma.

Cando se pode solicitar:

Haberá distintos períodos para solicitar cambios de grupo.

  • Solicitudes online, unha vez rematados os prazos de matrícula: pendente establecer datas.
  • Posteriormente, durante o curso, pode entregar unha solicitude de cambio na secretaría.

Resolución das solicitudes:

Solicitude e recollida de certificados

A solicitude e recollida de certificados faranse na secretaría do centro dentro do horario de atención. A persoa interesada poderá recoller os certificados a partires dos sete (7) días seguintes á data da solicitude.

Caso de non poder recollelos en persoa, poderá extender autorización a unha terceira persoa: deberá acompañarse de copia do DNI/NIE do titular do certificado e deberá constar identificación da persoa autorizada.

Validez dos certificados

As Titulacións das Escolas Oficiais de Idiomas valóranse segundo a lexislación establecida a tal efecto en:

  • acceso á función pública;
  • habilitación para impartir especialidades en postos de ensinanza primaria;
  • concurso de traslados na función pública docente;
  • valoración como formación permanente do profesorado;
  • créditos de libre configuración na universidade.

Solicitude de traslado de expediente

Para solicitar un traslado de expediente da EOI de Vilagarcía de Arousa a outra Escola Oficial de Idiomas, a persoa interesada non precisa presentar solicitude no noso centro. A EOI de destino, caso de estar noutra comunidade autónoma, poderá esixirlle unha certificación académica. O traslado tramítase de oficio, entre secretarías.

Distribuir contido