Skip to Content

Monthly archive

Xogos de Outono

Castañas - meme | generador memesXogos de OutonoImagenes de Bellotas Animadas | Ardillas, Ardillas animadas, Imagenes  animadas

para o alumnado de 5º Educación Infantil.

" O Xogo é o mecanismo natural de aprendizaxe. O ser humán naceu para aprender xogando". María Couso.

POIS ....A XOGAR!!!

Así é como o alumnado de 5º de Educación Infantil do noso centro aprende, con elementos do outono.

Aliméntate ben.

Patata GIFs | TenorO alumnado de Infantil coa axuda Saco de patatas. bolsa de arpillera de dibujos animados llena de papa  madura montón, ingredientes alimentarios, ilustración vectorial aislado  sobre fondo blanco | Vector Premium

Patata GIFs | Tenor

das familias plantan patacas, verdura e cebolas.

O pasado mércores 8 de febreiro de 2023 un equipo de familias, estiveron traballando arreo na horta da escola. Con aparellos de labranza, prepararon o terreo para que o alumnado de infantil plantaran patacas. Moitísimas grazas a todas as familias polo seu esforzo e o seu tempo.

Hoxe venres día 10 de febreiro, o alumnado de infantil coas súas profes plantaron as patacas. Traballaron arreo, tiveron unha pequena axuda do alumnado de 5ºA, que se preocupou de que as patacas quedaran ben sementadas.

Gran traballo equipo! Moitas grazas a todas as familias, que fixeron posible que o noso alumnado vivira este gran día. 

Lecturas Deportivas

Husqvarna Motorcycles GIFs - Find & Share on GIPHYMotocross

Andrés 5ºB

Andrés de 5ºB, aportounos un traballo excelente, sobre unha das súas grandes paixóns, o motrocross. Neste artículo, da conta de información moi interesante, que vos convidamos a ler. 

Moi bo traballo Andrés! Sigue aportando grandes lecturas sobre o motor.

RESIDUOS 0

RECREOS RESIDUOS 0

Curso 22-23

Dentro do proxecto Naturalíza-T arrancamos no terceiro trimestre coa iniciativa " Recreos residuos 0", unha idea de @teachersforfuturespain que nos pareceu moi interesante e  decidimos unirnos a ela.

Os alumnos de 4º fixeron de ponentes por todas ás aulas explicando esta nova iniciativa e motivando aos alumnos a traer merendas saudables que non xeneren resíduos.

Comezamos facendo unha recollida de lixo no patio para comezar con éxito esta nova actividade, que busca reducir os resíduos, ademáis de fomentar hábitos de vida saudable nas nosas familias, en definitiva, coidar o planeta.

 

Actividades no medio natural

Ruta do Río Lagartón

Martes 30 de maio 2023.

 O pasado, martes día 30 de xuño de 2023  tivo lugar a ruta do Río Lagartón, para todo o alumnado de 2º. Tivo lugar en horario de 9:15 a 14:15h. Consistiu nun paseo,  dende o colexio polo Camiño de Santiago, Veiga do Louro, Río Lagartón e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos durante a actividade.

Unha fantástica xornada onde todo o alumnado gozou das propostas, da natureza, das árbores, prantas e alimentación saudable, facendo unha boa xestión dos residuos. 

Moitas grazas a Raquel, Noelia, Nick, Paula e Elena, grazas a eles todo foi máis doado.

HOTEL DE INSECTOS

 

HOTEL DE INSECTOS

O ano pasado participamos nun concurso de redacción promocionado por “Miel de Galicia”,  enviamos  unhas redaccións sobre unha abella chamada Melucha.

Conseguimos un hotel de insectos e uns botes de mel,que degustaremos na festa de fin de curso nuns anaquiños de pan tostado.

 

Este ano mercamos algún máis e  colocámolos na moreira do colexio e nalgunha outra árbore, para ver a que insectos lles apetece ser os primeiros en reservar unha habitación.

 

 

Deporte na Escola

Xornada de Xogos Populares e Magosto.

INFANTIL 5 - COLÉGIO SER: VIDEOAULA - FICHA 97 + PORTFÓLIO - 08/06/2020

O pasado martes día 10 de outubro de 2023, levouse a cabo a xornada de xogos populares para o alumnado de Infantil no colexio. Sería o mércores día 11 de outubro cando tivo lugar a xornada para o alumnado de primaria. O alumnado de 6º foi o encargado de ensinar aos demáis cativos moitos, moitos xogos antigos, para nenos e nenas de agora. O certo é que o fixeron xenial como profes. Noraboa!.

 

Unhas  xornadas enmarcada no Proxecto "Diver-xente" que este ano puxo en marcha o colexio, para dar resposta a Axenda 2030 dos obxectivos de desenvolvemento sostible. Activa-T e Naturaliza-T promoveron estas xornadas onde os ods de saúde e benestar, entorno natural e a reciclaxe de xoguetes de antes, foron os protagonitas dunha xornada lúdico-festiva.

Tamén se levou a cabo a tradicional baixada de carrilanas, feitas en familia con materiais de refugallo.

E non podía faltar coma fin de festa o tradicional magosto, con castañas colleitadas nos nosos bosques en familia, unha delicatesem culinaria que fixo as delicias de maiores e pequenos.

Grazas a toda comunidade educativa, por xornadas coma estas.

CLUB DE CIENCIAS

CLUB DE CIENCIAS

RECOLLEMOS PLANTAS AROMÁTICAS

Curso 23-24

Ciencia rara

 

No club de ciencias visitamos a horta e recollemos algunhas das plantas aromáticas que plantamos xa hai dous cursos, lavanda e menta. Con elas imos preparar aceites e esencias.

Atopámonos coa biodiversidade propia da horta, caracois, arañas, ourugas e ata unha abella que a temos no laboratorio para investigar a fondo as súas características.

 

 

 

 

 

 

 

Deporte en Tui

Trail do Aloia Aloia Kids Trail 23.

Sábado, 11 de febreiro de 2023 ás 16:30h.

 

O vindeiro sábado, 11 de febreiro de 2022, as 16:30h, terá lugar a Aloia Kids Trail, unha proba de correr, gozando do entorno do Parque Natural do Monte Aloia en Tui, nas instalacións deportivas da Amacoca. As Categorías serán:

Sábado, 11 de febreiro ás 16:30h.

BABY POWER: de 5 a 8 años / BABY ROCKET: de 9 a 11 anos/ BABY WARRIORS: de 12 a 14 anos.

Domingo,  12 de febreiro ás 10:00h

A proba de 20k a saída será ás 10:00 da mañá  e reservada para corredores maiores de 18 anos.

A proba de 10k a saída será ás 11:00 horas e reservada para maiores de 15 anos.

 

 

Para o alumnado deixámosvos a folla de inscripción aquí.

Para os adultos a inscrición na proba poderá realizarse cubrindo o seguinte formulario:

https://www.deporticket.com/web-evento/7923-aloia-trail

Atoparedes toda a información en : http://www.traildoaloia.com/

Dende o Equipo de Deporte no 2, animamos a todo o alumnado e familias a sumarse a esta iniciativa de vida sa e saudable, que temos a oportunidade de gozar en Tui.

Aliméntate ben

▷ Girasoles: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!Medran os xirasois, os tirabeques,

os chícharos e as fabas do alumnado de 4º.Habas GIFs - Get the best GIF on GIPHY

Durante o mes de febreiro foron nacendo as plantas que o alumnado de 4º sementou en botes de reciclaxe. Apareceron as plantiñas de xirasois, tirabeques, chícharos e fabas e case están listas para levar á horta.

 



by Dr. Radut