Cursos monográficos de competencia xeral 2024-2025

 

 

Estes cursos están enfocados á práctica e mellora das destrezas comunicativas. Constan de unha ou dúas sesións semanais de dúas horas cada unha dependendo do curso. Abranguen un total de 60 ou 120 horas anuais ou cuadrimestre dependendo do curso. Ao rematar, expídese un certificado segundo o recollido na respectiva programación.

OFERTA DE CURSOS

No curso 2024-2025, impartiranse os seguintes cursos:

Anuais

  • Alemán B2 e C1
  • Francés C1
  • Inglés B1 e B2
  • Portugués C1

Primeiro cuadrimestre

  • Alemán A2
  • Galego C1
  • Inglés A2

Segundo cuadrimestre

  • Alemán B1

DATAS DE MATRÍCULA

Do 28 de xuño ao 19 de xullo de 2024.

Do 26 de agosto ao 20 de setembro de 2024.

Para matricularte nos cursos monográficos anuais preme nesta ligazón.

Para matricularte nos cursos monográficos do primeiro cuadrimestre, preme nestroutra ligazón.

REQUISITOS

Para matricularse, as persoas candidatas deben acreditar ter superado o nivel de certificación inmediatamente anterior ou acreditar acceso (ver titulacións).

DOCUMENTACIÓN

Deberán achegar a seguinte documentación:

  • Copia do DNI por ambas caras.
  • Xustificante de pago das taxas e/ou xustificación da exención. Comprobe a información sobre as taxas.
  • Documentación de acceso ao nivel (so alumnado non matriculado nesta eoi, se xa consta)

Unha vez entregada a documentación, confirmarase a matrícula no curso.