Skip to Content

Monthly archive

COMEZAN A ASOMAR OS CASTAÑOS

 

O CEIP DO BELELLEBROTAN OS CASTAÑOSAhiVa! PequeNautas - Gifs animados, animaciones - Naturaleza - Arboles

Curso 22-23

Xa comezan a asomar as castañas que plantamos na xornada de talleres do inicio do curso.

 

PLANTAMOS ACELGAS

Gifs animados de Espinacas, animaciones de EspinacasINFANTIL PLANTA ACELGAS E ESPINACASColección de Gifs ®: IMÁGENES DE ESPINACA

Curso 22-23

 

Os nenos e nenas de 5 anos plantaron espinacas e acelgas en envases de iogures, o pasado xoves 2 de marzo de 2023 .

Seguimos reciclando e reutilizando, temos que coidar o planeta entre todos e darlle unha segunda oportunidade aos obxectos.

Agora toca esperar a que crezan para facer deliciosas receitas con elas.

Deporte en Familia

Niña Linda Que Monta Un Caballo. Ilustración Vectorial Ilustraciones Svg,  Vectoriales, Clip Art Vectorizado Libre De Derechos. Image 45048263.Actividades na natureza.Hermosos caballos en GIFs - Sementales al galope - 130 GIFs

Actividades en Familia.

Club Hípico Equigalia.

Aquí, as portas das vacacións de Semana Santa do ano 2023, queremos deixarvos unha recomendación para realizar deporte en familia e na natureza. En Tui contamos co Club ecuestre Equigalia, onde podemos gozar do contacto cos cabalos, os seus coidados, practicar a monta e deportes hípicos. Deixámosvos a continuación como contactar con club, e animámovos a visitalo. Moi, moi recomendable para actividades en familia e no entorno natural.

BATIDO DE FRESAS DA NOSA ECOHORTA

Que ledicia ver que os esforzos dan o seu proveito!. Os cativos de primeiro recolleron o pasado venres 12 maio a primeira colleita das fresas que plantaron. Con elas fixeron un batido de fresas e leite no eco-comedor que deixou un cheiro exquisito en todo o colexio. Puideron ver, tocar e cheirar as fresas e incluso puxeron en xogo o sentido do oído co son do batedor.

(preme na imaxe para máis información)

RECOLLEMOS FOLLAS PARA O COMPOSTEIRO

FOLLAS PARA O COMPOSTEIRO

Curso 23-24

Como casa curso, recollemos follas secas para todo o ano. Temos que ilas mesturando no composteiro cos restos orgánicos para que manteña a súa temperatura e funcionamento correcto.

 

Campo a Través

▷ Correr: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!CAMPIONATO PROVINCIAL ▷ Correr: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS! DE CAMPO A TRAVÉS.

Parque de Castrelos ( Vigo)

12/02/23

 O vindeiro, domingo 12 de febreiro de 2023, levarase a cabo o Campionato Provincial de Campo a Través da presente campaña escolar de Campo a Través, no circuíto do Parque de Castrelos en Vigo.

A competición para o alumnado do CEIP Nº2 empezará ás 11:10h coa proba Alevín Feminino ( alumnas de 4º e 5º), ás 11:25h a proba Alevín Masculino ( alumnos de 4º e 5º), ás 11:40h a proba Benxamín Feminino ( alumnas de 2º e 3º) e ás 11:55h a proba Benxamín Masculino ( alumnos de 2º e 3º).

Aquí vos deixamos o circuíto, as horas e distancias.

 O autobús pasará polas paradas de Rotonda Areas, Rotonda Bornetas ás 9:15h e sairá do colexio ás 9:25h e a volta será ás 13:30h aproximadamente. Se algún participante vai coa súa familia, directamente ao circuíto terá que estar alí media hora antes da súa proba.

         Tódolos nenos/as teñen que traer chándal (o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

         ¡¡¡IMPORTANTE!!! A roupa do colexio será devolta antes do mércores día 15 de Febreiro.

         Poden atopar máis información da proba na web do cole: en Deporte no2

Para calquera dúbida podedes contactar con nós no Teléfono: 650602161

Lecturas Deportivas

▷ Canoas, Piraguas y Kayaks: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100%  GRATIS!A Historia do Piragüismo.

Martina 5ºA.

O pasado día 2 de marzo de 2023, Martina de 5ºA quixo compartir con nós un fermoso traballo, sobre a historia do piragüismo e dos grandes deportistas, que este deporte lle deu a Tui.

Como podedes ver, un gran traballo. Noraboa Martina. 

Deporte en Tui

Carreira Popular de San Telmo 23

Sábado 15 de Abril 2023 ( Tui ).

             O pasado sábado de San Telmo, día  15  de Abril de 2023, a partires das 11:00h, tivo lugar a Carreira Popular de San Telmo 2023.  Dita xornada estivo destinada os/as nenos/as  e adult@s  que se animaron participar. A proba estivo organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui.

Aquí vos deixamos as fotos da xornada. A nosa noraboa a tod@s   @s participantes, familias e sobretodo á fantástica organización.



by Dr. Radut