Actividades e novas

Charla de percusión tradicional galega

O xoves 30 de novembro virá Jose Manuel Sanín a visitarnos e falar do traballo que fan no seu obradoiro de instrumentos tradicionais como a pandeireta ou o pandeiro. As 16.30 no obradoiro da biblioteca. 

Encontro con María Solar: Club de lectura As horas roubadas

O mércores 10 de maio tivemos un encontro virtual coa presentadora e autora María Solar, dentro da actividade Club de Lectura As horas roubadas organizado polo EDLG do centro. Despois do encontro fixemos un pequeno proxecto creativo: inventar un novo final e tamén unha segunda parte do libro.

Distribuir contido