Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. Curso escolar 2022/23

QUEN PODE SOLICITALO?:

Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º.

OLLO: O alumnado de 5º e 6º participa no proxecto de innovación E-DIXGAL polo que está excluído na participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades especificas de apoio educativo –NEAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude.

Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP e EE.

*Información para o cálculo da renda per cápita da unidade familiar.

QUE PRAZOS TEMOS PARA SOLICITALO?:

Ata o 22/06/2021 (este incluído) para alumnado de EP e EE, mediante a sede electrónica ou excepcionalmente no centro escolar.

ONDE O PODO SOLICITAR?:

-PREFERIBLEMENTE: - Solicitude na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

Neste suposto o centro recibira un aviso no seu correo electrónico que lle informara de que ten solicitudes presentadas por esta vía.

-OPCIONALMENTE solicitude no centro:  Neste caso recollerán  a solicitude  de luns a xoves en horario de 09:20 a 10:00 e presentarase no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación no mesmo horario. Non se entregará nin recollerá documentación fóra de este horario. O centro non fará fotocopias de ningunha documentación.

QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE PRESENTAR?:

-Solicitude unha soa por familia e por centro (Anexo I)

-Anexo II.

-Copia de todo o libro de familia.

-En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

O alumnado que deixa o centro deberá presentar a solicitude no instituto correspondente.

 

AnexoTamaño
Información para o cálculo da RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR.pdf355.42 KB
ANEXO I.pdf1.54 MB
ANEXO II.pdf990.25 KB


blog | by Dr. Radut