Curso 2019-20

Cartas de Reis

Un ano máis celebramos no Ceip Ramón de Valenzuela o tradicional día de Reis. Nesta xornada festiva os nenos maiores do centro axudan os máis pequenos a escribir as súas cartas que logo depositan no Buzón Real. Co traballo xa feito disfrutan dunha boa chocolatada na mellor compaña !!!

 

CHOCOLATE DE REIS

Mañá é un día especial na escola. É o día de escribirlle a carta aos Reis Magos e, despois de botalas na caixa do correo, celebralo cun chocolate con churros. Así o contan os nenos e nenas de 5º de infantil.

 

Exposición de COGAMI

O CEIP Ramón de Valenzuela acolle dende hoxe día 9 ata o día 12 de Decembro, a exposición itinerante de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade). Esta exposición recorrerá diversos centros da nosa Comunidade con motivo da conmemoración do día Internacional da Discapacidade. Non dubides e pasa a vela !!!

 

 

DIGICRAFT NO COLE

DigiCraft no teu cole é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Amtega e a Fundación Vodafonte España que ten por obxecto potenciar o desenvolvemento da competencia dixital. Trátase dun programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas a través do xogo e a experimentación.

O alumnado de 4º, 5º e 6º participa neste programa en sesións dunha hora semanal Xa traballaron coa realidade aumentada, aprenderon a facer un videoxogos e a facer pescudas na rede en busca de información.

Premede na imaxe e veredes coma aprender é divertido!!

III Encontro de familias do Deza

O CFR de Pontevedra (sección Lalín)  organiza o vindeiro 14 de decembro no auditorio de Lalín unha mesa redonda/talleres baixo o título Educar no esforzo e na responsabilidade, desta maneira continua a labor de dar resposta a formación que demandan as familias. (Descarga o documento que se adxunta e poderás ver todo o programa ofertado).

Xornada Campo a Través Terra do Deza

O Recinto Feiral Semana Verde, foi o escenario da Fase Zonal Terra do Deza de Campo a Través en idade escolar, na que participaron cerca de 800 alumnos de Rodeiro, Agolada, Lalín, Silleda, Vila de Cruces e Dozón. A proba organizada pola Agrupación Deportiva Escolar O Pino contou ca presenza de todos os colexios da zona, no que se encontraban os alumnos e alumnas de segundo a sexto do noso colexio. O cross comenzou ás 10:30 e a entrega de medallas tivo lugar pasado o mediodía. Todos os participantes foron agasallados con bizcocho e chocolate pola organización, nunha xornada rodeada de gran ambiente e deportividade!!

(Na imaxe pódedes ver a Uxía, Luam, Jaime, Reina Esther e Alba que foron os gañadores do noso cole)

Día internacional das persoas con discapacidade

Hoxe martes 3 de decembro é o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade" e como todos os anos queremos mostrar o noso apoio a todas aquelas persoas que sintan que non son capaces, que pensen que o mundo está cheo de barreiras e que non atopan cabida na nosa sociedade.

NON ESTADES SÓS/AS!!!

(Mural feito polos nenos e nenas de 6º de primaria para conmemorar este día)

A comunidade educativa do CEIP Ramón de Valenzuela súmase a iniciativa de Lalín Diverso e todos xuntos alzamos as mans laranxas para loitar pola igualdade, pola tolerancia, a cooperación, a inclusión e sobre todo a DIVERSIDADE!!!

6º e o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O 3 de decembro celébrase o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade".

Grazas ao alumnado de 6º imos a saber un pouco máis do que significa e implica o termo "Discapacidade" e colaboraremos nalgunhas actividades, propostas por distintas asociacións, para conmemorar esta data. Así nolo contaron os alumnos e alumnas de 6º hoxe en Radio Garabullo. 

 

 

Menu escolar mes de Decembro

Decoración de Nadal 2019

 Un ano máis o centro cobra vida!!! Este ano aproveitando o proxecto " Desplastifícate" cada aula elaborou ,con material de refugallo, adornos de Nadal para decorar o centro.

Bótalle un ollo ao video para ver o gran traballo de todos!!!!
 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet