Skip to Content

Monthly archive

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias, as da última xornada que tivo lugar o pasado sábado  31 de Xaneiro nos deixa os seguintes resultados:

Carballiño-Tui: 0-9;0-11;1-6;2-9

Noraboa Campións

Noticia facilitada polas familias de Xabi e Iago de 6ºB

O Equipo Alevín do Club Baloncesto Tui está a xogar a Liga Galega

O equipo alevín do Club Baloncesto Tui, xogou o pasado 27 de Febreiro co Equipo Bosco. O equipo tudense gañou na casa 68-42.

Noraboa Campións.

 

XII Andaina Solidaria Tudense " In Memoriam" José Urceira "Pepiño"

XII Andaina Solidaria Tudense " In Memoriam" José Urceira " Pepiño"

O Club Andatui organiza o vindeiro, o vindeiro sábado 16 de Maio, a XII Andaina Solidaria Tudense, este adícada a un gran amigo, a unha gran persona e gran deportista José Urceira " Pepiño".

A saída será do Centro Interfederado ás 10:00h, dirección ao Monte Aloia. Aquí vos deixamos un enlace a súa páxina onde podedes atopar máis información. Dende o cole animarvos a todos/as a participar nesta aventura, que vos vai permitir de paraxes naturais e idílicos tudenses.

Aquí podes atopar máis información.

O Equipo do Tyde Alevín viaxa a Versmold do 5 ao 7 de Xuño.

O equipo Alevín do Tyde

Viaxe a Versmold

5-7 de Xuño

O equipo do Tyde, formado por alumnos do Ceip Nº2 de Tui, viaxa o vindeiro día 4 de Xuño, á cidade alemana de Versmold, por segundo ano consecutivo, para participar no Torneo Alevín que organiza o equipo de Fútbol de esta cidade.

A categoría alevín alemana non corresponde exactamente coas do noso país, polo que os nenos que viaxarán son alumnos de 5º e 4º, algúns deles repiten despois de viaxar o ano pasado.

O Torneo levarase a cabo entre o 5 e o 7 de Xuño e nel participarán 20 equipos de 7 nacionalidades diferentes.

Todos eles esperan a chegada de este día con moitas gañas, nerviosismo e ilusión. Forman parte do equipo:Antón de 4ºA, Nico e Iván de 5ºA,Iago, Izan e Adrián de 5ºB e Gonzalo e Borja de 5ºC. Para o cole é un privilexio e unha honra que os nosos alumnos poidan disfrutar de esta grande oportunidade.

As nosas felicitacións para todo o Club do Tyde polo seu gran traballo, pero en especial a nosa felicitación, nesta ocasión, vai para o equipo que viaxa, para que o pasen ben, que o disfruten e que o seu deporte favorito, o fútbol, faga posible que estes grandes xogadores fagan amigos, sexan grandes compañeiros e sobre todo grandes persoas.

Aquí vos deixamos un enlace ao artículo publicado na Voz de Galiza fai uns días, sobre esta aventura.

Despois de varios días en terras alemanas, o noso equipo regreso a casa, moi satisfeito polos seus resultados, polo moito que disfrutaron e polo ben que o pasaron.

Aquí vos deixamos boa mostra diso e do eco que a prensa tanto alemana como española se fixo de este acontecemento.

PROMOCIÓN BALONMÁN

Promoción de Balonmán

O pasado Venres, día 11 de Setembro de 2015, tivemos promoción de balonmán no cole. Estiveron con nós os monitores das Escolas Deportivas do Clube Balonmán Tui, con eles pásamolo xenial.

 

Para formular a túa inscripción preme aquí.

 

CALENDARIO CEAPA 2016

Calendario de Competencias Clave

para a aprendizaxe permanente CEAPA 2016

         Unha vez máis remitímonos á web da CEAPA para achegar este calendario de 2016 con suxerencias de actividades para realizar en familia e axudar a desenvolver  competencias clave nas nosas fillas e nos nosos fillos (en función da idade de cada un).

     As competencias clave, en tanto que combinación de coñecementos, capacidades e actitudes axeitados para unha determinada situación, son fundamentais para todas as persoas nunha sociedade baseada no coñecemento.

       As oito competencias reflectidas son as propostas pola Unión Europea:

  1. Competencia en comunicación en lingua materna.
  2. Competencia en comunicación en linguas estranxeiras.
  3. Competencia matemática e competencia básica en ciencia e tecnoloxía.
  4. Competencia dixital.
  5. Competencias sociais e cívicas.
  6. Conciencia e expresión culturais.
  7. Competencia para aprender a aprender
  8. Sentido da iniciativa e espíritu de empresa.

     Preme na imaxe para acceder ao calendario.

      

     

RESULTADOS DO CROSS ZONAL DA MACOCA

RESULTADOS DO CROSS ZONAL DA MACOCA

Xa temos os resultados do Cross que se levou a cabo o sábado 21 de Novembro no campo da Macoca.

Podedes consultar as distintas clasificacións neste enlace de agrudebam.

http://www.agrudebam.es/21.html

Contarvos que contamos con dúas axudantes excepcionais: Marta e Carla de 6ºB

 

 

Contamos que na edición de Faro de Vigo, na sección Campeóns do Mércores 25 de Novembro, se publicou un especial da nosa proba de Campo a Través, na que  saen todos os participantes do noso colexio.



by Dr. Radut