Taboleiro

Insertar avisos para o profesorado en formato "story"

VEN COMIGO

EN POUCO TEMPO DARÁ COMEZO O PERIODO DE RESERVA DE PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO. AQUÍ VOS QUEDA A ESENCIA DAS NOSAS ESCOLAS REFLEXADA NUN LIPDUB FEITO CON MOITO AMOR!

VINDE CON NÓS AO CRA DE RIANXO!   

 

CLUBE DE CIENCIA CRA DE RIANXO

Este mércores 31 de xaneiro en horario de 5 a 6 da tarde comeza a súa andadura o noso Clube de Ciencia. Estarán con nós os nosos amigos de Arenaria para ensinarnos un montón de cousas sobre ciencia e natureza, charlando, experimentando e sorrindo.

FAUNA MARIÑA

MAXIA OU CIENCIA 

O C.R.A. de Rianxo preseleccionado na convocatoria de Clubes de Ciencia

O CLUBE DE CIENCIA NAUTILUS

O C.R.A. de Rianxo foi preseleccionado pola

Consellería de Educación para participar na convocatoria

do programa de innovación educativa "Club de Ciencia".

O C.R.A. de Rianxo presentou o proxecto

"Clube de Ciencia Nautilus", no que se prevé

a realización dos seguintes talleres:

A Maxia da Ciencia

Fauna Mariña

Mundo é química

Fovivos, a historia do Planeta

Investigando o corpo humano

O proxecto Clube de Ciencia Nautilus pretende animar

a curiosidade científica dos nosos alumnos e alumnas,

nunhas idades nas que a curiosidade invade os seus intereses.

O proxecto busca formar nos nenos e nas nenas

hábitos de coñecemento a través

da investigación e da exploración

   

FELICES LETRAS GALEGAS DE 2017!

DENDE O CRA DE RIANXO DESEXÁMOSVOS UN FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS DE 2017!

SE PICADES NA IMAXE ACCEDEREDES Á NOSA HOMENAXE A CARLOS CASARES. A NOSA PARTICULAR VERSIÓN DA GALIÑA AZUL!

DISFRUTÁDEA E QUE VIVAN AS NOSAS LETRAS!

A GALIÑA AZUL

MES DE MAIO, MES DE CASARES.

AQUÍ QUEDA A NOSA PARTICULAR HOMENAXE A CARLOS CASARES E Á SÚA GALIÑA AZUL. UN TRABALLO FEITO CON MOITO ESMERO POR PARTE DOS NEN@S E DAS MESTRAS E MESTRES DO CRA DE RIANXO.

DISFRUTÁDEO, FELIZ MES DE CASARES E FELICES LETRAS GALEGAS DE 2017!

 

MERGULLÁNDONOS NAS NOVAS. SEMANA DA PRENSA 2017.

SEMANA DA PRENSA 2017

Este curso, dende a Biblioteca das amigas e amigos de Daniel e o Equipo de Dinamización lingüística, propuxemos ás nosas familias que se mergullasen na prensa cos seus nen@s. Este ano vémonos rodeados nas nosas escolas, de persoeir@s da nosa cultura pero tamén do noso día a día, así que esa sería a temática principal a atopar nos xornais, revistas, prensa online etc.

A busca deu moito de sí e aquí, queremos compartir convosco o resultado final da actividade. Mostrámosvos unha selección das novas que máis chamaron a atención e máis destacaron durante esta semana e sobre todo, as que máis captaron a atención dos pequenos. Agardamos que vos guste esta reportaxe!

 

Algunhas das novas máis buscadas foron sobre escritoras e escritores. Unha das novas que máis destacou en todas as escolas foi que a compañía aérea Norwergian, fíxose con un avión coa cara da nosa querida Rosalía de Castro. Os nen@s da escola do Cruceiro (tamén chamada Escola Rosalía de Castro), non deixaron pasar a ocasión de construír a súa propia aeronave coa cara da escritora. Toda unha experiencia! Tamén destacaron novas sobre Agustín Fernández Paz e Eduardo Pondal. Escritores da terra que xa non están connosco, pero moi queridos.

 

 

 

 

 

 

Outra das temáticas máis populares entre as familias e os nen@s, foron @s deportistas, cousa que nos alegrou profundamente xa que retomamos o xa traballado co profe Óscar no polideportivo, onde descubrimos que Galicia é unha terra chea de deportistas de éxito. Dende Ana Peleteiro, pasando por Javier Gómez Noya ata os futbolistas máis recoñecidos do momento. Tod@s eles, foron protagonistas da nosa semana da prensa.

 

 

 

 

 

 

 

A política é un tema que está sempre de actualidade e os máis pequen@s sábeno. Así o deixaron ver na súa selección de noticias. Xente destacable como Donald Trump, Iñaki Urdangarín ou Susana Díaz están no ollo do furacán e está moi ben que dende ben pequenos se vaian familiarizando coa xente que toma decisións importantes e que lles afectan tamén a eles, xa que así formaremos persoas críticas para o día de mañá.

 

 

 

 

 

 

 Coa semana da prensa, coincidiu o 8 de marzo. O día internacional da muller. Foi un feito que indubidablemente destacou en todos os medios. Dende as escolas, agardamos que algún día non precisemos de un día da muller, porque dese xeito, a igualdade estará asentada no mundo no que vivimos. Pero mentres tanto, agrádanos que as nosas familias e nen@s, se informen, e fagan salientar as novas que máis lles chaman a atención sobre as mulleres no 8 de marzo, e todos os días do ano. Se nos fixamos, todas as novas que atopamos, versan sobre a situación laboral das mulleres, feito que nos fai reflexionar e darnos conta de que, quizais é un dos campos no que aínda se pode mellorar moito a situación. Por iso é importante transmitir uns valores de igualdade todos os días do ano. Alégranos poder destacar que dentro destas novas, vense moitas cousas positivas e de melloría!

 

 Os persoaxes públicos adoitan saír moito nos medios de comunicación (na prensa entre outros). Os nosos pequen@s, recoñecen ás persoas destacables do momento e así, as familias achegáronnos novas relativas á entrega dos premios Mestre Mateo 2017. En varias escolas recoñeceron a Roberto Vilar, premio Mestre Mateo a mellor comunicador e tamén conductor do programa "Land Rober" da TVG, o cal se alzou tamén co galardón a mellor programa. Os nen@s non dubidarón en aportar información sobre o comunicador bastante recoñecido por eles. Por outra banda, tamén nos chegou unha interesante entrevista a unha muller e gran actriz como é Mabel Rivera. Mabel está actualmente nomeada a mellor actriz aos premios María Casares de Teatro Galego por “Voaxa e Carmín”, obra escrita, dito sexa de paso, por Ester Carrodeguas, dramaturga rianxeira, a cal tamén está nomeada a un María Casares a mellor texto pola citada obra.

 

   

Isto que acabamos de comentar, lévanos á última parte desta reportaxe. Nesta recopilación que fixemos entre escola e familia, algunhas das novas máis bonitas foron as seguintes e por un motivo especial. Son novas relacionadas coa xente da nosa comarca, o Barbanza, e que falan sobre persoas destacadas, cada unha no seu campo. Podemos ver a Ché Tembra, Sonia Levedinsky, Xurxo Gago, Goretti Somoza, Alba Triñanes ou María Magán. Entre todos tocan os campos da arte, a música, a artesanía, os deportes ou a gastronomía, deixando o pabellón da nosa comarca ben alto e cheo de éxitos e recoñecementos.

 

 

 

 

 Xa para rematar, queremos mostrarvos unha selección de fotos do ben que o pasamos traballando todas estas novas nas aulas. Aprendemos sobre o mundo que nos rodea, descubrimos os medios de comunicación e traballámolos de diversas formas. Xogando cos nosos xoguetes, a través das novas tecnoloxías grazas á pizarra e internet e porsuposto a través das nosas mans recortando, pegando, facendo murais con materiais de refugallo, xornais vellos e converténdonos en xornalistas elaborando as nosas propias novas entre moitas outras cousas.

 Foi unha experiencia fabulosa e que non tería sido posible sen a colaboración das nosas familias.

Unha vez máis GRAZAS!

Curso de Formación

DOCENCIA DE MARÍA JOSÉ POUSA

(Escola de Capela 16 de febreiro de 2017)

   

Os obxectos matemáticos e a arte na Educación Infantil

Dentro do proxecto de formación no centro que no presente curso se centra na programación por proxectos, María José Pousa, docente en Arteixo falounos das posibilidades didácticas da arte e dos obxectos matemáticos na Educación Infantil.

 

Profesorado no curso 2016/2017

 

TITORES

ESCOLA

Beiroa Troiteiro, Mª del Sol

Cruceiro

de Castro Corral, Ana Mª

Pazo (Primaria)

García Castro, Tamara

Quintáns

Hevia Trepat, Lucía

Cuvide

López Bra, Belén

Capela  (Infantil)

Mansilla Romero, María José

Capela (Primaria)

Ríos Cortés, Antonio

Capela (Primaria)

Rodríguez León, Mª Asunción

Outeiro

Rodríguez Rozas, Mª Isabel

Rañó

Triñanes Rial, Verónica

Abuín

Vicente Somoza, Paula

Pazo (Infantil)

ESPECIALISTAS

ESPECIALIDADE

Betanzos Rego, Tobías

Orientación

Canicoba Prado, Óscar

EF

Carreira Astray, Tamara

Inglés

Castro Moares, Ana Alicia

Apoio Infantil

Costas Patiño, Yolanda

PT

García Lorenzo, Pablo

Apoio Infantil

Piñeiro García, Celia

Relixión

Rodríguez Noguerol, Laura

AL

Saborido Rial, Martín

Música

LECTURA EN FAMILIA!

O venres 17 tivemos unha sesión de animación á lectura para as familias do noso CRA na sede de Asados.

Primeiramente e tras recibir ás familias asistentes, Tobías, director e orientador do CRA invitounos á reflexión sobre a lectura a través de citas de diversos autores e autoras. Isto levou a unha interesante reflexión da cal xurdiron experiencias que compartimos de bo grado entre todos. Tamén se explicou o funcionamento das bibliotecas de aula de cada escola e o fomento que se fai da lectura dende o centro.

Tras isto, Pablo, mestre de Atención Educativa e tamén coordinador da biblioteca do CRA, explicou un pouco máis sobre o amplo abano de libros que temos dispoñibles á hora de seleccionar un conto para os nosos cativos, tendo en conta as idades e os textos máis adecuados. Tras isto explicou unhas pautas básicas á hora de leer un conto para que teña éxito entre os máis pequenos da casa.

Para rematar, Tero Rodríguez nai do CRA e membro do clube de lectura infantil, ofreceuse para representar un conto do máis interesante e divertido poñendo en práctica todo o explicado.

Demostrounos así, que con moi poucos materiais que todos temos á man como unha chaqueta, panos ou cousas do noso entorno, se pode lograr representar case calquera conto! E por suposto, demostrou o importante que é a imaxinación e a creatividade nas nosas vidas.

 

Grazas por esa valiosa lección e por os teus contos Tero!

 

Foi unha experiencia gratificante e rica para todos.

Mil gracias ás familias asistentes!

 

Campaña de vixianza periódica da saude da Consellería de Educación.

Campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente destinado en centros educativos non universitarios dependentes desta consellería

Por resolución do 23 de xuño de 2014 dase publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente destinado en centros educativos non universitarios dependentes desta consellería.

É aplicable ao persoal docente que presta servizos nos centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O prazo de inscrición comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de setembro de 2014.

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no seguinte enlace: https://revisionmedicadocentes.xunta.es

Mais información en páxina da Consellería:

vixianza periódica da saude

RIANXO, XULLO DE 2014

Distribuir contido