Skip to Content

Marzo 2018

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 25 de marzo os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de A SAR de Redondela , na fase final clasificatoria da liga. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía.

Os parciais foron: SAR- C.B.Tui: 8-6/9-7/8-7/6-9.

Gran partido das guerreiras tudenses que ainda que perderon o encontro, xogaron un gran partido.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.

DEPORTE ESCOLAR. Xornada de Atletismo en pista

 DEPORTE ESCOLAR.

Xornada de Atletismo en pista

 A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 18-19

Luns día 26 de Marzo de 2018

O vindeiro luns día 26 de Marzo de 2018 terá lugar nas instalación da A Macoca, a xornada de Atletismo en pista, que se levara a cabo de 10:00h a 13:30h aproximadamente e os cursos participantes serán 5ºA,5ºB e 5ºC.

Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Gorra, Mochila de Educación Física e merenda.

Esta actividade está organizada pola Agrudepación Deportiva Baixo Miño ( Agrudebam), en colaboración co Servicio de Deportes de Pontevedra, o Concello de Tui, a Entidade Menor de Pazos de Reis e o Club Atletismo Tui, que organiza esta proba de Atletismo en Pista para o alumnado de 5º de Primaria do Concello de Tui.  Os centros educativos participantes serán Cep de Caldelas, Ceip Guillarei, Ceip Rebordáns, CPR Sta María Maristas, Ceip Nº2 de Tui, Ceip Nº1 de Tui e Ceip de Randufe, cun número aproximado de participantes que estará entorno aos 200 neno/as. As probas que se levaran a cabo son 60m lisos, 500m lisos, Relevos 4x100m, Lanzamento de peso, Lanzamento de Vortex e Salto de Lonxitude. Esta experiencia lévase a cabo todos os anos para o 5º nivel de primaria e supon a promoción e toma de contacto co Atletismo en pista, nun marco incomparable como son as pistas da Amacoca. Dita xornada xa se levou a cabo, nos días pasados, tamén para o alumnado do Concello Tomiño, sendo un éxito tanto na participación como disfrute da actividade. 

 

Campionato de Loita Curso 17-18 Mércores 28 de Marzo de 2018

 Campionato Escolar de Loita

Curso 17-18

Mércores 28de Marzo de 2018

O vindeiro mércores, día 28 de Marzo de 2018 terá lugar nas instalacións do Pavillón Vello de Tui a xornada de Loita que se levara a cabo de 10:00h a 13:30h aproximadamente e os cursos participantes serán 4ºA e 4ºB.

Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

 Esta actividade está organizada pola a Agrudepación Deportiva Baixo Miño ( Agrudebam), en colaboración co Servicio de Deportes de Pontevedra, e o Concello de Tui. A proba terá lugar nas instalación nas instalación do Pavillón Vello de Tui e  os centros educativos participantes serán Ceip Guillarei, Ceip Rebordáns, Ceip Nº2 de Tui e Ceip Nº1 de Tui, cun número aproximado de participantes que estará entorno aos 125 neno/as. As probas que se levaran a cabo son xogos de iniciación aos deportes de Agarre, dinámicas divertidas onde todo o alumnado tomará contacto e experimentará os deportes de Loita. Esta experiencia lévase a cabo todos os anos para o 4º nivel de primaria e supon a promoción e toma de contacto cos deportes de agarre, Loita e defensa persoal. Dita xornada xa se levou a cabo, nos días pasados, tamén para o alumnado do Concello Tomiño, sendo un éxito tanto na participación como disfrute da actividade.

 

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 18 de marzo os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de A Cañiza, na fase final clasificatoria da liga. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía.

Os parciais foron: C.B.Tui-Cañiza: 1-6/7-6/3-11/9-13.

Gran partido das guerreiras tudenses que ainda que perderon o encontro, xogaron un gran partido.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.

CALENDARIO DEPORTIVO EUROCIDADE

A Eurocidade Tui-Valença oferta unha trintena de actividades deportivas no seu calendario conxunto para 2018

 Aquí atoparedes o calendario detallado de todas as actividades.

O Tyde defenderá en xuño o título de campión do Torneo Internacional de Fútbol 7 de Versmold (Alemaña)

 

O Tyde defenderá en xuño o título de campión do Torneo Internacional de Fútbol 7 de Versmold (Alemaña)

 

O Tyde F.C. acudirá no mes de xuño novamente, por quinto ano consecutivo, ao Torneo Internacional de Fútbol 7 en Versmol, onde defenderá o título de campións logrado o ano pasado fronte a outros 21 equipos de distintos países europeos. Neste equipo participan alumnos do Ceip Nº2 de Tui, que xeración a xeración viaxan con gañas e ilusión para disfrutar neste gran campionato. Dende o noso cole desexamoslles moita sorte.

 

 

 

 

O judoca tudense Lino Martínez proclámase Campeón de Europa en M6 - 81kg. Sábado 10-03-18 Coppet Ginebra Suiza

O judoca tudense Lino Martínez proclámase

 Campeón de Europa en M6 - 81kg.

Sábado 10-03-18

 Coppet Ginebra Suiza

O pasado sábado día 10 de Marzo de 2018, o tudense Lino Martínez participou en Coppet, Ginebra ( Suiza) no Campionato de Europa WIBK, representando a Eurocidade Tui-Valença e repetindo o éxito do ano pasado, proclamándose Campión de Europa na categoría M6-81kg. Lino conseguiu gañar todos os seus combates, gañando o ouro despois de vencer ao representante francés. Lino foi galardonado como mellor deportista veterano na Gala do Deporte tudense do ano 2017. Noraboa Lino!!

Podedes atopar máis información en Infomiño Tui  pinchando aquí

 

 

As antigas alumnas do Ceip Nº2 de Tui Nuria e Gemma Martínez Fortuny na élite do balonmán Feminino. Club Godoy Maceira Balonmán Porriño Temporada 18-19

 

As antigas alumnas do Ceip Nº2 de Tui Nuria e Gemma Martínez Fortuny

na élite do balonmán Feminino.

Club Godoy Maceira Balonmán Porriño

Temporada 18-19

As antiguas alumnas do Ceip Nº2 de Tui, Nuria e Gemma Martínez Fortuny, que comezaron a xogar a balonmán no C.B. Tui, xunto a porteira Begoña Otero de Caldelas, xogan na temporada actual 18-19, na máxima categoría do balonmán español, da man do Club Godoy Maceira Balonmán Porriño.

Na actualidade o Godoy Maceira Balonmán Porriño xoga na máxima liga española de Balonmán Feminina a División de Honra feminina. Neste, equipo xogan as 3 tudenses que cada fin de semana tratan de sumar o maior número de puntos posibles para o equipo.

Os vindeiros días 20,21 e 22 de Abril de 2018 o equipo viaxará a Málaga para disputar a copa da raíña. Desexamoslles o mellor a todo o equipo. Un orgullo que tres tudenses sigan cumplindo os seus soños no máis alto do balonmán español .

Aquí vos deixamos o enlace a varias entrevistas  que a prensa lles fixo a Gemma e Nuria para que vos animedes a xogar a balonmán e disfrutar de este deporte como levan facendo elas dende fai tantos anos. Noticia 1, noticia 2, noticia 3.

 

NORABOA ! Campionato de España de Campo a Través

Campionato de España de Campo a Través

Mérida ( Extremadura)

11-Marzo-2018

Dúas tudenses (Leticia Fernández e Eva Cid) competiron no Campionato de España de Campo a Través coa selección Galega de Atletismo, logran en senior feminina a oitava plaza por equipos en Mérida. Unha pena que por lesión Uxía Bugarín e Iria Rodríguez non poideran disfrutar de este campionato. 

Aquí vos deixamos a noticia para que podades vela. 

Noraboa! 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 11 de Marzo os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de O Novás, na fase clasificatoria da liga. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía.

Os parciais foron: Novás-C.B.Tui: 7-2/4-3/3-4/10-5.

Moi bo partido, ao noso equipo segue a resistirselle a victoria co equipo do Rosal. Ainda así foi un partido moi ben xogado.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 4 de marzo os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de A Cañiza, na segunda volta da liga. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía.

Os parciais foron: Cañiza-C.B.Tui: 5-4/8-6/5-3/5-2

Gran partido das guerreiras tudenses que ainda que perderon o encontro, xogaron un gran partido.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.



by Dr. Radut