Skip to Content

Monthly archive

O equipo Alevín do C.B. Tui xogaron esta fin de semana o último encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 7 de Xaneiro de 2015, tivo lugar o penúltimo,  encontro de liga de Baloncesto, para a categoría alevín masculina do Club Baloncesto Tui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Jorge Carballo 6ºA e  Cristiano Artur de 5ºB. Nesta xornada o noso equipo gañou  ante o equipo do Seis do Nadal 52-48

Por outro lado, o domingo día 8 de Xaneiro de 2015, volvían xogar ante equipo Porriño B, gañando  por 24-82.

Isto fai que o equipo tudense remate a liga como Subcampeón da mesma, do seu grupo. A partires de agora darán comezo os cruces.

Noraboa campións!.

Información facilitada por Jorge Carballo de 6ºB. 

Uxía Pérez Bugarín Campiona de España Junior de Atletismo, en Pista Cuberta 1500 m Antequera ( Málaga) 24 Xaneiro 2015

Uxía Pérez Bugarín Campiona de España Junior de Atletismo,

en Pista Cuberta 1500 m

Antequera ( Málaga) 24 Xaneiro 2015

A antiga alumna do Ceip Nº2 de Tui, Uxía Pérez Bugarín, ven de proclamarse, o pasado Sábado 24 de Xaneiro, Campiona de España de Atletismo en pista cuberta, na proba de 1500m. Dita proba tivo lugar en Antequera ( Málaga).

Uxía que agora forma parte do “Club Praias de Castellón”, foi campeona de España, cun tempo de 4:43.76 seg. Proba na que o seu equipo se proclamaría Campión de España por equipos tanto, na categoría masculina coma na feminina.

Aquí tedes o enlace aos Resultados de todo o Campionato de esta fin de Semana.

IV Eurocidade BTT

O vindeiro domingo 15 de Marzo de 2015, terá lugar a IV Proba Eurocidade BTT. A saida será ás 9:00h do Paseo da Corredora de Tui.Serán dúas probas polas que podemos optar, unha das probas será de 43 Km e a outra será de 69 Km. Aquí vos deixamos máis información de esta proba que non vos podedes perder.

Descarga aquí  toda a información da proba 

DEPORTE ESCOLAR. 3ª Xornada de Balonmán 14-15

DEPORTE ESCOLAR.

Balonmán 14-15

 O vindeiro,  Martes día 28 de Abril de 2015, terá lugar  a  3ª Xornada da Competición Escolar de Balonmán, no Pavillón Municipal Novo de Tui. O horario dos partidos será de 16:00h-19:00h.Todos os nenos/as terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se ha tiveran e chandal do mesmo. Se tiverades calquera dúbida podedes chamar ao Tlfno:650602161

Podedes descargar a nota informativa aquí.

O equipo Alevín do Tyde F.C segue a xogar a Liga 14-15.

O pasado Sábado 25 de Abril de 2015, xogou outro partdo máis da liga de Fútbol 14-15, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores xogaron no seu campo  contra o equipo do Chapela, o resultado está vez foi para o noso equipo que foi quen de gañar Tyde 2-Chapela 0.

Noraboa Campeóns!!.

Benvidos ao Curso Deportivo 2015-2016

Benvidos ao Curso Deportivo 15-16

As profes reponsables do Deporte Escolar de Deporte no 2, Lorena, Lorena, Mari. Rita Beatriz, Patri, Puri e Bea, queremos darvos a benvida e este novo curso  deportivo. Esperamos que sexa un ano de moito deporte natural, no que disfrutedes moito e vos animedes a participar.

A española Yanfei Shen gaña o primeiro ouro do Tenis de Mesa español nun Europeo

A española Yanfei Shen gaña o primeiro ouro

do Tenis de Mesa español nun Europeo.

A española Yanfei Shen fai historia ao acadar, xunto á turca Melek Hu, a primeira medalla de ouro para o tenis de mesa español, no campionato de Europa de Rusia, celebrado a principio do mes Outubro de 2015. A española número 42 do mundo, e a súa compañeira enfrontáronse na gran final á rumana Elizabeta Samara e á húngara Georgina Pota.

Ademáis de esta medalla, a Selección española pecha o Campionato de Europa, ascendendo o equipo feminino á máxima categoría do tenis de mesa e mantendo o equipo masculino en dita categoría.

A nosa noraboa ao Tenis de Mesa Nacional.

Noticia facilitada por Mara Montero de 5ºC. Moitas grazas Mara.

O Equipo Alevín do Tyde F.C. xoga o VI encontro da Temporada 15-16.

O Equipo Alevín do Tyde  F.C. xoga o VI encontro da Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Tyde F.C., xogou o VI encontro da Temporada o pasado fin de semana, 21 de Novembro de 2015 a temporada 15-16.

Esta fin de semana os nenos xogaron en Atios e gañaron 0-14. Ao equipo sentoulles ben a segunda equipación azul celeste.

Adxuntamos imaxes dalgún dos goles que marcaron. Noraboa!!!!!

 

 

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CROSS ( Campo a través)

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CROSS ( Campo a través)

Praia da Punta-Cesantes. Redondela

07/02/15

                       O vindeiro sábado 7 de Febreiro levarase a cabo o Campionato Provincial de Campo a través da presente campaña escolar de Campo a Través, na Praia da Punta en Cesantes Redondela

Temos un cambio no horario con respecto á notiña anterior. Ás 11:35h Categoría Infantil Feminino, 12:15h Categoría Alevín Feminino, 12:30h Categoría Alevín Masculino, ás 12:45h Categoría Benxamín Feminino, 13:00h Benxamín Masculino.

Para chegar ao  circuito tedes que seguir a estrada Nacional Tui-Pontevedra, e dirixirvos á Praia de Cesantes.

Para os/as alumnos/as que viaxan en bus, este sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 9:25h e a volta será ás 14:15h aproximadamente.

            Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

             ¡¡¡IMPORTANTE!!! A roupa do colexio será devolta antes do Mércores día 11 de Febreiro.



by Dr. Radut