Curso 2019-20

FOGGA (Froita na escola)

Un curso máis o Ceip Ramón de Valenzuela participa no programa froita na escola (FOGGA), dende este vindeiro luns 3 de febreiro ata o venres 14 de febreiro, servirase froita na hora do recreo para todo o alumnado do centro que voluntariamente, así o desexe.

Ecovoz

Maña mércores 29 de xaneiro, un grupo de alumnos de 6º de Educación primaria representarán o noso cole no concurso radiofónico "Ecovoz". Neste programa, o noso centro enfróntanse a outros da nosa Comunidade nunha batalla de preguntas de Ciencias naturais e Socias e onde as boas prácticas medioambientais formarán parte tamén da temática. Moito ánimo e a disfrutar desta nova experiencia!!!

Iriña Bailariña

O próximo Venres día 31 de Xaneiro poñemos fin o ciclo de lecturas e actividades propostas polo noso centro para disfrutar da conmemoración do día da Paz. Ese día todo alumnado disfrutará dunha obra de teatro da compañía Teatro Ghazafelhos que interpretarán a obra "Iriña bailarina".

Lecturas pola PAZ!!

Comeza un ano máis a xa tradicional actividade de "Lecturas para a PAZ" con IMAGINE. O alumnado de quinto foi o encargado de dar unha visión diferente deste conto/canción de John Lennon. Dende hoxe e ata o 30 de xaneiro faremos lecturas para a PAZ durante a "Hora de ler". Remataremos este ciclo de lecturas cunha obra de teatro da que xa os daremos conta. Estade moi atentos a Web, o Blog da biblio e como non a nosa Radio Garabullo para non perderse nada!!!!

Visitounos o avó de Rosalía e Candela

Hoxe tivemos a visita de Ramiro Agra, o avó de Rosalía e Candela. Estivo na Radio Garabullo contando un montón de curiosidades do Peón, un xoguete moi valorado polos rapaces e rapazas desta escola. O mellor de todo a sorpresa que nos deu cun peón tallado a  man por el. Fermoso!!!

Escoitade e veredes canto aprendedes!!

Premio árbores de Nadal

Hoxe estamos de noraboa, xa temos no cole os libros do noso premio!!! En breve poderedes disfrutar de todas estas novidades na nosa biblioteca!!! Estade moi atentos...

 

A prensa local faise eco do triunfo do noso cole

Preme nas imaxes e accede as noticas que saen hoxe na Prensa Local falando do triunfo do noso colexio.

(Noticia publicada na Voz de Galicia)

 

(Noticia publicada no Faro de Vigo)

Recollida de premio "Árbores de Nadal"

Esta mañá unha representación de todas as clases do noso centro recibirón no Centro Comercial de Ocio Gadis en Lalín o premio do concurso de "Árbores de Nadal" organizado nestas Navidades.

O centro foi dotado con cincocentos euros en libros que en breve poderemos disfrutar todos e todas na Nosa biblioteca!!

 

Charla Urbaser

Hoxe contamos coa visita de URBASER, nunha actividade en colaboración con Concello de Silleda que leva por título "Un novo ciclo de vida para o lixo" na que aprendemos a importancia de RECICLAR correctamente e dos beneficios que obtemos do lixo.

Grazas a esta formación temos un novo punto de investigación dentro do proxecto "Desplastifícate" que estamos a desenvolver neste curso.

 

FORMACIÓN CON PONTE... NAS ONDAS!!

O pasado 17 de decembro os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º contaron coa visita de dous membros de "Ponte... nas Ondas!! Damián e Xerardo. Foi unha xornada moi divertida e interesante onde aprendemos a importancia que ten unha boa lectura no mundo da Radio, experimentamos co Audacity para retocar pequenos erros nos nosos podcast e rematamos facendo un pequeno programa de radio en directo (sen retoques e coa creatividade do momento)

Se premedes na imaxe poderedes vivir algúns momento dunha xornada inesquecible!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet