Actividades

Novo curso semipresencial B2.1 de inglés

 

Novo curso semipresencial B2.1 de inglés
Como novidade no curso 2021-2022, o departamento de inglés oferta o curso B2.1 tamén en modalidade semipresencial.

Que supón a ensinanza semipresencial?
No B2.1 semipresencial, que equivale á totalidade de horas do curso presencial, a metade da docencia impártese nunha única sesión semanal de dúas horas, onde se traballa un enfoque comunicativo orientado principalmente ás destrezas de produción e mediación orais. A outra metade da carga lectiva desenvólvese na aula virtual, onde o alumnado traballa e prepara as diferentes actividades de lingua de xeito autónomo, co apoio e orientación do profesorado. Para esta modalidade non é necesario libro de texto pois o material de aula foi creado especificamente para estes cursos por profesorado da EOI.

Como sei se a modalidade semipresencial é para min?
Esta modalidade de docencia require por parte do alumnado un alto grao de autonomía como aprendiz de lingua, así como coñecementos básicos de informática, para poder desenvolverse no ensino virtual.

Se accedes ao nivel ou promocionas desde B1, e estás interesado/a nesta nova modalidade de ensino, animámoste a que consultes os Consellos para ter éxito no ensino semipresencial.

Se tes dúbidas ou preguntas, contacta con eoi.vilagarcia@edu.xunta.gal.

Protocolo hixiénico sanitario probas convocatoria ordinaria xuño 2021

 

Consúlteo nesta ligazón: Protocolo de Medidas Hixiénico Sanitarias - Alumnado

Visualice o vídeo resumo a continuación. Estas medidas son de obrigado cumprimento polas persoas candidatas.

n/d

Exóticas

Galileo, Homero, Platón, Newton, Kapuściński, Kant, Cervantes, Fleming, Aristóteles, Lorca, Marx, Pulitzer, Tesla, Kant… e poderiamos seguir enumerando a homes que ateigan os libros de historia… 

Agora ben.. esta historia, sen mulleres, está incompleta.

E para enchela de científicas, pensadoras, mestras, artistas… de mulleres, en definitiva, desde este novo espazo animámosvos a redescubrir connosco, neste e en vindeiros episodios, algunhas das figuras femininas máis relevantes desa historia que as silenciou e as desterrou ás sombras.

Hoxe, comezamos nós.

EXÓTICAS

Episodio 5 - Ángela Ruíz Robles

Colaboración entre o IES San Clemente de Santiago de Compostela e a Radio Maré da EOI de Vilagarcía de Arousa

Distribuir contido