Skip to Content

Monthly archive

Campeonato do Mundo de Marathón 2015 Hungría

Campeonato do Mundo de Marathón 2015 Hungría

Iván Alonso , Enrique Miguez,  Tono Campos, Oscar Graña e Ramón Ferro participaron no Mundial de Marathon 2015 de piragüismo, que tivo lugar en Hungría a pasada semana do 9 ao 13 de Setembro.

Iván Alonso proclámouse 3º na proba individual K-1, cunha merecida medalla de Bronce e acadou o cuarto puesto na proba doble de K-2.

Por outro lado Enrique Miguez que participou  na categoría Veterán acadando o 4º posto na proba individual de C-1 e o 2º posto na proba dobre de C-2 xunto a José Ramón Llueno.

Noraboa Campeóns

Benito Giráldez Campión Galego de Enduro MTB

Benito Giráldez, o tudense proclamouse por segunda vez Campión Galego de Enduro MTB en Categoría Élite, a pasada fin de semana do 24 de Outubro de 2015.

A nosa Noraboa para este gran ciclista tudense.

Pincha aquí para escoitar a entrevista que Escoita Deporte lle fixo a Benito.

JAVIER FERNÁNDEZ CAMPIÓN DO MUNDO DE PATINAXE

Javier Fernández Campión do Mundo de Patinaxe.

O patinador español Javier Fernández, campeón mundial e europeo, impúxose este Sábado na Copa Rostelecom de Moscú ao completar a presentación do programa libre con un total de 271,43 puntos.

A nosa noraboa a este gran campión!!!!!!!!

Aquí vos deixamos un enlace onde podedes saber máis de esta noticia.

http://www.elmundo.es/deportes/2015/11/21/565089ee268e3ece218b4587.html

 

 

NADAL

 

No Nadal cantamos a panxoliña " Os pitiños buscaban unha estrela" co profe Ramiro. Fixemos unha cuchipanda e visitounos Papá Noel. 

Logo quedamos nas clases cantando e bailando cancións que nos tocaban o profe Ramiro e a profe Patri. 

ACTUACIÓNS DE NADAL

 TURRÓN SUCHARD (3 ANOS A)

COCA-COLA (3 ANOS A)

EL LOBO

FAMOSA

GADIS (4 ANOS)

LOTERÍA ( 4 ANOS)

EL ALMENDRO (5 ANOS A)

SANTA CLAUS ( 5 ANOS A)

FREIXENET ( 5 ANOS B)

 

UN AÑO MÁS (5 ANOS B)

   
   
   
   
   

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias, as da última xornada, do 7 de Febreiro de 2015, deixan boa mostra delas. 

C.B. Tui-C. B. Lalín o equipo tudense gañou contundentemente:7/0,8/2,6/2 e 7/1.

Noraboa Campións!!.

Noticia facilitada polas familias de Xabi e Iago de 6ºB

Carreira Popular de San Telmo 15

Carreira Popular de San Telmo 15

Dom 12 de Abril 2015 

            O Vindeiro domingo de San Telmo, día 12 de Abril de 2015 apartires das 10:30h, vai ter lugar a Carreira Popular de San Telmo 2015.  Dita xornada está destinada os/as nenos/as  e adultos e adultas que queiran participar. Este ano organiza a proba o Club Atletismo Tui-Thermalia e gustaríamos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro venres día 27 de Marzo. Xa que a vindeira semana enviarémosvos as notas co horario e as equipacións, despois ímonos de vacacións e quedaremos para o día da proba.

Categorías: Xuveníl  ( 7000m  nacidos 98/97 ás 10:30h), Senior ( 7000m  nacidos 80/97 ás 10:30h), Veteráns A e B ( 7000 m nacidos antes do ano 1979), Cadetes e Infantil ( 2500 m nacidos 00/01/02/03 ás 12:00h), Alevíns ( 900 m nacidos 2004/2005 ás 12:15h), Benxamíns ( 600 m nacidos nos anos 2006/2007 ás 12:30h), Prebenxamín (  400 m nacidos 2008/2009 ás 12:45h), Pitufos ( 200m nacidos nos anos 2010/11/12 ás 13:00h).

 

 

 Se queres descargar a folla de inscripción pincha aquí.

 Se queres descargar a folla do horario pincha aquí.

Atoparédes máis información na web do Club Atletismo Tui.

IV Xornada de Dinamización Intercentros Ceip Nº2 de Tui- Ceip Pazos de Tui

 IV  Xornada de Dinamización Intercentros

Ceip Nº2 de Tui- Ceip Pazos de Tui.

O vindeiro Xoves día 23 de Abril de 2015 terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pazos. A xornada levarase a cabo de 10:00 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 5ºB e 3ºA.

Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

Invitamos as familias que queiran a disfrutar da xornada.

ANDAINA EN MALVAS

ANDAINA POLOS MUIÑOS DE MALVAS

    A Banda de Gaita Arume de Malvas, organiza o vindeiro 10 de Outubro de 2015, a AndaIna polos Muiños do Río Furnia en Malvas.

Unha excelente oportunidade para facer deporte en familia.

Animádevos a disfrutar de este maravilloso entorno natural !!!!!!



by Dr. Radut