Skip to Content

Monthly archive

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O VERÁN

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O VERÁN

O  verán é a mellor época do ano para practicar deporte en familia e levar a cabo actividades lúdicas onde os nenos e as familias poidan pasar tempo xuntos. 

Consultade os horarios ou as actividades antes de desprazarvos ata estes fantásticos lugares. Recordade cumprir sempre coas medidas de seguridade.

Aquí vos deixamos varias propostas, por se son do voso interese, e entran dentro dos vosos plans para estas vacacións... 

 

En Galicia:  Aquapark Cerceda, Ecoparque Marín,Golfiños Park en Cangas,Marcelle Natureza Lugo
Norte de Portugal: Parque de Lazer de Vilanova de Cerveira, Magikland Penafiel, Parque Acuático de Fafe, Amarante Water Park,  Pena Aventura Park Vila Real, Azurara Parque Aventura Vila do Conde, Timeout Parque Aventura Ponte de Lima, Parque Aventura Diverlanhoso en Póvoa de Lanhoso,Rates Park en Póvoa de Varzim, Parque Biológico de Vinhais.

Para máis información sobre os diferentes parques, horarios, prezo, premede en cada foto.

Campo a Través

Trail do AloiaAloia Kids Trail 23.

Sábado, 11 de febreiro de 2023 ás 16:30h.

 

O pasado sábado, 11 de febreiro de 2022, as 16:30h, tivo lugar a Aloia Kids Trail, unha proba de correr, gozando do entorno do Parque Natural do Monte Aloia en Tui, nas instalacións deportivas da Amacoca. As Categorías foron: BABY POWER: de 5 a 8 años / BABY ROCKET: de 9 a 11 anos/ BABY WARRIORS: de 12 a 14 anos. Alí estiveron 80 corredores do noso colexio coa profe Lore e as súas familias. Gozaron da natureza, fixeron deporte e pasárono xenial. 

Deporte no 2 apoiando sempre iniciativas locais na natureza, de hábitos de vida saudables e felices. Noraboa a tod@s participantes e moitas grazas a todas as familias.

Lecturas Deportivas

Teresa Portela.▷ Canoas, Piraguas y Kayaks: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100%  GRATIS!

Mauro 5ºB

Hoxe, mércores 15 de marzo de 2023, Mauro de 5ºB, presentoulle a súa clase o seu traballo do 2ºtrimestre. Teresa Portela foi a protagonista da súa investigación. Mauro ten familia en Cangas, e pareceulle moi boa idea, falar sobre a gran traxectoria deportiva desta piragüista do Morrazo.

 

Aquí vos deixamos o documento que Mauro elaborou con entusiasmo sobre Teresa. 

Noraboa Mauro! Sen dúbida Teresa é unha das mellores atletas españolas de tódolos tempos.

RECREOS RESIDUOS 0 Curso 22-23

Dentro do proxecto Naturalíza-T arrancamos no terceiro trimestre coa iniciativa " Recreos residuos 0", unha idea de @teachersforfuturespain que nos pareceu moi interesante e  decidimos unirnos a ela.

 

 

 
(Preme nas imaxes para máis información)

Deporte en Tui

 

Carreira Solidaria Save the Children

 

Sábado 10 de xuño 2023 ( Tui )

              O sábado, día  10 de xuño de 2023, a partires das 10:30h, vai ter lugar a Carreira Save The Children no Paseo da Corredeira, organizada polo CEIP Nº1 de Tui, coa colaboración do Club Atletismo Tui-Thermalia e o Concello de Tui.  Gustaríanos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Os/as nenos/as e familias que se animen a participar terán que realizar a inscripción no seguinte enlace: https://clubatletismotui.wordpress.com/, na recollida do dorsal, realizarase un donativo a Save The Children, que será a beneficiaria de todo o importe recaudado. 

 

Deporte na escola

Sport Running Sticker by Deutsche Hochschule für Prävention und  Gesundheitsmanagement for iOS & Android | GIPHYAprázase a xornada de Campo a Través

Escolar Zonal 23-24.Woman Running Sticker by EmojiVid for iOS & Android | GIPHY

Área Recreativa Borralliño Soutelo Salceda de Caselas

Xoves 26 e venres 27 outubro 2023.

A xornada de Campo a Través, en horario escolar de mañá, que ia ter lugar os vindeiros días: xoves 26 de e venres 27 de outubro de 2023, no área recreativa do Borraliño en Soutelo en Salceda de Caselas, destinada os/as nenos/as de 2º,3º, 4º 5º e 6º de Educación Primaria, queda aprazada para os xoves 9 e venres 10 de novembro respectivamente, por mor da choiva. Sentimos as molestias que isto poida cansar, para calquera dúbida poden chamar ao centro educativo. Moitas grazas.

CLUB DE CIENCIAS

CLUB DE CIENCIAS

ELABORACIÓN DE ACEITES BIO

E gracias aos coñecementos de César e as nosas investigacións fixemos os nosos propios aceites naturais sen químicos.

Elaboramos aceite de menta, de lavanda, eucalipto, laranxa e loureiro.

Agora tóca esperar unhas semanas para poder probalos e cheiralos.

Estamos moi ilusionados!!

 

 

 

 

 

 

Deporte na Escola

Gifs Animados de BadmintonDEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 22-23

O vindeiro, martes 24 de xaneiro dará  comenzo a competición escolar de Badminton, a 1ª xornada da categoría alevín ( 5º e 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio, pasará por Rafi, Rotonda Bornetas, Rotonda igrexa Areas.  A volta será aproximadamente ás 19:15h. Todos os participantes terán que traer: merenda, auga, calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.



by Dr. Radut