Skip to Content

Monthly archive

UN DELFÍN SALE DEL SOMBRERO

   Con esta historia, Clara Redondo e Mª Reyes Guijarro, ofrécennos unha oportunidade para traballar os dereitos dos nenos e nenas con discapacidade.

   Trátase doutra publicación da CEAPA.

 

Preme na imaxe

Campeonato Provincial Xogade. Grupos Show . Patinaxe Artística

Campeonato Provincial Xogade

Grupos Show

Patinaxe Artística

O Vindeiro Domingo 10 de Maio, tivo lugar no Pavillón Novo de Tui, ás 18:30h o Campeonato Provincial Xogade de Grupos Show, de patinaxe artística, que organiza o Club Ribex de Tui.

O equipo de Primaria do Club Ribex de Tui, do que forma parte a alumna de 4ºC Patri, proclamouse Campeón Provincial Xogade 2015, co baile Show " Para mi"

A nosa Noraboa a este gran equipo de Campeóns!!

   

IV TORNEO EUROCIDADE DE FUTBOL 7

 

IV TORNEO EUROCIDADE DE FUTBOL 7

Esta fin de semana, Sábado 19 e Domingo 20 de Setembro na Eurocidade Tui-Valença, terá lugar o torneo de Futbol 7, no que participan moitos alumnos do noso cole. Moitos deles xogan no Tyde F.C., outros no Gondomar, no Caldelas, no Ribadelouro, xogarán con equipos como o Benfica ou o Cerveira de Portugal, o Coruxo... entre outros.

O Sábado xogaran no Campo do Valenciano en Portugal e de gañar as finais serán no Campo do Tyde. Animadevos a disfrutar de este gran Torneo.

 

 

O Equipo Alevín do Tomiño B comeza a Temporada 15-16.

O Equipo Alevín do Tomiño B comeza a Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Porriño Industrial A, onde xoga o alumno David de 5ºC, comezou a pasada fin de semana, 18 de Outubro de 2015 a temporada 15-16.

Este foi o resultado, na primeira xornada de liga: 

Tomiño B F.C.- As Neves F.C.  Resultado 2-0

Con este resultado, o equipo Tomiñés comeza con moi pé na liga. Os nosos parabéns.

Información facilitada por David de 5ºC.

 
 

O Equipo Alevín do Tyde F.C. Xoga o V encontro da Temporada 15-16.

O Equipo Alevín A do Tyde  F.C. xoga o V encontro da Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Tyde F.C., xogou o V encontro da Temporada o pasado fin de semana, 15 de Novembro de 2015 a temporada 15-16.

Este ano o equipo xogará na categoría 2ª División Alevín Vigo, no Grupo 57. Na III xornada de liga o encontro foi: 
  Tyde A F.C.- Pontellas F.C Resultado 2-0.

Con este resultado, os equipo tudense segue con moi pé na liga, neste equipo xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Os nosos parabéns.

 

1trimestre juegos

 SUBNAUTICA








Tipo:
 
Atención:No recomendado para menores de 10 anos.
Venta en  STEAM valor de xogo 19,99 euros



Subnautica vai de un astronauta ao que a súa nave se estrela nun planeta repleto de auga e ten que construir a súa base, submarinos,... Enfrentarase a perigosas criaturas das profundidades mariñas.


 MINECRAFT





Tipo :exploración
Coste do xogo 19,99 euros

 
 Minecraft é un xogo no que unha persoa ten que sobrevivir nun mundo cheo de bloques, construir a súa casa e enfrontarse a inimigos moi fortes,...

 

I Xornada de Bádminton Benxamín e Infantil

I Xornada de Bádminton Benxamín e Infantil

Martes 27 de Xaneiro de 2015

Pav Ceip Randufe

O Martes 27 de Xaneiro, tivo lugar no Pav do Ceip de Randufe, a I Xornada de Bádminton para as categorias Benxamín e Infantil. Aquí vos deixamos unhas fotos dos mellores momentos.

     

 

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias na liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 14 de Marzo de 2015, no Pavillón de Tui contra outro equipo do Baixo Miño, o Atlético Novás.

C.B. Tui- Atlético Novás. O resultado foi moi favorable ao equipo tudense: 5-2/4-1/7-3/7-1

Noraboa Campións!.



by Dr. Radut