Skip to Content

Monthly archive

FESTIVAL DE CINE

3 ANOS A

 

3 ANOS B

 

 

4 ANOS

 

 

5 ANOS A

 

 

5 ANOS B

 

ATRÉVETE CO JUDO!!!!

ATRÉVETE CO JUDO!!!!!

Ao noso colexio acudiron os mestres de Judo, David e Paco que nos viñeron a facer unha exhibición de Judo... e tamén a animarnos a facer nós ese deporte.

Mirade nas fotos que divertido é:

Se queredes ter máis información sobre o tema, premede aquí

E se queres inscribirte terías que velo neste enlace

O Equipo Alevín do Gondomar segue a xogar a liga da Temporada 15-16

O Equipo Alevín do Gondomar segue a xogar a liga da Temporada 15-16

O equipo Alevín do Gondomar, onde xoga o alumno Jonathan de 6ºC, segue a xogar a liga,  da temporada 15-16.

O pasado fin de semana, 24 de Outubro de 2015 obtivo este resultado:

 Gondomar F.C -Celta Resultado 1-2

A primeira derrota, coa que se atopa o equipo do Val Miñor, nesta tempada. Ainda así segue no máis alto da taboa clasificatoria. Os nosos parabens.

Información facilitada por Jonathan de 6ºC.

IV GALA DO DEPORTE TUDENSE

IV Gala do Deporte Tudense

 

O pasado Venres día 27 de Novembro de 2015, tivo lugar no Área Panorámica de Tui a IV Gala do Deporte Tudense, organizada polo Concello de Tui, onde se premiou aos mellores deportistas tudenses, tanto nas categorías Promesa, Senior e Veterán, tamén se entregou premio a Adestrador, Premio a Clube, Premio promoción deporte  Base, e Mencións especiais…

Destacar a gran cantidade de deporte e deportistas cos que conta Tui, entre eles moitos dos nenos/as do noso colexio que forman parte de esa base do deporte tudense. Os nosos parabéns a todos os premiados e en especial aos que pertencen á nosa comunidade educativa.

Neste enlace podedes atopar información detallada da Gala.

http://www.infominho.com/index.php/id/74/objeto/28122/claves/ESPECIAL---TUI-HOMENAXEA-OS-SEUS-DEPORTISTAS-M%C3%81IS-DESTACADOS-NA-IV-GALA-DO-DEPORTE-TUDENSE

 

Campeonato Provincial de Campo a Través

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CROSS ( Campo a través)

Praia da Punta-Cesantes. Redondela

31/01/15

O vindeiro sábado 31 de Xaneiro levarase a cabo o Campionato Provincial de Campo a través da presente campaña escolar de Campo a Través, na Praia da Punta en Cesantes Redondela

A competición empezará ás 10:45h coa categoría Benxamín Feminino., 11:00h Benxamín Masculino, 11:15h Categoría Alevín Feminino, 11:30h Categoría Alevín Masculino, 11:50h Categoría Infantil Feminino, 12:10h Categoría Infantil Masculino, 12:35h Categoría Cadete Feminina e 13:00h Categoría Cadete Masculina.

Para chegar ao  circuito tedes que seguir a estrada Nacional Tui-Pontevedra, e dirixirvos á Praia de Cesantes.

Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

 ¡¡¡IMPORTANTE!!! A roupa do colexio será devolta antes do Mércores día 4 de Febreiro.

 

 

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a xogar na liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 23 de Marzo de 2015, no Pavillón do Luceros

Luceros-C.B. Tui. O resultado non foi favorable ao equipo tudense: 3-1/6-2/8-1/6-2

 

I Xornada de Dinamización Intercentros Ceip Nº2 de Tui- Ceip Rebordáns de Tui

I Xornada de Dinamización Intercentros

Ceip Nº2 de Tui- Ceip Rebordáns de Tui

O pasado, Xoves día 22 de Xaneiro de 2015, tivemos a I Xornada de Dinamización Intercentros. Nesta xornada que xogamos no Pavellón Vello de Tui, en horario escolar de 10:00h a 13:30h, visitánnos, os nosos amigos do Ceip Rebordáns.

Os alumnos de 6ºB,  representamos ao equipo alevín, e os alumnos de 4ºA  representamos ao equipo Benxamín. Xogamos a: Balonmán, Bádminton, Volei, Xadrez, Baloncesto e Futbol-sala. Como somos nenos e nenas, todos os partidos foron mixtos.

 

 



by Dr. Radut