Skip to Content

Monthly archive

O equipo Alevín B do Club Balonmán Tui está a xogar a liga de Balonmán Alevín

     
 

 O equipo Alevín B do Club Balonmán Tui está a xogar a  liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín B do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 1 de Novembro de 2015, no Pavillón de Redondela, contra o equipo da S.A.R. o partido correspondente a liga da competición da Federación Galega de Balonmán

C.B. S.A.R-C.B.Tui O resultado  foi favorable ao equipo Redondelán: 8-4

Neste equipo xogan Lucía, Lucía, Maia e Aya. Imos animalas que de seguro moi pronto chegarán os resultados favorables!!

Deporte en Familia. Circo do Sol

Deporte en Familia

Circo do Sol

Coruña

 22-28 de Decembro 2015

Un bosque fascinante habitado por maravillosas criaturas encantadas.

FUNCIONS Do 22 DE Decembro Ao 28 Decembro DE 2015

 

Atoparedes máis información en : https://www.cirquedusoleil.com/es-ES/shows/varekai/tickets/a-coruna.aspx

O Equipo Alevín do Club Baloncesto Tui está a xogar a Liga Galega

O equipo alevín do Club Baloncesto Tui, xogou o pasado 7 de Marzo co Equipo de Ourense. O equipo tudense gañou 80-34.

Noraboa Campións.

Gañadora do Concurso de Creación Novo Logo Agrudebam

A Agrupación Deportiva Baixo Miño convocou un concurso no que  participaron varios coles da Agrupación e moitos nenos/as do noso colexio. 

O logo gañador foi o realizado por Sofía Rodríguez Portela de 5ºC do noso cole, gañadora de un chandal e de unha camiseta da Agrupación  Deportiva. Noraboa Sofía!

Así mesmo, o noso cole foi o de maior participación polo que tamén foi gañador de un lote de material deportivo. Noraboa a todos/as nenos/as que participastes.

CONVIVENCIA

RECURSOS PARA DESENVOLVER HABILIDADES DE CONVIVENCIA

       A Obra Social "La Caixa" oferécenos unha serie de recursos para traballar a educación socioemocional, tanto dentro coma fóra das aulas.

       Premendo na imaxe podemos acceder aos mesmos.

 

 

 

España Campiona no Campionato Eurbasket 2015

España Campiona no Campionato Eurbasket 2015

A Selección Española de Baloncesto, proclamouse onte Domingo, 19 de Setembro, Campiona no Campionato Eurobasket 2015.  Neste encontro España gañou 80-63 á Selección de Lituania. Ao gañar o campionato acadou a clasificación para os Xogos Olimpicos que terán lugar o vindeiro 2016 ano, en Río de Xaneiro. Noraboa a estes grandes!!.

Charla sobre a web dinámica do centro

O martes 27 de outubro temos unha pequena charla sobre a web do noso centro.

O Equipo Alevín do C.B. Tui xoga a liga de Baloncesto

O Equipo Alevín do C.B. Tui xoga a liga de Baloncesto.

O equipo Alevín, do Club Baloncesto Tui, está a xogar a liga regular de baloncesto. Neste equipo xogan Laura C, Adriana, Sara e Marta, do noso cole.

O pasado fin de semana do 15 de Nov, xogaron co equipo do Celta. O resultado non acompañou as xogadoras tudenses, que a ben seguro xogaron de maravilla.

Celta-C.B.Tui. 65-14.

A seguir xogando con ilusión e facendo baloncesto coma a vós vos gusta.

 



by Dr. Radut