Taboleiro

Insertar avisos para o profesorado en formato "story"

As nenas e nenos da Escola Rosalía de Castro pídennos que quedemos na casa

As nenas e nenos da Escola Rosalía de Castro (Cruceiro), as profes e as mamás, elaboraron este fermoso e simpático traballo.

Tratase dun video realizado dende as casas a partires do conto de Ramón Domínguez Veiga e ilustrado pro Iván R. "#euquedonacasa"

Podedes visualizalo aquí:

 

 

Avaliación 2º trimestre

Seguindo as instruccións da Consellería de Educación o profesorado do centro está a realizar as avaliacións correspondentes ao 2º trimestre deste curso.

A comunicación dos resultados das avaliacións ás familias, vai ser a través da aplicación AbalarMobil.

Tedes información neste enlace EspazoAbalar

Prevemos publicar as notas, se nos é posible venres que ven, polo que é moi importante que activides a aplicación AbalarMobil, nos vosos móbiles.

Se tedes algunha dificultades, por favor poñedevos en contacto coas vosas titoras e titores.

O equipo directivo

Rianxo a 1 de Abril de 2020

Instruccións da consellería para utilización aplicación WebEx

COMUNICACION DA CONSELLERÍA CON INSTRUCCIONS PARA USO DA WEBEX

Estimado/a docente:

Está a poñerse á disposición da comunidade educativa un novo servizo de videoconferencia para o ámbito docente.  Dito servizo está dispoñible no enderezo  https://eduxunta.webex.com

No manual, dispoñible no enderezo https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/manual_usuario_webex_2020.pdf, ten toda a información de como obter as credenciais de acceso a dito servizo, como acceder, como iniciar unha videoconferencia con máis usuarios, e como comunicarlle a ditos usuarios as distintas formas de acceso (a través de ordenador persoal ou portátil, a través de dispositivos móbiles, ou mesmo a través da liña telefónica -- só voz).

Este é un servizo de carácter temporal, suxeito as capacidades das redes de comunicación, e que se manterá mentres duren as circunstancias actuais.


Reciba un cordial saúdo,

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Instruccions avaliacion 2º Trimestre e outras

INSTRUCIÓNS DO 27 DE MARZO, DIRIXIDAS ÁS DIRECCIÓNS DOS CENTROS
EDUCATIVOS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO SOBRE A CONCRECIÓN DE MEDIDAS A
ADOPTAR EN RELACIÓN COA AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE.
........
Así mesmo, o citado do Acordo do Consello da Xunta do 12 de marzo prevé, entre
outras, a adopción das seguintes medidas no eido educativo:

- O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios
telemáticos accesibles ao seu alumnado actividades xenéricas relacionadas cos
contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e
fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

- Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas as medidas
específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a
continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.
En virtude das disposicións anteriores dítanse as seguintes instrucións:


1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos
procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro,
dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a
súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.
2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas
polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En
consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do
segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.
3. No caso das ensinanzas de formación profesional de grao medio e grao superior na
avaliación parcial de módulos do segundo curso no réxime ordinario o equipo docente
tomará as decisións de acceso do alumnado á FCT e, nos ciclos de grado superior o
módulo de proxecto.

 

TEXTO COMPLETO

Novas propostas e actividades na nosa Aula Virtual

No noso espazo virtual "A Luzada" temos actividades novas das que vos imos dar conta pero antes quero preguntarvos sabedes que é "A Luzada", "Ir á Luzada", aí queda a proposta de investigación. Bon unha pista ou mais ben unha precisión, para ben, ben decilo, debemos decir "Imos á lusada", bon a investigar.

Bon pois como novedades imos destacar:

Propostas de Arte, que nos traen da Aula de Cruceiro 5º e 6º de E. Infantil, e son propostas elaboradas na propia aula. aí vos queda o enlace directo ao traballo titulado "Cara de froita"

Propostas de música, atrevédesvos a compoñer? podedes intentalo na nova que hai na aula de música "Crea Melodías".

Na aula de Ingles tamén temos novedades, visitádea, e lembrade que nesta aula as propostas de actividades están no apartado de /foro/

Xa e para hoxe propóñovos visitar o espazo que Arenaria preparou para investigar ciencia dende a casa. Espazo de Arenaria Coordinación.

 

 

Actuacións do profesorado para apoiar o proceso de aprendizaxe nas familias

NOME DO CENTRO:      C.R.A. DE RIANXO

CÓDIGO DO CENTRO:  15027551                              LOCALIDADE RIANXO

ATENCIÓN AO ALUMNADO DO CENTRO EN APLICACIÓN DAS INSTRUCIÓNS DO 13 DE MARZO DE 2020, PROVISIONAIS DIRIXIDAS ÁS DIRECCIÓNS DOS CENTROS EDUCATIVOS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO SOBRE A CONCRECIÓN DAS MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN COA PANDEMIA COVID-19 PARA OS VINDEIROS 14 DÍAS NATURAIS CONTADOS DENDE O 16 DE MARZO DE 2020.

INFORME DA DIRECCIÓN DO CENTRO

1.  Medidas establecidas con carácter xeral polo centro para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar. (Resumo descritivo das medidas establecidas con carácter xeral para todas as materias, cursos e/ou etapas impartidas nos centros, ou no seu defecto, resumo descritivo de medidas por curso/materia ou departamento didáctico/departamento de familia profesional ou equipo docente).

o   O C.R.A. de Rianxo, atende alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. Dende que se interrumpiu a asistencia ás clases pola promulgación do estado de alarma, as actuacións seguidas polo centro para facilitar o proceso de aprendizase foron:

§  Establecer canle de comunicación ordinaria e aberta coas familias a través das titorías, esta comunicación realízase, por teléfono, por aplicación telemáticas de comunicación WhatsUp, Skype, etc e por correo electrónico.

§  Abrir un espazo aberto na Aula Virtual do Centro, específico para este periodo https://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/aulavirtual/mod/page/view.php?id=1689

§  Houbo titorías que puderan entregar instruccións e materiais as familias, antes da interrupción decretada polo estado de Alarma

 

2.  Sistema de comunicación co alumnado e as familias establecido polo centro.

o   Indícase arriba: por teléfono, por aplicación telemáticas de comunicación WhatsUp, Skype, etc e por correo electrónico.

o    

 

3.  Propostas de actividades elaboradas para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios.  (Resumo descriptivo para cada curso e materia das etapas impartidas no centro) (*)

 

·         Educación primaria:

o   1º e 2º de Educación Primaria. Danse instruccións ás familias para na medida do posible continuar coa plan de actividades programadas para o curso, con especial énfase nas actividades que teñen que ver coa lecto-escrita e o razonamento matemático.

o   Os recursos que se utilizan para facer chegar as propostas son:

§  Comunicación individual coas familas, polos medios acordados

§  Utilización dos materiais impresos que levaron da escola o último día de clase

§  Convidación para utilizar os contidos e propostas que se van colocando da aula Virtual

§  A este respecto, temos constatación de que algunhas familias teñen dificultade para acceder a contidos dixitais a través de internet.

 

O/a director/a do centro

 

 

Tobías Betanzos Rego

C.R.A. de Rianxo

En Rianxo a 23 de marzo de 2020

Información Coronavirus

A Consellería de Educación puxo na súa páxina web diversa información sobre o Coronavirus.

SÍNTOMAS:

Febre, tose, sensación de falta de aire

RECOMENDACIÓNS BÁSICAS:

- Lavar as mans frecuentemente

- Non tocar os ollos a nariz ou a boca

- Ao tusir cubrir a boca cun pano desbotable, ou contra o brazo

- Con síntomas respiratorios evitar contacto próximo con outras persoas

- No caso de sospeita de infeccións non acudir directamente ao centro de saúde senón contactar co 061

As profesoras e profesores aprenden a montar SCORNABOTS

O programa Biblioteca Creativa é un programa que pretende apoiar a cultura da experimentación e da investigación, da robóticas e da linguaxe de programación nas bibliotecas dos centros públicos que matriculan alumnado de educación infantil e educación primaria e que están integrados nos Plan de Mellora de Bibliotecas escolares de Galicia.

Nas imaxes que se ofrecen a continuación profesoras do C.R.A.  están nunha sesión de montaxe dun SCORNABOT.

Organizando os materiais Poñendo a punto o soldador
Observando  as partes dun Scornabot montado Comezamos co traballo de montaxe.
Chegou o soldador Cando demos rematado será algo coma esto.

Xornadas Erasmus

O C.R.A. de Rianxo participará nas Xornadas Erasmus+ e Twining que se celebrarán na Escola Galega da Administración Pública, en Santiago, o día 19 de Outubro.

Pablo García Lorenzo, actuará como ponente ás 12:00 en representación do C.R.A. de Rianxo.

Nestas xornadas participará tamén como ponente a profesora Tamara Carreira Astray, que foi profesora no noso centro e actualmente traballa no C.E.I.P. Plurilingüe de Sigüeiro.

Programa das xornadas

Creación de contidos na nosa web

Instruccións para o profesorado para a creación de contido nesta web.

1.- Acceder á web co usuario e contrasinal facilitado pola persoa administradora.

2.- Se é necesario actualizar a nosa conta individual

3.- Crear contido segunido o manual que se inserta a seguir.

MANUAL DRUPAL 6 DOCUMENTACIÓN PARA AS PERSOAS USUARIAS EDITORAS DE CONTIDO

Recomendacións para o mantemento da web  do centro.

- As novedades relacionadas cos departamento e escolas  que sexan de interese xeral serán subidas polos departamentos  á web e promocionadas á páxina principal.

- Recoméndase utilizar como formato de contido /story/. Estructura: Título, unha foto, texto explicativo corto. Se se desexa ampliar a información pódese crear unha /story/ maior e aloxar no departamento ou escola

- Cada departamento ou escola pode ademais crear contidos para aloxar no apartado do seu departamento ou escola.

Para a creación de historias:

CREACIÓN DE HISTORIAS EN DRUPAL

- Cada semana de forma rotaroria cada escola creará un evento, dun poema, fotografía, conto, canción ... que permanecerá visible unha semana para compartir con todo o centro

Para a creación de eventos ver:

CREACION EVENTOS EN DRUPAL

Rianxo a 3 de outubro de 2019

 

 

Distribuir contido