Skip to Content

Monthly archive

O tudense Miguel Rivero Campeón de España de Enduro Máster 50

O tudense Miguel Rivero Campeón de España de Enduro Máster 50.

O tudense Miguel Rivero, do conxunto Peña Ciclista Biciosos de Tui, proclamouse o pasado día 4 de Outubro de 2015, Campeón de España de Enduro Máster, na proba de máis de 50 anos. A nosa noraboa a este gran corredor e a todo o equipo Ciclista Biciosos.

Noticia facilitada por Rubén de 5ºC. 

O Equipo Alevín do Tyde F.C. Xoga o III encontro da Temporada 15-16.

 

O Equipo Alevín do Tyde  F.C. xoga o III encontro da Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Tyde F.C., xogou o III encontro da Temporada o pasado fin de semana, 1 de Novembro de 2015 a temporada 15-16.

Este ano o equipo xogará na categoría 2ª División Alevín Vigo, no Grupo 57. Na III xornada de liga o encontro foi: 
 Tyde F.C.- Tomiño F.C.  Resultado 4-1.

Con este resultado, os equipo tudense comeza con moi pé na liga, neste equipo xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Os nosos parabéns.

Visita ao teatro

 

O pasado luns 30 de novembro os nenos e nenas de primeiro ciclo fomos a Vigo a ver unha fermosísima obra de teatro, "Lío en la granja". A obra conta a historia da convivencia de varios animais nunha granxa, a partir da desaparición dun ovo da señora pita. A obra encantounos e aprendemos o valor da convivencia entre todos e todas, e a resolución pacífica de conflitos. Viva a convivencia e viva o teatro!!Sorriso

xogos

Aquí tedes un listado de xogos online. Preme nas imaxes.

  • Neste enlace á páxina "Mundo primaria" atoparás xogos de ortografía, gramática, vocabulario, matemáticas, inglés, ciencias naturais e ciencias sociais. 

  •  Aprende a debuxar as letras en minúscula, maiúscula e imprenta.

 

 

  • Escrilandia: Axúdanos a mellorar a comprensión e velocidade letora, identificar personaxes dunha historia a facer pequenas composicións...

 

 

 

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias, as da última xornada que tivo lugar o pasado sábado  31 de Xaneiro nos deixa os seguintes resultados:

Carballiño-Tui: 0-9;0-11;1-6;2-9

Noraboa Campións

Noticia facilitada polas familias de Xabi e Iago de 6ºB

O Equipo Alevín do Club Baloncesto Tui está a xogar a Liga Galega

O equipo alevín do Club Baloncesto Tui, xogou o pasado 27 de Febreiro co Equipo Bosco. O equipo tudense gañou na casa 68-42.

Noraboa Campións.

 

XII Andaina Solidaria Tudense " In Memoriam" José Urceira "Pepiño"

XII Andaina Solidaria Tudense " In Memoriam" José Urceira " Pepiño"

O Club Andatui organiza o vindeiro, o vindeiro sábado 16 de Maio, a XII Andaina Solidaria Tudense, este adícada a un gran amigo, a unha gran persona e gran deportista José Urceira " Pepiño".

A saída será do Centro Interfederado ás 10:00h, dirección ao Monte Aloia. Aquí vos deixamos un enlace a súa páxina onde podedes atopar máis información. Dende o cole animarvos a todos/as a participar nesta aventura, que vos vai permitir de paraxes naturais e idílicos tudenses.

Aquí podes atopar máis información.

O Equipo do Tyde Alevín viaxa a Versmold do 5 ao 7 de Xuño.

O equipo Alevín do Tyde

Viaxe a Versmold

5-7 de Xuño

O equipo do Tyde, formado por alumnos do Ceip Nº2 de Tui, viaxa o vindeiro día 4 de Xuño, á cidade alemana de Versmold, por segundo ano consecutivo, para participar no Torneo Alevín que organiza o equipo de Fútbol de esta cidade.

A categoría alevín alemana non corresponde exactamente coas do noso país, polo que os nenos que viaxarán son alumnos de 5º e 4º, algúns deles repiten despois de viaxar o ano pasado.

O Torneo levarase a cabo entre o 5 e o 7 de Xuño e nel participarán 20 equipos de 7 nacionalidades diferentes.

Todos eles esperan a chegada de este día con moitas gañas, nerviosismo e ilusión. Forman parte do equipo:Antón de 4ºA, Nico e Iván de 5ºA,Iago, Izan e Adrián de 5ºB e Gonzalo e Borja de 5ºC. Para o cole é un privilexio e unha honra que os nosos alumnos poidan disfrutar de esta grande oportunidade.

As nosas felicitacións para todo o Club do Tyde polo seu gran traballo, pero en especial a nosa felicitación, nesta ocasión, vai para o equipo que viaxa, para que o pasen ben, que o disfruten e que o seu deporte favorito, o fútbol, faga posible que estes grandes xogadores fagan amigos, sexan grandes compañeiros e sobre todo grandes persoas.

Aquí vos deixamos un enlace ao artículo publicado na Voz de Galiza fai uns días, sobre esta aventura.

Despois de varios días en terras alemanas, o noso equipo regreso a casa, moi satisfeito polos seus resultados, polo moito que disfrutaron e polo ben que o pasaron.

Aquí vos deixamos boa mostra diso e do eco que a prensa tanto alemana como española se fixo de este acontecemento.

PROMOCIÓN BALONMÁN

Promoción de Balonmán

O pasado Venres, día 11 de Setembro de 2015, tivemos promoción de balonmán no cole. Estiveron con nós os monitores das Escolas Deportivas do Clube Balonmán Tui, con eles pásamolo xenial.

 

Para formular a túa inscripción preme aquí.

 

CALENDARIO CEAPA 2016

Calendario de Competencias Clave

para a aprendizaxe permanente CEAPA 2016

         Unha vez máis remitímonos á web da CEAPA para achegar este calendario de 2016 con suxerencias de actividades para realizar en familia e axudar a desenvolver  competencias clave nas nosas fillas e nos nosos fillos (en función da idade de cada un).

     As competencias clave, en tanto que combinación de coñecementos, capacidades e actitudes axeitados para unha determinada situación, son fundamentais para todas as persoas nunha sociedade baseada no coñecemento.

       As oito competencias reflectidas son as propostas pola Unión Europea:

  1. Competencia en comunicación en lingua materna.
  2. Competencia en comunicación en linguas estranxeiras.
  3. Competencia matemática e competencia básica en ciencia e tecnoloxía.
  4. Competencia dixital.
  5. Competencias sociais e cívicas.
  6. Conciencia e expresión culturais.
  7. Competencia para aprender a aprender
  8. Sentido da iniciativa e espíritu de empresa.

     Preme na imaxe para acceder ao calendario.

      

     



by Dr. Radut