Anos anteriores

Proxectos anteriores

 

PROXECTO ERASMUS+ DA EOI DE VILAGARCÍA DE AROUSA

O proxecto “Observamos: Inclusión contra o abandono” da EOI de Vilagarcía de Arousa foi seleccionado para unha Mobilidade KA104 do programa Erasmus+. Malia que o proxecto xa rematou, se pode seguir a evolución do proxecto no seguinte blog: EOI Vilagarcía de Arousa: Difusión Erasmus+.

 

 

Estes son o vídeo final de difusión do proxecto e o vídeo promocional do proxecto ao inicio do 2021-2022

  

PROXECTO ERASMUS+ SBLENDID COORDINADO POLO CAFI EN CONSORCIO CON OUTRAS 10 EEOOII DE GALICIA

O proxecto “Sblendid KA104: Escolas que usan a aprendizaxe mixta para dialogar sobre pedagoxías interrelacionadas" xorde da iniciativa do CAFI de coordinar un proxecto europeo de mobilidades de observación, no que participamos 10 Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia, até agosto de 2022. Na presentación a continuación podedes consultar a información sobre o proxecto. Tamén tendes información dinámica actualizada a través das redes sociais, tanto da propia EOI, como no Twitter,  baixo o cancelo #sblendid e #CAFI_SBLENDID

Asemade no curso 2023-2024 viron a luz dous artigos na revista dixital e-Hizpide, resultantes da colaboración levada a cabo entre EOI's durante os últimos cursos no marco do proxecto Sblendid. Pódense consultar nestas ligazóns:

- Consellos para ter éxito no ensino semipresencial - Jardun biko ereduan arrakasta izateko aholkuak - Irakasbil | Argitalpenak | Jardun biko ereduan arrakasta izateko aholkuak (ikasbil.eus)

Abandono en EOI: tres experiencias con un objetivo en común - Hizkuntza Eskola Ofizialetan eskola-uztea: hiru esperientzia, helburu bera Irakasbil | Argitalpenak | Hizkuntza Eskola Ofizialetan eskola-uztea: hiru esperientzia, helburu bera (ikasbil.eus)

 

Portfolio Europeo das Linguas.

Para información sobre o Portfolio Europeo de las lenguas (Council of Europe European Language Portfolio) Consultar o seguinte páxina web: http://www.coe.int/t/dg4/portfolio/default.asp?l=e&m=/main_pages/welcome.html

Distribuir contido