Cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios para os CELGA 2024 - 2025 (Primeiro cuadrimestre)

A consellería competente en materia de educación publica cada ano a correspondente convocatoria para a celebración, con carácter gratuíto, de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, CELGA. 

  • Os cursos de linguaxe administrativa galega realízanse en liña e teñen unha duración de 75 horas.
  • Os cursos preparatorios para os certificados CELGA teñen unha duración de 60 horas lectivas.

Prazo de inscrición

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega, que estará activo nos seguintes prazos establecidos para a presentación das solicitudes:

  • Cursos do 1º cuadrimestre: do 1 ao 12 de xullo de 2024

Asignación de prazas

A adxudicación das prazas nos cursos do primeiro cuadrimestre será o 15 de xullo ás 10.00 horas. O día 16 de xullo o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido.

Presentación da documentación

O alumnado seleccionado deberá entrar de novo www.eoidigital.com/presinlinguagalega para presentar a documentación que se especifica nos puntos sétimo (para os cursos de Celga) e décimo primeiro (para os cursos de LAG) segundo establece a presente resolución.

O prazo de presentación desta documentación será ata o 19 de xullo para os cursos do primeiro cuadrimestre.

A documentación presentarase de forma telemática na aplicación enriba mencionada. A falta de presentación destes documentos no prazo establecido dará lugar á exclusión da persoa solicitante previamente seleccionada e a escola poderá dispor da súa praza para ser ocupada pola persoa correspondente da listaxe de espera.