Skip to Content

Monthly archive

A tudense Begoña Otero, Bronce no Campionato de España Cadete Femenino de Balonmán

A tudense Begoña Otero,  xogadora do Clube Balonmán Tui, participou coa Selección Galega Cadete Femenina de Balonmán no Campionato de España, que tivo lugar en Castellón, dende o 1 ao 7 de Xaneiro de 2015.

Begoña que é porteira tanto no Club Balonmán Tui, como na Selección Galega, xa ten experiencia en este tipo de campeonatos. 

No Campeonato de España a Selección Galega Cadete fixo un gran torneo. Xogando o terceiro e cuarto posto contra a Selección de Castela a Mancha, a que se impuxo contundentemente e que lle permitiria colgarse a Medalla de Bronce.

A nosa Noraboa para esta gran xogadora e campiona, con un futuro prometedor!!. Así mesmo, os nosos parabéns para todo o equipo.

II Xornada de Bádminton Benxamín e Infantil

 II Xornada de Bádminton Benxamín e Infantil

Martes 3 de Febreiro de 2015

Pav Ceip Randufe

Hoxe, martes 3 de Febreiro, terá lugar no Pav do Ceip de Randufe, a II Xornada de Bádminton para as categorias Benxamín e Infantil. A competición levarase a cabo dende as 17:00h as 19:30h. O autobus sairá do colexio as 16:30h e a volta ao mesmo sera as 19:45h. Para calquera dúbida poderan chamar ao telefono 650602161

As mellores canastas de Brodie Smith

Hoxe venres día 13 de Marzo, Borja de 5ºC nos traia unha noticia sobre baloncesto.

Na web descubriu algo interesante que lle apetece compartir con todos vós. As mellores canastas de Brodie Smith, o curiso e que estas canastas, agora que estamos a traballar baloncesto en clase, e que non son con un balón de baloncesto, senon con un frisbee.

Pinchade aquí para disfrutar de este  video vós tamén.

UN DELFÍN SALE DEL SOMBRERO

   Con esta historia, Clara Redondo e Mª Reyes Guijarro, ofrécennos unha oportunidade para traballar os dereitos dos nenos e nenas con discapacidade.

   Trátase doutra publicación da CEAPA.

 

Preme na imaxe

Campeonato Provincial Xogade. Grupos Show . Patinaxe Artística

Campeonato Provincial Xogade

Grupos Show

Patinaxe Artística

O Vindeiro Domingo 10 de Maio, tivo lugar no Pavillón Novo de Tui, ás 18:30h o Campeonato Provincial Xogade de Grupos Show, de patinaxe artística, que organiza o Club Ribex de Tui.

O equipo de Primaria do Club Ribex de Tui, do que forma parte a alumna de 4ºC Patri, proclamouse Campeón Provincial Xogade 2015, co baile Show " Para mi"

A nosa Noraboa a este gran equipo de Campeóns!!

   

IV TORNEO EUROCIDADE DE FUTBOL 7

 

IV TORNEO EUROCIDADE DE FUTBOL 7

Esta fin de semana, Sábado 19 e Domingo 20 de Setembro na Eurocidade Tui-Valença, terá lugar o torneo de Futbol 7, no que participan moitos alumnos do noso cole. Moitos deles xogan no Tyde F.C., outros no Gondomar, no Caldelas, no Ribadelouro, xogarán con equipos como o Benfica ou o Cerveira de Portugal, o Coruxo... entre outros.

O Sábado xogaran no Campo do Valenciano en Portugal e de gañar as finais serán no Campo do Tyde. Animadevos a disfrutar de este gran Torneo.

 

 

O Equipo Alevín do Tomiño B comeza a Temporada 15-16.

O Equipo Alevín do Tomiño B comeza a Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Porriño Industrial A, onde xoga o alumno David de 5ºC, comezou a pasada fin de semana, 18 de Outubro de 2015 a temporada 15-16.

Este foi o resultado, na primeira xornada de liga: 

Tomiño B F.C.- As Neves F.C.  Resultado 2-0

Con este resultado, o equipo Tomiñés comeza con moi pé na liga. Os nosos parabéns.

Información facilitada por David de 5ºC.

 
 

O Equipo Alevín do Tyde F.C. Xoga o V encontro da Temporada 15-16.

O Equipo Alevín A do Tyde  F.C. xoga o V encontro da Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Tyde F.C., xogou o V encontro da Temporada o pasado fin de semana, 15 de Novembro de 2015 a temporada 15-16.

Este ano o equipo xogará na categoría 2ª División Alevín Vigo, no Grupo 57. Na III xornada de liga o encontro foi: 
  Tyde A F.C.- Pontellas F.C Resultado 2-0.

Con este resultado, os equipo tudense segue con moi pé na liga, neste equipo xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Os nosos parabéns.

 

1trimestre juegos

 SUBNAUTICA








Tipo:
 
Atención:No recomendado para menores de 10 anos.
Venta en  STEAM valor de xogo 19,99 euros



Subnautica vai de un astronauta ao que a súa nave se estrela nun planeta repleto de auga e ten que construir a súa base, submarinos,... Enfrentarase a perigosas criaturas das profundidades mariñas.


 MINECRAFT





Tipo :exploración
Coste do xogo 19,99 euros

 
 Minecraft é un xogo no que unha persoa ten que sobrevivir nun mundo cheo de bloques, construir a súa casa e enfrontarse a inimigos moi fortes,...

 



by Dr. Radut