Deporte na Escola

Xornada de Xogos Populares e Magosto.

INFANTIL 5 - COLÉGIO SER: VIDEOAULA - FICHA 97 + PORTFÓLIO - 08/06/2020

O pasado martes día 10 de outubro de 2023, levouse a cabo a xornada de xogos populares para o alumnado de Infantil no colexio. Sería o mércores día 11 de outubro cando tivo lugar a xornada para o alumnado de primaria. O alumnado de 6º foi o encargado de ensinar aos demáis cativos moitos, moitos xogos antigos, para nenos e nenas de agora. O certo é que o fixeron xenial como profes. Noraboa!.

 

Unhas  xornadas enmarcada no Proxecto "Diver-xente" que este ano puxo en marcha o colexio, para dar resposta a Axenda 2030 dos obxectivos de desenvolvemento sostible. Activa-T e Naturaliza-T promoveron estas xornadas onde os ods de saúde e benestar, entorno natural e a reciclaxe de xoguetes de antes, foron os protagonitas dunha xornada lúdico-festiva.

Tamén se levou a cabo a tradicional baixada de carrilanas, feitas en familia con materiais de refugallo.

E non podía faltar coma fin de festa o tradicional magosto, con castañas colleitadas nos nosos bosques en familia, unha delicatesem culinaria que fixo as delicias de maiores e pequenos.

Grazas a toda comunidade educativa, por xornadas coma estas.