Curso 2019-20

"Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer" (9-3-2020)

Hoxe tivemos na hora da comida unha nova emisión en directo do programa "Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer" da man de Ainhoa e Brais. Podes escoitar o podcast en Radio Garabullo. Non volo perdades!!!

Entrevista Cristina Collazo

Hoxe tivemos no colexio a visita da actriz bandeirense Cristina Collazo. Visitou Radio Garabullo contando unha morena de curiosidades e respondendo a tódalas preguntas que fixeron o alumnado do primeiro curso de primaria.

Escoitade a entrevista e veredes canto aprendedes!!

 

Obra de teatro "María Pita" Cristina Collazo

Xa podes acceder aún pequeno resumo da obra de teatro "María Pita" interpretada por Cristina Collazo,que disfrutamos todo centro esta mañá no salón de actos . Preme no video e disfruta tanto como fixemos nós!!!

 

"María Pita" Obra teatral

Mañá, luns día 9 de marzo, o alumnado do noso centro disfrutará da obra teatral "María Pita", interpretada pola actriz silledense Cristina Collazo. Estará dentro do ciclo de actividades dedicadas a muller e que será o cume desta semana onde reivindicamos o papel de Rosalía, e de mulleres coma ela que loitaron, e loitan, por fomentar a igualdade entre ambos sexos, valores que dende o centro intentamos inculcar ao noso alumnado.

Cristina Collazo destaca que a obra "María Pita"  «é unha producción teatral que realiza un paralelismo coa heroína coruñesa e unha árbitra de fútbol que tamén se chama María Pita». «Ela reclamaba hai 500 anos que se lle pagara un salario ao igual que os soldados homes, como moitas Marías Pitas actuais», nunha peza con dúas partes diferenciadas a modo de partido de fútbol.

Esta obra conta con teatro de sombras, humor e historia do fútbol nunha mezcla onde tamén cabe a loita pola igualdade como trasfondo.

As Nosas Rosalías

Tendes dispoñibel no hall do centro a Exposición interactiva das Nosas Rosalías. Nela poderedes visualizar mulleres galegas que destacan no ámbito das Artes. A través da tablet do colexio e dos diferentes dispositivos electrónicos (móbil, reloxo...) descubriredes máis datos sobre cada unha delas no código QR que se atopan á dereita de cada lámina. Animádevos a participar na activiade!!!

 

 

Salón do Libro 2020 - O humor

 Unha nova edición do Salón do Libro, desta volta adicada ao humor, chega á cidade de Pontevedra do 6 de marzo ao 22 con máis de 300 actividades para todos os públicos.

Sobre a inauguración, que terá lugar este venes 6 co espectáculo "Un sorriso de conto"  dirixido por Marcelo Dobode, presentado por Soledad Felloza e Nee Barros, contará tamén coa Xingro´s Big Band o Coro da Xunqueira e Manuel Albariñas. Ao final do espectáculo, os asistentes baixarán á sala acompañados dunha comitiva festiva para agardar a apertura da sala por parte de Orbil cara as 19:30h.

Entrada libre ata completar cabida.

(Consultar a axenda de cada día e a información sobre cada actividade  máis ampla no archivo adxunto)

 

Escola de familias 2020

Dende o noso Centro queremos informaros dunha nova Edición da Escola de Familias que promove o Concello de Silleda, esta edición contará con tres ponencias a cargo de profesionais do ámbito psicoeducativo. A primeira delas será o proximo Sábado dia 14 de Marzo e está dirixida a familas de fillos de 0-12 anos, co título "As Emocións" A través desta charla coñeceremos o desenvolvemento emocional dxs nenxs  dende o se nacemento ata a etapa da preadolescencia, a importancia dun vínculo afectivo para un desenvolvemento positivo e para a formación dunha autoestima san; a necesidade de comprender e respectar os estados emocionais, así como xetionalos dunha maneira adecuada (sobre todo os ?temibles? berrinches na primeira etapa); a presenza de diferentes medos segundo cada etapa evolutiva e como actuar ante eles; de qué forma as persoas adultas lle infundamos prexuízos e temores; concienciarnos do modelado que exercemos como pais e nais así como coñecer cales son as nosas fortalezas para poder transmitirllas. A participación é gratuíta pero precísase inscrición previa no telf. 986592037 ou nas dependencias municipais de benestar (Centro Social dos Maiores de Silleda). Poderá asistir toda persoa interesada.

"De aquí para alá" Concerto didáctico

Xa podes acceder aún pequeno resumo da saída desta mañá dos compañeiros/as de Educación Infantil ao Auditorio de Santiago de Compostela para disfrutar do concerto didáctico "De aquí para alá".

 

Saída Infantil "De aquí para alá"

Mañá mércores 4 de Marzo o alumnado de Educación infantil do noso centro disfrutará dunha saída o Auditorio de Santiago de Compostela onde disfrutará dun concerto didáctico dentro das actividades programadas na Semana de Rosalía.

O concerto De aquí para alá” é unha proposta musical e teatral para público infantil e familiar interpretada por músicos profesionais coordinados por Lydia Botana, autora e directora deste espectáculo que víu a luz en novembro 2015 cando sae o libro-disco coas cancións e a historia pola que xira este concerto editado por Edicións Cumio.

 

DE AQUÍ PARA ALÁ é un proxecto de música infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ó público que nos acompañe na procura de novos sons!

O formato do concerto consta dunha posta en escea musical formada por unha instrumentación variada: dende o piano, a batería, o acordeón, os bongoes, campás, … Contamos con instrumentos típicos de cada lugar polo que iremos pasando coma a kalimba, o didgeridoo, as cunchas… xunto cun variado set de pequena percusión que abrangue dende pandeiretas, pao de choiva… e un sinfín de cacharradas que despertarán a curiosidade dos asistentes a este concerto.

 

A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais. Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados UnidosGalicia e lugares máxicos por descubrir.

Cantaremos co público o retrouso que nos levará ó seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais coma a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska

Unha divertida aventura na que descubriremos paisaxes sonoras distintas disfrutando e aprendendo ó mesmo tempo.

 

ENTREVISTA A ANPA Brincadeira en RADIO GARABULLO

Hoxe 3 de marzo tivemos a visita da Xunta Directiva da ANPA Brincadeira para entrevistalas na Radio. Que mellor que falar coas nosas mulleres nesta semana, chea de actividades, onde a muller é a protagonista.

Powered by Drupal - Design by artinet