Taboleiro

Insertar avisos para o profesorado en formato "story"

REUNIÓN DE COORDINACIÓN DO PROFESORADO

O luns 2 de setembro, ás 11:00 horas, realizarase na sede do CRA, en Atalaia, Asados, a primeira reunión de coordinación docente do curso 2013-14.
As actividades lectivas iniciaranse o mércores 11 de setembro

Consulta o calendario escolar 2013/2014

Relación alumnado admitido para o curso 2013/2014

Segundo se indica no Artigo 31 da Orde do 12 de marzo de 2013 este centro fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas para o vindeiro curso escolar 2013/2014.

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2015-16

Coa apertura de prazos para reserva  nos centros adscritos iniciase o proceso de admisión do alumnado para o curso 15-16

Pronto se darán indicacións para a solicitude de admisión no C.R.A. de Rianxo que en todo caso comezará a partir do día 15 de febreiro.


XA CHEGA O NADAL A PAZO

XA CHEGOU O NADAL Á ESCOLA DE PAZO E FIXEMOS UNHAS CARPETAS

CON CARTOLINA PARA LEVAR TODOS OS NOSOS TRABALLOS PARA A CASA.

COMO SE NOS ABRÍAN POLOS LADOS, COSÉMOLAS CUNS LAZOS DE CORES.

PERO O MELLOR DE TODO VEU DESPOIS!, PARA DECORAR AS CARPETAS E DADO

QUE ESTAMOS NO NADAL, FIXEMOS ESTAMPACIÓNS CUNHA PATACA,

E COA AXUDA DUN MOLDE EN FORMA DE ÁRBORE E OUTRO EN FORMA DE ESTRELA,

QUEDÁRONNOS UNS DEBUXOS NAVIDEÑOS BEN BONITOS!!

TAMÉN FIXEMOS UNS DEBUXOS DE CORES E FIXEMOS MAXIA COAS CERAS MANLEY

PINTANDO TODO DE NEGRO POR ENRIBA...

A GRAN SORPRESA CHEGOU CANDO RAIAMOS POR ENCIMA DO NEGRO

E NOS SAÍRON UNS DEBUXOS PRECIOSOS!!

AQUÍ VOS DEIXAMOS AS FOTOS PARA QUE VEXADES QUE BEN O PASAMOS

TRABALLANDO ANTES DAS VACACIÓNS!

 

BICOS E APERTAS PARA TODOS E TODAS DENDE O PAZO!Sonriente

  

    

  

  

  

 

 

E QUE VIVA O SAMAÍN!!

OS NENOS E NENAS DA ESCOLA DE OUTEIRO VOLCÁMONOS NO SAMAÍN E ENTRE TODOS FIXEMOS A PUCHI E PEPITO! AS NOSAS CAVEIRAS DE CABAZA.

O NOME FOI ESCOLLIDO POR VOTACIÓN POPULAR ENTRE MOITAS PROPOSTAs. DESPOIS, FIXEMOS UNHA FOTO CON CARA DE MEDO CON ELAS!

 

E FINALMENTE SAIMOS COA PROFE DAVINIA E O PROFE PABLO A PLANTAR NOS ARREDORES DA ESCOLA A PULPA E AS PEPITAS DAS CABAZAS...A VER SI CUN POUQUIÑO DE SORTE NACE ALGO!! Sonriente

PASÁMOLO MOI BEN TRABALLANDO NO SAMAÍN!!

 

BICOS E APERTAS PARA TODOS E TODAS DE PARTE DOS NENOS DE OUTEIRO!Burla

X FORO INTERCRAS

VENRES 26 DE XUÑO 2.009           

ESTE VENRES CELEBRASE O X FORO DOS C.R.A DE GALICIA NO AUDITORIO DO CONCELLO DE RIANXO. AQUÍ VOS DEIXAMOS O PROGRAMA DE ACTOS 

 

9:30 Entrega Documentación

10:00 Apertura do Foro

10:30 Conferencia: "O C.R.A. un modelo de Educación Rural en Galicia. Angel Segovia

11:30 Pausa Café

12:00 Grupos de debate

12:30 Posta en común e conclusións

13:00 Exposición proposta didáctica "A exploración da contorna próxima" S.P. A contorna de Rianxo"

13:30 Outras propostas didácticas

14:00 Xantar 

16:00 Saida en  barco

18:00 Paseo pola vila

21:00 Cea

Os nenos e nenas do Castelao visitan as escolas do C.R.A.

Os nenos e nenas de 2 º A e 2ºB do C.E.I.P. do Castelao, visitan as escolas do C.R.A. de Rianxo. Os nenos de 2º A cos nenos de Pazo e de Abuin foron á escola de Rañó e os nenos e nenas de 2º B e os nenos de Quintáns foron á escola de Vacariza.

 

NEREA   que é unha nena de 2º B, e que visitou a escola de Vacariza dixo:paseino moi ben

NOELA que tamén é unha nena de 2º B e que tamén estivo na escola de Vacariza: Gustáronme moito os xogos

Coordenación titorial C.R.A. e centros receptores

Motivo da reunión: Nas reunións de coordinación de orientación na que participan os orientadores do C.R.A. e do C.E.I.P. Castelao e C.E.P. Brea Segade, vese a necesidade de establecer formas de comunicación entre os titores/as do C.R.A. e dos Centros Receptores ao obxecto de mellorar a transición dos alumnos/as. Consíderase que esta tarefa é urxente nos seguintes aspectos: os criterios de promoción e de permanencia no ciclo, a información que se traslada cos expedientes dos alumnos e alumnas, e o traballo dos hábitos e actitudes.
Con este motivo acordase convocar reunións de coordinación entre titorías e responsables de ciclos, coa seguinte proposta de datas, horarios e asuntos:

C.E.I.P. BREA SEGADE:
Luns 27 de Abril ás 11:15 horas
Participan
•    C.E.I.P. Brea Segade: responsables de ciclo e titores/as de 1º, 2º e 3º
•    C.R.A. de Rianxo titoras de Cuvide, Cruceiro (3º de E.I.) e Capela Primaria
•    Orientadores dos dous centros

C.E.I.P. CASTELAO:
Luns 27 de Abril ás 16:00 horas
Participan:
•    C.E.I.P. Castelao: responsables de ciclo e titores/as de 2º e 3º
•    C.R.A. de Rianxo titoras de Pazo Primaria, Abuin, Rañó, Quintáns e Vacariza
•    Orientadores dos dous centros.

ASUNTOS QUE SE PROPOÑEN:
•    Criterios para a promoción de ciclo e para a permanencia un curso máis no ciclo
•    Información nos Expedientes e información que se traslada
•    Hábitos e actitudes.

OS ORIENTADORES DO C.E.I.P. CASTELAO, C.E.P. BREA SEGADE E C.R.A. DE RIANXO
En Rianxo a 22 de Abril de 2.009

Sesión de Polideportivo 3º trimestre

A semana do 20 de abril iremos a Rianxo, primeiro visitaremos a exposición "Meter o nariz" no auditorio municipal. Logo iremos ao polideportivo para desenvolver unha sesión sobre desprazamentos, saltos, equilibrio, lanzamentos e recepcións.

Queda unha copia no casilleiro ou podedes descargar a sesión pinchando aquí

Esperamos pasalo moi ben

 

23 de Abril de 2.009. Tobías pon estas fotos:

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

 

 

ENCONTRO CON CONCHA BLANCO, BIBLIOTECA MUNICIPAL DE RIANXO

Sábado día 4 de Abril

Na Biblioteca Municipal de Rianxo, no Pazo de Martelo

Ás 12 da mañán

 

Dentro das actividades programadas para a Campaña Abril mes dos libros, a Biblioteca Municipal de Rianxo organiza este encontro coa escritora Concha Blanco.  O enconto vai dirixido sobre todo ao público infantil mais é aberto a que desexe participar nesta actividade de animación á lectura.

Concha Blanco é profesora no Instituto Agra de Raices de Cee e é escritora de literatura infantil e xuvenil. É autora de entre outros títulos:

  •  Contos para a escola, 1981
  • Cousiñas para a escola, 1984
  • A vaca titiriteira, 1991
  • A bruxiña da sorte, 2.005
  • Poemas para pintar, 2.006
Distribuir contido