Taboleiro

Insertar avisos para o profesorado en formato "story"

Axudas immersión lingüísitica

A consellería de Educación ven de convocar axudas  para inmersión lingüística para o presente curso 08-09, para alumnos e alumnas de Educación Secundaria e 6º de E. Primaria.

ENLACE Á CONVOCATORIA

VISITA AO COLEXIO CASTELAO

O vindeiro Venres día 30 de Maio, os nenos e nenas de 2º de E.P. das escolas de Pazo, Abuin, Rañó, Quintáns e Vacariza visitarán o Colexio Castelao.

Máis información aquí no arquivo adxunto.

Campaña mundial pola educación

"Superemos a exclusión.

Calidade na educación

Pon a túa peza

Todos contamos"

A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) en 2.008, ponse en marcha co obxectivo de denunciar a exclusión que sufren millóns de nenos, nenas e adultos, por diferentes motivos:

Pola súa discapacidade, por enfermidade, polo xénero, polos conflictos bélicos, porque perderon a seus pais ou simplemente proque son pobres.

Un fatídico ciclo o Da pobreza, que pode e debe romperse a través da ferramenta máis potente a "EDUCACIÓN"

 

UNIDADE DIDÁCTICA NA SEDE

AXUDAS ECONOMICAS VITIMAS VIOLENCIA XENERO - PAGAMENTO UNICO

Información de Servizos Sociais Área de Muller

CONCELLO DE RIANXO

Abriuse o prazo para solicitar Axudas Económicas para Vítimas de Violencia de Xénero (Pagamento Ünico).
Déixovos o link para acceder á web do concello:
http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=68&idIdioma=2&int1=111&volver=%3FidMenu%3D1%26idIdioma%3D2

Rosana Viturro
Psicóloga
Servizos Sociais - Concello de Rianxo

CUESTIONARIO PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA

Nas seccións Orientación e Taboleiro de avisos do profesorado, inclúese documento sobre a mellora da convivencia no C.R.A. de Rianxo

 

CUESTIONARIO PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA

MELLORA DA CONVIVENCIA NO C.R.A. DE RIANXO:

 

Na reunión do martes 8 de Abril afróntouse dende o grupo o plantexamento de estratexias que axuden a mellorar a convivencia nas aulas e a previr dificultades e desaxustes de conducta tanto individual como de grupo. Aínda sendo diferentes as propostas expostas na reunión, concluíase coa necesidade de afrontar estratexias concretas para a mellora da convivencia no centro, dende a valoración de que certamente existen algúns indicios ou indicadores que sinalan dificultades no eido da convivencia no C.R.A. de Rianxo

As posturas do profesorado posicionabanse ao redor da elaboración dun RRI, con explicitación de dereitos e deberes e a planficación consensuada de estratexias educativas e de aula que axuden a mellorar a convivencia e a prevención de conductas desaxustadas.

Ao final acordouse poñer en común as normas de funcionamento da aula e tentar acordos sobre estas, previo á reunion co Observatorio de Convivencia do Centro.

Falar das normas de funcionamento da aula supón abordar un abano amplo de cuestións relacionadas coa organización das aulas. Para axudar nesta reflexión, e para quen desexe o apórtase, a seguir unha guía cuestionario para tratar de poñer en común aspectos relaciondos coa organización da aula e as súas normas de funcionamento e convivencia

O cuestionario que se elabora dende a nosa realidade de C.R.A., e contén os seguintes apartados:

RUTINAS

DESENROLO DAS SESIÓNS DE TRABALLO

AS SESIÓNS ESPECIAIS (PROFESORADO ESPECIALISTA)

ASIGNACIÓN DE RESPONSABILIDADES E TAREFAS AOS ALUMNOS

OS RECREOS

O SILENCIO

AUTONOMÍA NO COMPORTAMENTO E NAS RESPONSABILIDADES

O cuestionario pode parecer moi exhaustivo, e non obstante faltan aspectos a poñer en común e falar como, ao menos: a regulación das relacións coas familias dende a titoría, e a planficación da coordenación entre o profesorado intervinte na aula, a planficación de normas para saidas e excursións.

Os apartados que se propoñen miran ao interior das aulas e tentan facer un seguemento do seu funcionamento para abordar unha posta en común entre todas as aulas

A partir de aquí e, se é posible, pódese plantexar a  proposta dunhas liñas e estratexias comúns de actuación no aspecto que estamos a tratar cal é a mellora da convivencia e da organización das aulas.

Independentemente de a que grado de consenso se poida chegar, compartir e falar sobre estratexias organizativas da aula e normas de convivencia, vai ser  sen dúbida positivo enriquecedor e útil para todo o profesorado.

De todas maneiras o grupo debe plantexarse que este que tentamos iniciar é un camiño con percorrido longo, ou máis ben permanente na procura da mellora da convivencia.

Finalmente indicar que temos moitas limitacións de tempo, polo que a utilización de canles alternativos de comunicación como o e-mail ou o portal do centro pode ser útil

 

Tobías Betanzos Rego

Rianxo a 11 de abril de 2008

TEXTO COMPLETO CON CUESTIONARIO

Información aos pais sobre os servizos cos que conta o C.R.A. de Rianxo para atención á diversidade

Na reunión do Departamento de Orientación celebrada o pasado venres día 15 de Febreiro de 2008 acordouse:

  1. Informar aos pais e nais dos servizos e recursos cos que conta o Centro para a atención á diversidade: orientador, profesora de Pedagoxía Terapéutica, profesora de Audición e Linguaxe
  2. Pedir aos titores e titoras que nas reunións que teñan de titoría prevexan facilitar a comunicación dos profesores/as de apoio especialista coas familias. Suxírese pois avisar ás profesoras de Audíción e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica, cando se prevexa algúnha reunión, coas familias de alumnos con NEAE.

Rianxo a 18 de Febreiro de 2.008

Distribuir contido