X Carreira Xóvenes Atletas.

X Carreira Xóvenes Atletas.

O Porriño

1 de Marzo de 2015

 

O Vindeiro Domingo  día 1 de  Marzo, pola mañá, vai ter lugar a “X Carreira Xóvenes Atletas”, no centro de O Porriño, está destinada os/as nenos/as nados dende o ano 2000 ata o ano 2012. O horario das probas será o seguinte: Benxamín Feminino ( 2006-2007) ás 10:30h, Benxamín Masculino( 2006-2007) ás 10:40h, Alevín Feminino ( 2004-2005) ás 10:50h, Alevín Masculino ( 2004-2005) ás 11:00h, Infantil Feminino ( 2002-2003) ás 11:12h, Infantil Masculino ( 2002-2003) ás 11:25h, Prebenxamín Feminino ( 2008-2009) ás 12:30h, Prebenxamín Masculino( 2008-2009) ás 12:35h, Pitufos Feminino ( 2010-2011-2012) ás 12:40h e Pitufos Masculino ( 2010-2011-2012) ás 12:43h. Todos os participantes Terán que estar no lugar da proba como mínimo 15 minutos antes da mesma, para recoller o dorsal que o terán as profes do cole.

A proba terá lugar no centro de Porriño, a saída e a meta estarán situadas diante do Edificio do Concello de Porriño.

            Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), e tenis. De non ter equipación do cole, traerán camiseta branca. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

            Poden atopar máis información da proba na páx web do cole en “Deporte no 2”   http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar.

Para calquera dúbida chamar o tlfno 650602161  Bea.

 

Aquí podes descargar a folla de inscripción.

Descarga aquí o Circuito.

Ainda que foi un día chuvioso, varios atletas e familias do noso cole se desprazaron ata o circuito e disfrutaron de unha gran proba. Todos os participantes gañamos unha medalla e incluso varios fixeron podium..

Se pinchades aquí podedes ver as clasificacións.

Tamén vos deixamos algunhas fotos que recollen os mellores momentos.

Noraboa a todos os participantes.

 

Aquí podedes ver máis fotos: Albúm 1 e Albúm 2