Skip to Content

Xogos tradicionais galegos

Un ano máis e da man do infatigábel Lito, do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, dependente da Deputación de Ourense, o noso alumnado de Educación Primaria tivo a oportunidade de aprender como xogaban as xeracións anteriores e volver, de algún xeito, ás épocas nas que o xogo era algo espontáneo e onde os dispositivos electrónicos non tiñan ningunha presenza.

Na primeira sesión da mañá o alumnado de 2º e 3º gozou moitísimo cos xogos da ra, a birolla, a chave ou os birlos que consiste en lanzar unha bóla de madeira a ras do chan cara unhas pezas verticais colocadas ao final da pista coa intención de derrubar a maior cantidade delas. Iso si, hai que apuntar para non lesionar a ninguén!

Na segunda parte da xornada o alumnado de 4º 5º e 6º pasouno xenial facendo xogos de mans, utilizando zancos, aros e peóns e xogando no patio traseiro á porca e no pavillón ao pino, que é como o xogo da porca pero por equipos.

Agradecer ao CCP Xaquín Lorenzo a mañá tan divertida que nos fixeron pasar e tamén manifestarlles a nosa gratitude polo esforzo por manter vivo o patrimonio cultural inmaterial.  

Preme aquí para ver as imaxes.



blog | by Dr. Radut