Skip to Content

Incidencias no servizo de transporte escolar

Segundo as instrucións ditadas polo Servizo de Apoio aos Servizos Educativos, e en relación á folga convocada para o día 31 de marzo de 2023 que afecta ao servizo de transporte escolar, hoxe vénse de publicar no DOG que os servizos mínimos a realizar serán os seguintes:

Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: os servizos de entrada aos centros desde as 7:30 ata ás 10:30 horas, e os de saída desde as 13:30 ata ás 19:00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros.

Contactamos coa empresa que realiza este servizo e comunícanos que TODOS OS SERVIZOS FUNCIONARÁN CON NORMALIDADE, agás que aparezan outras causas externas á empresa.

 



blog | by Dr. Radut